sábado, 13 de septiembre de 2008

TV series from an island


Como ben dí o título desta entrada , este post vai de series made in Great Britain.Máis concretamente das series que eu acostumo a ver,e que ,hoxe por hoxe, a maioría están feitas alí.
Algunhas das que vou comentar están moi ben ubicadas nun contexto .Outras ,pola contra, son perfectamente ubicables en calquera contexto.Veredes que esto cobra sentido unha vez comentemos as series.
Little Britain:
Levada a cabo polos grandísimos Matt Lucas e David Williams , esta serie fai unha especie de mostrario da pequena Gran Bretaña,ou todo o que hai fora dos clichés habituais (british class, londres,a tolerancia multicultural,...) en pobos que non son grandes urbes.
Estructurada en sketches cun plantel fixo de personaxes esta serie trata dende o "único gay do seu pobo" que resulta aferrarse a ese argumento para automarxinarse , ata a adolescente confictiva que é unha personaxe en toda regla.Eso por parte de Matt Lucas.Por parte de David Williams temos o secretario do Prime Minister namorado do susodito gobernante creando escenas realmente despanpanantes ata ata señora con incontinencia urinaria.
Aquí vos deixo unha mostra do humor que nos presenta esta grandisima serie:




Life On Mars:
Esta serie que saca o seu nome do título dun tema de David Bowie é unha das máis apreciadas por min neste ultimos meses.Trata sobre un policía de Manchester na actualidade que sofre un atropello na investigación dun caso.Ó espertar do fatídico golpe dáse conta de que está en 1973 como policía na mesma comisaría.As dúas temporadas tratan a cerca de como Sam Tyler,o protagonista ,intenta volver á realidade buscando o porqué da súa estancia no "pasado".Un dos grandes acertos desta serie foi a moi boa ambientación da mesma recreando moi ben os escenarios tanto interiore coma exteriores .Como non podía ser doutra maneira o tema de Bowie "Life on Mars" sona ó principio é o fional da serie,non das cabeceiras,senón da serie.


Ashes to Ashes:
Spin-off de "Life on Mars" , é unha serie moi polo estilo da súa predecesora , anque cunhas pequenas modificacións.Como vedes tamén saca o seu nome doutro éxito,esta vez dos oitenta, de David Bowie.Trata sobre a axente Alex Drake , que é unha psicóloga da policía de Londres que é atacada por un delincuente que lle mete un disparo entre cella e cella.No momento do disparo aparece ,tamén como policía no Londres de 1981.Parte coa vantaxe de que coñece o caso de Sam Tyler(o de Life on Mars) e utiliza eses coñecementos para poder saír desa situación.Ambientada nos 80's londinenses ,imaxinade o que pode ser.Revoltas en contra da Tatcher,as gay parades , os cardados , o horteristmo en xeral.Ata a música é "ochentera" , lémbrame á Miami VICE . Onte rematei de ver a primeira temporada,e este outono estréase a segunda e supoño que final.

The IT Crowd:



Estas son as series que estou/estiven a ver nestes últimos tempos.A verdade que cada vez escapo máis da serie típica yankee , xa que ,salvo casos contados(LOST,SIX FEET UNDER,FRIENDS), soen ser bastante menos frescas e menos orixinais que as británicas.Esto non ten nada que ver coa miña predilección por todo o referente á Inglaterra.

Se vos dá por ver algunha destas espero que as disfrutedes,xa que vos proporcionará uns ratos de escacharrarse da risa.