lunes, 9 de junio de 2008

Novo traballo de Sigur Rós

Aquí vos deixo o link que anda pola rede para descargar o último disco dos islandeses Sigur Rós.Éste leva por título "Með suð í eyrum við spilum endalaust".Éste pasado mes de Maio a banda puxo á disposición de quén quixera o primeiro corte do disco , "Gobbledigook" ,no que se mostra un cambio,alomenos no que a ritmo se refire.
Estes días estou a disfrutar do doble DVD que sacaron fai uns meses chamado Heima , no que mostran a xira de concertos sen anunciar por pobos de Islandia en ubicacións do máis variopinto(vellas piscifactorías,zonas a punto de ser inundadas pola construcción de presas , casas de xente,...).Ó longo do DVD 1 ,a película, que contén entrevistas e actuacións da banda ten un traballo de realización esquisito , xa que fai que a musica entre moi ben debido ás imaxes,e viceversa,que as imaxes entran moi ben pola música.
Por todo esto,recomendo descargarse o Heima porque realmente é un disfrute audiovisual seguro.

Aquí vos deixo un video deste maravilloso "Heima",concretamente "Glósóli" , extraído do álbum Takk .



PD:O primeiro que me impresionou deste grupo foi a maneira de Jónsi (vocalista,compositor,guitarrista,...) de tocar esa guitarra electrica co arco(¿chámase así non?) en plan violoccelo.

No hay comentarios: