críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
viernes, 25 de abril de 2008
Lost 4x09 , The Shape of Things to Come
Pois eso,aquí tedes o capítulo desta semana de LOST.Despois dun mes de parón aquí comeza a recta final da temporada.O capítulo que vos deixo é o de 100Mb(para non esperar) cos subtítulos integrados.
Lost 4x09 - The Shape of Things to Come
viernes, 18 de abril de 2008
Music can make you FLY , Salvemos FlyMusic
Con esta frase tan acertada,a canle de tv de música independiente FlyMusic fai as súas cuñas entre programas e entre vídeos.Gran frase,sí señor.O caso é que por enésima vez as garras máis feroces do mundo empresarial televisivo volven a atacar sen ter en conta ó usuario final,e por conseguinte, á sua razón de ser e existir,o espectador.Realmente non se sabe se é porqué van poñer unha canle de Disney,ou Intereconomía,ou a tvtenda,o caso é que están limitando as horas de emisión de FlyMusic e están deixando sen boa música a tv , e deixando como único referente musical na tv gratuíta a merda de 40 Latino,que cheira por tódolos lados.
Agora,alomenos os que vedes esta canle sabédelo, están metendo horas dunha tvtenda chungísima que se fai chamar EHS.
Vendo o que está a pasar creouse unha plataforma de apoio á canle chamada Salvemos FlyMusic no que se deixa constancia do malestar que temos os espectadores a cerca desta inxustiza para a música independiente.
Tamén se podén facer peticións online para parar,ou polo menos intentalo, esta putada ,ou enviar un correo ós donos da canle ,Vocento( prensa@vocento.es ) , para ,de maneira masiva , dár a entender o noso desacordo ante a desaparición da mellor canle que ten o TDT.
martes, 15 de abril de 2008
The Nightwatchman,ou o proxecto acústico de Tom Morello
Con motivo do proximo festival ó que vou asistir a finais do mes de Maio,o "Electric Festival" en Xetafe(Madrid) , e máis concretamente do concerto da banda de L.A. ,Rage Against the Machine ,decidín falarvos do proxecto acústico do seu guitarrista Tom Morello.
Primeiro de todo teño que dicir que Tom Morello é un personaxe fundamental da historia recente do rock internacional non solo por pertencer a unha banda de referencia como son R.A.T.M.,senón porque o seu estilo como guitarrista rachou cos convencionalismos da época á que pertence.
Evidentemente,a súa andaina non comeza con RATM,senón moito antes.Anque ,comecemos pola principio.
Fillo dun membro da guerrilla MAU MAU de Kenia e dunha mestra estadounidense que traballaba na base militar yankee dese país,Tom Morello(1964) criouse en Livertyville(Illinois) coa única presencia da súa nai despois do divorcio dos seus pais.Na súa infancia viviu episodios de racismo que configuraron a súa vision combativa da vida,na que se non pelexabas polos teus dereitos pisábante.
Xa,a mediados dos 80's gradúase con honra en Ciencias Políticas na Universidade de Harvard e compaxinaba os seus estudios coa practica da guitarra ,instrumento que colleu por primeira vez ós 13 anos.
Despois da universidade trasládase a L.A. forma parte dun grupo chamado Lock Up,onde chegan a firmar un contrato con Geffen(discográfica na que tamén estaban Guns'n'Roses) gravando "Something Bitchin' This way" e "telonear" a Jane's Addition.Poño comiñas porque non foi exactamente así,xa que Perry Farrel (Jane´s Addition) pediulles gastarlles unha broma ós seus fans saíndo o grupo novel disfrazados de Jane's Addition chegando incluso a tocar un tema .
Trala ruptura de Lock Up,Morello deixa a música por un par de anos onde traballa como secretario do senador demócrata por California Alan Cranston.Anque acaba deixandoo,despois de discrepancias coa política supostamente de esquerdas do senador e de todo o seu equipo.
Despois deso coñece a Zack de la Rocha, e nace Rage Against the Machine,nome que Zack saca dunha cancion do seu grupo anterior Inside Out.
Unha vez reclutados a Tim Commennford(Baixo) e Brad Wilk(Batería) a banda publica Rage Against the Machine(1992) con Killing in the name como tema bandeira da banda,Evil Empire(1996),The Battle of Los Angeles(1999) e Renegades(2000) . Este último moitos non o consideran un disco de RATM ó uso , xa que consiste en cancións de outros grupos coa música deles.Hai que destacar que só se respeta das orixinais a letra xa que a música foi totalmente reinventada por eles.Como exemplo está unha das máis sorprendentes ,Maggie's Farm de Bob Dylan , que na versión rap-metalera cambia absolutamente.
Despois de Renegades,Zack decide abandoar a banda debido a que xa non atopada sentido á "loita".
Anque RATM xa eran historia,Morello e o resto da banda deciden iniciar un proxecto co cantante de Soundgarden,Chris Cornell , chamado Audioslave .
Abandoando o rap-metal do que foron creadores na década dos 90's , os músicos de RATM cambian o estilo(non moito) a un metal un pouco máis destilado (supoño que aí esta a influencia de Cornell) . No 2003 editan o disco homónino Audioslave,no que sorprende a forza e a vitalidade dos temas.Para mín un disco esencial no que levamos de século XXI.Temas como Cochise,Like a Stone,The Last remaining Light , Shadow on the sun quedaron gravadas na miña memoria para moitos anos.Despois desta xoia,seguíronlle Out of Exile(2005) e Revelations(2006).Ningún destes me impactou tanto coma o primeiro.
Supoño que por desavenencias co vocalista a banda sepárase , e é cando Morello decide levar a cabo o seu proxecto acústico,tamén con carácter combativo.Soa moito a folk americano . Sorprendeume a voz tan grave que ten,ata se pode dicir que lle queda ben para ese estilo.Hai veces que lembra a Tom Waits.
Agora está de xira outra vez con RATM despois de xuntarse para o festival de Coachella do 2007 onde congregaro o máximo que se xuntou nese festival en toda a súa historia.
Se todo vai ben tocarán en Xetafe o 30 de Maio,e eu e os meus amigos estaremos disfrutando de música da nosa xeneración.
A segunda parte desta entrada constará dunha crónica do concerto.
Como mostra aquí vos deixo o enlace que hai pola rede para baixarse o disco
The Nightwatchman - One Man Revolution (2007)
Fonte da información sobre RATM:Rockzone
jueves, 10 de abril de 2008
Editors
É posible que xa falara desta banda nalgúnha entrada deste blog , anque non de maneira máis profunda do que o vou a facer agora.
Esta formación de procedencia brit,máis concretamente de Birmingham,tomou forma alá polo 2002.Como outras moitas bandas comezaron con nomes ben diferentes.Dende "Pilot", "The Pride" ou "Snowfield".Con estes nome previos a Editors publicaron cousas sen maior trascendencia.O cambio a Editors deuse cando a banda firma coa discográfica independente Kitchenware Records.
Xa dentro da discográfica indie,e despois de telonear a bandas como The Bravery, lanzaron varios singles de temas que posteriormente formarían parte do seu álbum debut en 2005 "The Back Room" , que con temas como "Munich" ou "Bullets" foron o trampolín perfecto para dárse a coñecer polos escenarios europeos da man de Franz Ferdinand,entre outros.No 2006,logo de pasar por escenarios míticos da BBC como o Top of the Pops (programa da BBC1 que dende 1964 ata 2006 cada semana traía ós grupos que máis vendían en dita semana) ou o do late show americano de Conan O'Brien , a banda liderada por Tom Smith,desplazouse a Irlanda para gravar o seu segundo álbum de estudio,"And End has a Start",que se publicou no 2007.
Como tarxeta de presentación deste disco a banda elixiu o tema "Smokers Outside the Hospital Doors".
Este disco que saíu a primeiros de ano foi o preludio dun ano de grandes eventos para o grupo , xa que proporcionoulles unha xira densa na que xa teñen concertos memorables como o de Glastonbury 2007 , ou o show na sala KOKO de Londres,situada no corazón de Camden Town,ademáis de actuacións en late shows moi emblemáticos da Tv americana.
Os seguintes singles foron "An end has a start","The Racing Rats","Push your head towards the air" e por último "Bones".
Despois de máis dun ano de xira,siguen.De feito o 31 de Marzo deste ano pasaron pola Razzmatazz de Barcelona e o 1 deste mes pola Riviera de Madrid .
Información aparte,a miña crítica é bastante xenerosa,xa que para min está entre os mellores álbumes de 2007.Lémbrame moito a Interpol,tanto polo timbre da voz ,como por certos temas.
CURIOSIDADE:Gústame bastante a versión de Lullaby de The Cure feita por eles.
Aquí vos deixo os enlaces que hai na rede para descargar os dous álbumes da banda de Birmingham:
The Back Room ( 2005)
An End has a Start (2007)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)