lunes, 30 de julio de 2007

Novo disco de KORN


Bueno pois volvendo paulatinamente á actividade deste blog,aquí vos vai unha novidade fresca fresca.A filtración na rede do último disco de estudio dos "rapaces do millo".Dende Bakersfield(California) surxe *"Untitled".Se a pesar de que os últimos discos de estudio non son gran cousa,sempre hai un raio de luz nas expectativas que crean os seus discos.Un grupo que sempre é recomendable velos en directo.¿Seguen a ser Korn?Sen Head á guitarra dende o anterior disco , e sen David Silveria á batería (que segundo a wikipedia estará ausente ata o 2008) terán o peso suficiente Jonathan Davis(frontman) Munky(guitarra) e Fieldy(baixo) para dárlle o seu punto especial?.Comprobádeo.


http://rapidshare.com/files/44549210/Korn_-_Untitled-_2007.rar.html

Novidades sobre Heroes:Origins


Despois de indagar un pouco sobre este spin-off de Heroes que teñen pensado facer Tim Kring e os seus,descubrín que era un pouco diferente do que anteriormente dixen.Ou sexa,que en vez de emitila no verán coma eu dixera,esperarán a emitila a mediados da segunda temporada para evitar á caída da audiencia durante os ,xa míticos, parón de metade de temporada(recordemos que parón máis longo foi aquel de LOST que dende Novembro ata case finais de xaneiro nos tivo en vilo -que si jack operaba ou non a Ben/Henry Gale ,que si Sawyer e Kate se piraban desa segunda illa,...menuda chea de spoilers que acabo de soltar para aqueles que non viron a 3 temporada...jijijij)
Pois o dito ,...contemos que achegados ó Nadal poderemos ver eses ORIGINS.Van ser seis capítulos que tratarán de presentarnos a un personaxe novo en cada un,e en base a eso a xente votará para elixir un deles e introducilo no casting oficial a mediados da tan esperada segunda temporada(para min a serie perdeu bastante fol aí cara o final-OPINIÓN).

sábado, 21 de julio de 2007

The Fisher King(1991) , O rei pescador


Xa que a climatoloxía non acompaña coherentemente ós meses nos que vivimos,e máis polas noites ,propóñovos o visionado de varios filmes que estou a ver recentemente.Basicamente fago esto porque a época de series rematou , e non teño paciencia para ver as series que vin durante este ano adaptadas de maneira bastante cutre á lingua cervantina ou á de Castelao(falo de Jericho e Heroes respectivamente).
Polo tanto aquí vos vai un dos filmes que vin a semana pasada que facía moitos anos que non vía.Trátase de,The Fisher King(O Rei Pescador).Un filme do director estadonidense Terry Gilliam(o de "Twelve Monkeys" ou "Fear and Loathing in Las Vegas" , entre outras).Este director/actor a pesar de ser dos USA é un dos integrantes do grupo cómico Monty Python,participando en fimles como "Os cabaleiros da Mesa Cadrada",ou "O Sentido da Vida" .
Neste filme podemos ver unha das mellores interpretacións de Jeff Bridges(a mellor sen dúbida é a do "nota" en "The Big Lebowsky" dos irmáns Cohen) no que fai de un locutor de radio en NYC bastante borde.Por outra banda tamén aparece Robin Williams facendo , priori, de contrapunto ó personaxe de Jeff Bridges, sen abandoar un estado psíquico cuestionable.
Non vos vou contar nada porque é unha película que,na miña opinión, é moi recomendable.
Aquí vos deixo os enlaces para descargala.Tedes que descargar todas as partes e despois descomprimir onde queirades a primeira das partes.Desa maneira quedaravos nese destino o arquivo enteiro.

LINK 1 LINK 2 LINK 3 LINK 4 LINK 5 LINK 6 LINK 7 LINK 8

Disfrutádea!!!!!!!

R en Melide


Parece ser que a empresa galega de comunicacións R decidiu establecerse na nosa vila e tamén na veciña Arzúa.Despois de facer sondeos para estimar a clientela potencial que ten,tanto Melide coma Arzúa,xa teñen data para disfrutar dunha "mellor" conexión á rede de redes(sen contar os servizos telefónicos que máis ou menos todos coñecemos).Anque xa se pode estar aboado a esta compañía(utilizando,mediante un aluguer,a liña de Telefónica), a partires de Setembro en Arzúa,e a partires de Decembro en Melide poderemos dispoñer dun servizo tanto telefónico coma de internet prescindindo TOTALMENTE da compañía que ata non fai moitos anos era a única que nos ofertaba calquer servizo.
A verdade é que está moi ben que veña para Melide R,xa que todos coñecemos a alguén que a ten nas cidades ou mesmamente algún de vós a ten,e hai que dicir que é un servizo bastante bo e de bo prezo.

Como curiosidade teño que salientar unha cousiña que me ocorreu esta semana en relación a este tema.É moita coincidencia que o mesmo día que me veñen ofrecer o servizo de R para o próximo mes de Decembro,reciba unha carta de Telefónica anunciando que nas próximas semanas vanme triplicar a velocidade da miña conexión,ou sexa, de 1 a 3 Mb.Cousa que tampouco me sorprende xa que nos case 5 anos que fai que teño a ADSL de Telefónica,sempre a foron mellorando.no 2003 duplicaronma de 256 a 512 kb,fai un pouco máis dun ano pasárona de 512kb a 1 Mb.E agora 3Mb,...haberá que pensar eso de R.

Conclusión:Cantos máis proveedores deste servizo(internet,televisión,teléfono,...a saber que máis) mellor.Non hai porque estar *atados a unha compañía só pola situación xeográfica.


*Atados atados non,porque ata agora podíamos ter o servizo e as tarifas de R,tan só que había que pagar a cota de aluguer de liña de Telefónica.

sábado, 14 de julio de 2007

Aviso Lost 3ª Temporada.

Como poidestendes comprobar o estreo da 3ª temporada de Lost non se efectuou o día 11 de xullo.Levarase a cabo no mes de Setembro.Xa vos irei dando máis información as soon as possible.