jueves, 29 de marzo de 2007

A Scanner Darkly(2006)




É un filme que dende que souben da súa existencia atraeume . Sen dúbida , o factor determinante para dita atracción foi o formato da película,xa que ademáis de ter un punto "moi de comic"(na miña opinión),tamén usan unha especie de filtro de video,chamado "animación rotoscópica", que enfatiza máis os efectos dos narcóticos dos que se fala.
Ubicada nun futuro moi cercano(ó comezo da película o narrador xa nos sitúa temporalmente no 2013) nuns EEUU similares ós de hoxe anque coa problemática do narcotráfico moi agravada, o filme trata a cerca de un policía que se ve obrigado a vixilar ó seu entorno máis cercano para tentar desmantelar unha rede de producción e distribución de un narcótico chamado "a substancia M" que causa unha especie de dexeneración das neuronas dando lugar a todo tipo de alucinacións.Evidentemente o argumento é máis complexo,pero en liñas xerais é do que vai.
Como moitas máis do seu xénero,esta película non foi promocionada en plan masivo e anque ten un reparto de luxo,estes actores non están no seu mellor momento na súa carreira(Keanu Reeves,Winona Rider,Robert Downey Jr. , Woody Harrelson,entre outros).
O caso é que a recomendo porque é moi amena e a historia engancha bastante dende o principio.Hai momentos nos que me recorda moito ós cortos de Animatrix,non sei porqué pero recórdamos.
*Curiosidade:ó longo de todo o visionado non paraba de quedarme coa banda sonora,porque era ,nin máis nin menos que de Radiohead e Thom Yorke en solitario(minipunto y punto para la peli).Esto quedou confirmado nos créditos finais nos que se escoita a cancion de Thom Yorke do disco "The Eraser","Black Swan",que previamente se escoita,anque só durante uns segundos,nunha das escenas nas que se relata un intento de suicidio de un dos personaxes.
Aquí vos vai unha mostra de porqué me satisface a presencia de Thom Yorke.Un dos seus temas en solitario en acústico.The Clock

Para os que a vaiades ver/baixar/ripear/...desfrutádea.

Lost 3x14 - Exposé


Tal como está a serie agora mesmo é moi dificil que pase desapercibida.Por eso ,aquí vos poño o capítulo de onte recién saído do forno.¿Lograrán J.J. Abrams e Damon Lindelof manter a intensidade dos capítulos da última remesa? Esperemos que sí.Xa sabedes que os subtítulos estarán colgados tan pronto como esteñan rulando pola rede.Mentres tanto ,ide descargando o capítulo.Cólgovos varios enlaces por si algún vos dá problemas.

Lost 3x14 - Exposé enlace 1 enlace 2 enlace 3 enlace 4 enlace 5
enlace 6 enlace 7

martes, 27 de marzo de 2007

Prison Break 2x21- Fin del Camino


Como cada semana aquí vos colgo o último capituliño de Prison Break,2x21 - Fin del Camino, emitido onte pola noite nos USA.Aquí tedes subtítulos.Pois nada,descargádeo e disfrutádeo.
Se hai algun problema con algún destes enlaces,avisádeme.

viernes, 23 de marzo de 2007

"Anque..." - que grandes por uns momentos e que mediocres por outros

Fai uns días escribín algo a cerca de Korn e o seu Unplugged do que non me retracto de nada.Tan só que engadirlle algo,un ANQUE.¿Por qué? Pois porque dentro dese diercto ,ademáis de conter eses temas con The Cure e coa de Evanescence,tamén hai cousas bastante cutres e que xeneran vergonza allea nos que o escoitamos.Refírome á versión que Korn ,nese mtv unplugged,fai do case-clásico de Radiohead,Creep.Descubrino en youtube(como non),e por coincidencia na lista de videos que ofrece a maiores do que ti elixes aparecíame outra version de Creep.Non me lío máis.Mirade os dous vídeos e comparade canto mellor non o fai a tipa coa sua maneira de decir o "fucking" do estribillo e coa súa guitarriña acútica,que os Korn,que apesar de que os avale o seu currículo seguen tendo momentos de ..."Se me va un poco la olla"

Que grandes son a veces e que minúsculos outras.

Korn...


Chewwinggum...


P.D. Ata me atrevería a dicir que esta máis traballada a versión de Freaknosis que a de Korn.Os que a escoitaron sábeno.

jueves, 22 de marzo de 2007

Que bonito é descubrir novos grupos



Son consciente de que o título desta entrada soa ,polo menos pastelosa,pero é verdade(alomenos para para mín).Todos aqueles que escoitamos moitas horas de música ó longo do día sabemos que hai veces que xa non sabes que escoitar.Entón aí surxe o dilema:¿escoitas algo que xa estás ata o carallo de escoitar?ou pola contra¿meteslle man a un deses discos que xa fai anos que non escoitas(que,bueno,non deixa de ser unha variante nostálxica da primeira cuestión)?
Por eso digo que é bonito descubrir cousas que antes non coñecíamos ou non queríamos coñecer.Por exemplo,despois de facer unha visitiña a Javi(Rambi)-por certo un artista dos pes á cabeza en deseño de casas en 3D-trouxen comigo algunhas perliñas ,que por diversos motivos non me atrevía a escoitar(principalmente porque non me atraían).O caso é que descubrín varias bandas que me deixaron abraiado.Unha delas é unha banda neoiorquina chamada The Bravery.Surxiu no 2003 cun disco co mesmo nome que é moi completo.Cando esoitei a primeira canción,sen saber de que pao iban,recordáronme a The Killers(banda coa que non teñen moi bon rollo,precisamente) musicalmente,e a The Strokes na voz.Curiosamente días despois mirando en wikipedia,foi cando os ubiquei,...e certamente,eran da mesma xeneración que os Strokes(rollito newyorker).Tan só coñezo o primeiro disco ,que é o que vos recomendo e,aparte das claras "influencias" ou "similitudes" coas bandas anteriormente mencionadas,teñen un estilo bastante roqueiro pero con moitas bases bailables.Pois nada ,escoitadeos porque merecen a pena.

Lost 3x13


Por fin.Xa está á vosa disposición o capítulo de onte de Lost.Sei que non son o único que o espera ansiosamente,xa que despois de como rematou o anterior,non é para menos.Coma de costumbre os subtítulos serán colgados en breve.Pois o dito,a disfrutalo.

Lost 3x13 - The Man from Tallahassee - subs.

miércoles, 21 de marzo de 2007

Petición de Prison Break


Debido a unha petición do outro compoñente de freaknosis aparte de min,aquí tedes uns links da segunda temporada da serie Prison Break.
Os links que vos poño son dende o capítulo 7 ata o que se leva emitido en USA , é dicir ata o 20.
PB 2X07 (español)
PB 2X08 (español)
PB 2X09 (español)
PB 2X10 parte1 parte 2 parte 3 parte 4 (español)
PB 2X11 subs.
PB 2X12 subs.
PB 2X13 subs.
PB 2X14 subs.
PB 2X15 subs.
PB 2X16 subs.
PB 2X17 subs.
PB 2X18 subs.
PB 2X19 subs.

O 20 xa máis abaixo.

martes, 20 de marzo de 2007

Veritas


Para saírse,pero non demasiado,da tónica habitual deste blog vouvos por á vosa disposición unha serie que acabo de atopar.Chámase "Veritas",e trata a cerca dun un rapaz que despois de perder á súa nai,comeza a estreitar a súa pobre relación co seu pai que leva unha especie de doble vida,xa que traballa para unha especie de sociedade secreta científica ou algo así(non estou moi seguro do que estou a dicir xa que aínda non a vin) que trata de buscar explicación a diversos misterios da carácter histórico.Bueno,que digo eu que pode estar interesante,non?
Polo tanto ,aquí vos deixo os links de toda a serie.Son 13 capítulos(supoño que serán de 40 min. cada un).

Veritas 1x01 - La Reunión
Veritas 1x02 - La Antártida
Veritas 1x03 - Los Cráneos
Veritas 1x04 - El Golpe
Veritas 1x05 - La Rueda del Dharma
Veritas 1x06 - El Sangraal
Veritas 1x07 - El Virus de la Momia
Veritas 1x08 - En Nombre de Dios
Veritas 1x09 - Hijo del Diablo
Veritas 1x10 - Avalon
Veritas 1x11 - El Códice Perdido* parte 1 parte 2
Veritas 1x12 - Eterno* parte1 parte 2
Veritas 1x13 - El Resonador de Helmholtz(Fin de Serie) * parte 1 parte 2

*Quero pensar que estes capítulos veñen co sistema típico de partición de arquivos.Ou sexa,baixas as dúas partes e abres/descomprimes a primeira co
winrar ou winzip e xa vos queda todo o capítulo na carpeta de destino que elexistendes á hora da descompresión.De todas maneiras se hai algunha incidencia na descarga de ditos capítulos xa se informará.

Prison Break 2x20 - Panama


Aquí vos deixo o capitulo de onte de Prison Break 2x20 Panama.Despois de unha semana de parón volve a serie de éxito do momento(para min segue sendo Lost...).
Aquí tedes os subtítulos.

domingo, 18 de marzo de 2007

Perdidos en Set en Veo


Segundo unha fonte moi fiable a cerca do universo Lost,www.lostzilla.net a partires do 28 de Abril, o canal Set en Veo(se non me equivoco este canal pertence a "El Mundo Tv") que se pode ver a través da sinal dixital terrestre,vai comezar a emisión da terceira temporada de Lost(creo que non teño que dicir nada a cerca da serie ,non?).Así para aqueles rezagados que pasan de ver a serie subtitulada,Noraboa!!!!!(sei de un que estará contento-ese leiviña...).Esta temporada esta tendo moi ,pero que moi,bos capitulos.Polo tanto,os que vos quedastendes na segunda temporada,preparádevos porque ésta ven cargada.
Supoño que non fai falla dicir ,que tan pronto se empece a emitir a serie neste canal, ides poder descargar cada capítulo un día despois da súa emisión dende este mesmo blog.

De todas maneiras,o canal vai facer varias redifusións á semana para facer máis fácil o seu seguemento.O día que a cadea escolleu para a sua emisión é os sábados.

sábado, 17 de marzo de 2007

Un paseo pola historia



Onte pola noite no Channel 4(canal británico a través da SkyTV) estrenouse o videoclip do novo single de MUSE,Invincible.Un video,a verdade,moi curioso(a min encántame)xa que é bastante claro na mensaxe ,anque con ese punto friki.Consiste nun paseo en barca por unha especie de cova (ou atracción de feira tipo "dragón rey"-que mítico- ó longo da historia.O curioso é que os que representan todalas escenas dende os dinosaurios ata o futuro máis incerto plagado de guerras de non se sabe quén contra quén,son figuriñas de cartón-pedra,ou clips de playmobil customizados para a ocasión.
Bueno aquí vos deixo un link para que o descarguedes,xa que esta curradillo.


Apunte persoal:A pesar de que Knights of Cydonia está moi logrado,a min éste video dime moito máis.

jueves, 15 de marzo de 2007

Jericho 1x15 - Semper Fidelis


E como non,tamén,como cada xoves, temos o link de Jericho(1x15 - Semper Fidelis),que a pesar do ben que está,na miña opinión, segue sen ter demasiado peso na rede.Recoméndovola encarecidamente.
Este é o enlace para descargar o subtítulos do episodio 1x15 - Semper Fidelis.
*Como vexo que non está posta moita xente nesta serie ,aquí vos colgo un enlace a cada capitulo.
1x01 Pilot Subtítulos
1x02 Fall Out Subtítulos
1x03 Four Hourseman Subtítulos
1x04 Walls of Jericho Subtítulos
1x05 Federal Response Subtítulos
1x06 9:02 Subtítulos
1x07 Long Live the Mayor Subtítulos
1x08 Rougue River Subtítulos
1x09 Crossroads Subtítulos
1x10 Red Flag Subtítulos
1x11 Reunion Subtítulos
1x12 The Day Before Subtítulos
1x13 Black Jack Subtítulos

Lost 3x12 - Par Avion


Por fin é Xoves, e xa temos o novo capítulo de LOST(3x12 - Par Avion>).Aquí tedes os subtítulos .Desfruten do seu visionado.

*Debido á suxerencia de varios usuarios do blog,o enlace que colgo aquí é de Megaupload,que ó parecer é o que mellor lles vai.De todas maneiras,se este enlace non vos vai ben,hai outros(Sharedzilla , Up-File , Gigeshare , You-Love,...) que seguro que sí.

martes, 13 de marzo de 2007

Korn + The Cure

Andando por algunhas webs de musica e descargas désta,atopei algo que ,a verdade,non tiña constancia de que existira.O encontro entre dúas bandas que,a pesar de que as dúas estan en activo,son de épocas ben distintas;e,como non, de estilos moi diferentes.Falo dos creadores do que hoxe se chama "new metal" ou "nü-metal",ou sexa Korn , e do iconos do pop-rock siniestro(ou tenebroso,como dí o meu amigo fiz).Este vídeo é do concerto desenchufado que fixo a banda de Bakersfield o pasado mes de Decembro nos Estudios da MTV en Times Square(New York).O tema que vos poño é unha correcta mestura entre dous clásicos de cada un deles,"Make me Bad" e In Between Days".
Apunte persoal:J. Davis volve a sorprenderme.Se en Madrid,na véspera do Festimad, deixounos a todos coa boca aberta facendo un concertazo e demostrando que seguen sendo moi bos(eso é indudable),agora fai deste tema a perfecta comunion entre dous estilos ben diferenciados anque tintados da mesma cor,o negro.




*Se éste vos gustou,probade con un dos temas máis míticos desta banda californiana.Anque a versión do disco "Follow the Leader" é cojonuda,esta que vos poño aquí con Amy Lee(a vocalista e líder de Evanescence)tampouco ten desperdicio.


*Outro apunte persoal:¡Grandu,sempre quedará a versión de Freaknosis!

domingo, 11 de marzo de 2007

Children of Men(Hijos de los Hombres)


Escoitando o programa "A Hora Amiga" fai un par de semanas,máis concretamente cando estivo David "Husqvarna",oín unha recomendación a cerca desta película(foi David quen a recomendou)E a verdade é que esta moi moi ben.Porque como dixo moi acertadamente móstranos un mundo nun futuro máis cercano do habitual en este tipo de filmes cunha visión do que podería ser o mundo tras moitos problemas de tipo bélico,social, e incluso de tipo ético.Xa que non vó-la vou destripar porque creo que é merece a pena ser vista,solo dicir que ten un reparto bastante bo(que non é o importante)e unha historia moi consistente e creíble.Recoméndovos o seu visionado xa que despois de véla seguro que ides pensar ¿Cara onde imos?

jueves, 8 de marzo de 2007

Jericho 1x14_Heart of Winter


Aquí vos queda outra grande serie desta tempada,Jericho.Que trata sobre un pobo do interior de EEUU que queda aillado en tódolos sentidos despois dun ataque nuclear de,ata agora,autoría descoñecida.Este capítulo é o 14(en breve colgarei tódolos restantes).Aquí tedes os subtítulos .

Jericho 1x14_Heart of Winter

Lost 3x11"Enter 77"




Aquí tedes o capítulo 3x11 de Lost,"Enter 77" .Os subtítulos serán colgados asap.Así que mentres,ide descargando o capítulo.

miércoles, 7 de marzo de 2007

Interpol


Aquí vos vai un regaliño.É,na miña opinión,un temazo dos Interpol.Unha banda de NYC formada a finais dos 90's(bendita década,canto deu de sí) no ambiente universitario da cidade.Esta banda,tan só ten dous discos no seu haber.Turn on the Bright Lights,2002 e Antics,2004 .Para os que non ubicades a esta banda,hai que dicir que pertence á onda de outras bandas ben coñecidas,formadas tamén na cidade máis europea de EEUU.Bandas como The Strokes ou The White Stripes.O tema en cuestión chámase "Evil" e é o corte número dous do álbum " Antics"


martes, 6 de marzo de 2007

Novo capítulo de Prison Break 2x19 - Sweet Caroline


Hoxe,tamén tedes o capitulo desta semana de Prison Break 2x19 - Sweet Caroline .Evidentemente,tamén é en V.O.
Os subtítulos serán engadidos tan pronto coma sexa posible.

Disfrutade dél.

Novo capitulo de Heroes 1x18 - Parasite


Aquí tedes o último capitulo da serie Heroes , 1x18 - Parasite.O capítulo foi emitido onte en EEUU polo tanto ó non ter o audio en español tedes que utilizar os subtítulos(pasra os que vedes a serie cada semana xa non fai falta que vó-lo diga).

domingo, 4 de marzo de 2007

Radiohead_OK Computer(1997)


OK Computer(1997),foi o punto de inflexión da banda de Oxford,Radiohead.Fixo evolucionar o seu rock,por que non...máis convencional, a algo moito máis complexo sen deixar de ter presente a sinxeleza.Ademáis de conectar co seu público(que xa non era pouco) conectou coa crítica máis conservadora facendo que os considerasen o vento de cambio que necesitaba o rock a mediados dos noventa cando todos estabamos acostumados a cousas como "Smells Like Teen Spirit",ou "Daughter".Considerado pola crítica(BBC) coma un dos mellores discos de rock da historia,xunto con Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band dos Beatles,OK Computer abriu as portas a unha nova maneira de concevir o rock.Repleto de xoias como Karma Police,Lucky,No surprises,Paranoid Android,e a grandísima Let Down , este disco serviu de ponte entre o sonido "máis convencional"(sen ser convencional) de Radiohead e os discos máis reflexivos e por que non?,cun punto intimista enfocado cara a electronica menos comercial("Kid A" e "Amnesiac") para acabar nun rock de protesta máis alternativo(moitos dicían que volveran ás súas raíces máis roqueiras- eu non o creo,senón está aí "Sit Down Stand Up").

Como conclusión,hai que dicir que é un disco imprescindible e necesario para coñecer outra cara máis do rock británico.

MUSE_Black Holes and Revelations(2006)


Case me parece unha obriga comezar a miña andaina por esto dos blogs cunha recomendación dun disco que para min está a un nivel envexable,tanto a nivel de producción como a nivel de composición,por non falar da performance que o grupo fai na xira déste.Inconfundiblemente ,estou a falar de MUSE.Unha banda británica procedente de Teighnmouth(Devon),un pobo costeiro do sur de Inglaterra.A pesar dos seus inicios nos que eran "acusados" de seguir a estela de Radiohead (máis que nada porque tiveron o mesmo productor que a banda de Thom Yorke,John Leckie)a causa do primeiro disco,Showbiz(1999) , moi pronto demostraron que había algo máis detras de todas esas críticas.Co segundo album,Origin of Symmetry(2001),aparece o selo de identidade no que se consolidan temas como New Born(no que levan ó pe da letra eso da simetría-musical ,neste caso),Bliss,ou a grande Citizen Erased(para moitos o tema máis representativo da banda).Evidentemente non se poden esquecer temas como Plug in Baby,ou unha das máis operísticas Microcuts.Despois de publicar un disco en directo acompañado doutro disco con B-sides,o mítico Hullabaloo Soundtrack(2002), apareceron co aclamadísimo Absolution(2003) ,no que ademáis de convertirse nunha banda de referencia,comezan a dar ás á sua constante fixación con todo o referente a teorías conspirativas de governos máis cercanos do que nos parece.Logo de facer unha xira de máis de dous anos ,sorprendéronnos no 2006 con Black Holes and Revelations.Unha volta de torca máis ó seu son,xa que xunto coa inclusión de sons da Europa do sur e de América central,volveron a mostrar a súa capacidade de ser versátiles á hora de compoñer.Temas como Starlight,Invincible,Assasin,ou Map of the Problematique , seguro que non serán esquecidos tan facilmente.

Podedes escoitar o disco no myspace da banda e toda a información a cerca deles.

Aquí tedes un video de MUSE na grabación de varios temas do seu último disco nos míticos Abbey Road Studios para unha especie de programa no que participaron moitas bandas como "THE KILLERS","RHCP","PAUL SIMON","THE GOOD,THE BAD AND THE QUEEN","MASSIVE ATTACK","KASABIAN" ou "IRON MAIDEN" .Neste caso é o tema Starlight.

Hola

Hola a todos.Esta é a miña primeira mensaxe,noticia,aportación,...chamádelle " X",do meu primeiro blog(tampouco é que teña pensado facer máis,de momento).A verdade é que xa facía tempo que tiña en mente crear un blog destes;dos que hai tanto pola rede.
A miña proposta é meramente informativa e de opinión,na que irei aportando as miñas impresións a cerca de discos e material de tipo audiovisual que andan perdidos pola rede,os cales espero que sexan do voso agrado(ou non).
Dado que,como dixen antes,éste é un blog de opinión(entre outros),espero que se por un casual vos parece interesante ou simplemente vos gusta,deixedes constancia na paxina,blog ,ou como queirades chamarlle.
Por último,ó ser esta a miña primeira aportación á rede,perdoádeme se ,por causa da miña inexperiencia nesto dos blogs,non se fan as cousas da maneira máis idónea(sa sexa colgar algun disco,ou calquera cousa referente ás aportacións e modificacións ( diarias , semanais , mensuais , anuais , ...)que se vaian facendo.


Xa se me esquecía,non hai que dicir que calquera suxerencia sobre este blog será ben recibida.Porque seguro que van a mellorar a (pouca) calidade déste.

Gracias(ou grazas)...