Pois bueno,despois de varios días camiñando polas ruas da capital irlandesa,puiden ver o modus vivendi dos dublineses,como pasan o seu tempo libre,como comen,...pero hai unha cousa que me decepcionou un pouco.Estou a falar da coñecida Guinness StoreHouse.A decepción vén dada por diversos motivos,entre eles o prezo,que me parece máis que excesivo 14 € por ver nada,...bueno,ves o pao que che dan.Supostamente son 7 plantas nas que vas vendo como dende a base do edificio,que ten forma de pinta,ata a cima cal éo proceso de elaboración da cervexa negra.Pódovos asegurar que durante as catro primeiras plantas son unha estafa,porque o único que ves son pantallinas TFT nas que un guía virtual che vai amosando videos de como fermenta a cebada e de como se expande esta bebida por todo o mundo.Eso durante as primeiras plantas.Nas últimas xa podes facer máis cousas(faise un pouco máis activa a visita/tangada) , como deixar unha mensaxe nun muro ata servirte ti unha pinta nos grifos da cervexería...e ,para qué?para xustificar un pouco máis ese precio excesivo.Xa na última planta está está o único bo desta visita,o Gravity Bar.Un bar con unha vista 360º da cidade onde se pode degustar a pinta gratuita que che dán como "premio" final por aguantar o tostón de visita.
Por eso,so podo dicir cousas máis ben negativas desta visita,entre elas que un irlandés chamado Arthur Guinness me tangou ben tangado.
Aqui vos deixamos eu e Txemi un saudo dende o corazon de Dublin,o Temple Bar.Moitos pubs,e moita birra.Estamos à espera da chegada de Fiz ,que vèn o sàbado para dàrlle canha(non hai enhe) òs irlandesas/es.Pois è o que se merecen(dì o Txemi).Aquì beben coma cosacos.Agora podo dicir que son uns borrachos.Pois eso,que aquì estamos...See You Soon people ... *Son as 2.00 e pico da manha e imaxinade como imos para escribir esto...hbgljhgdlsauygtfpruihfa\oujvb\s siouvygpsdrfyp9ai\uhfoweuihfr9824798768768765&^%&*$*^%$*^%$R8654*%&RI&^R*&^%*&^%*&^%*&^%&*^%ytg #t&^%(*&^%*&^%*&^%&$*87098u8098oihiugoglkjhgljkuhtguyg
Algo que me motivouo a facer esta entrada non foron as festas en sí , máis ben é unha maneira de aclarar un rumor que corría por aquí(Melide,my hometown) de que ían vir Iggy & the Stooges e Van Morrison(éste pagando,supostamente).Pero a verdade é que non,anque estaría moi ben ver ó avoo do punk e ó León Irlandés.O que sí que está confirmado é a presencia de Deluxe coa apertura de dito concerto de IAN,unha banda lucense que fan un pop-rock dunha calidade envexable(lembrade que tocaron un par de veces na sala 600) , Burning e Ilegales , un cantante de éxito de rizos e rubio(dádevos conta que non vou escribir ese nome no meu blog) , e máis artistas que farán destas festas un referente nestas datas(xa o é).De todas maneiras podedes descargar aquí todo o cartel de concertos* en formato ".pdf". Polo tanto NIN IGGY & THE STOOGES NIN VAN MORRISON VAN Ó SAN FROILAN 2007
*Os concertos este ano faranse na praza de Sta. María(diante da Fundación Caixa Galicia) e na Praza Nova Ramón Ferreiro(na avenida onde está Maxisterio).
Despois de case un mes de descanso a banda de Teignmouth(Devon) vai continuar coa sua interminable xira por USA e parte de Europa.Mentres non volven con cousiñas novas aquí vos deixo un directo,que pola calidade parece oficial(non o é),da súa actuación en Seattle o día 9 do mes de Agosto no Key Arena.É unha boa oportunindade para que os que empecen a coñecer esta banda poidan disfrutar cunha calidade máis que boa do que está a ser un concerto dunha das xiras máis importantes dentro do panorama internacional. MUSE @ Key Arena(Seattle) 09/08/07
Gracias a unha conversa de venres pola noite con Tuta puiden saber que xa está á vosa disposición o capítulo 4º de Lost en español da 3ª temporada.Coma sempre aquí vos deixo os links para descargar a versión de dito capítulo en HDTV,ou sexa un pouco máis de calidade.
Hoxe vou ser un pouco máis fiel ó nome deste blog e vouvos aportar algo que provén da "Illa", e non me refiro á de Lost , senón a Inglaterra. Anque polo xeral acostumo a poñer os enalces de cousas máis ou menos actuais,hoxe vou poñer uns de algo que , xa , dende fai moitos anos , incluso rozando as dúas décadas me encantou(no seu momento acojonoume).Estou a falar das historias de Alfred Hitchcock no mítico *"Alfred Hitchcock presenta:" .Son 39 historias das cales hai algunhas que me traen recordos de todo tipo.Incluso hai algunhas que tratan situacións que ata hoxe me incomodarían. Son tres DVD's que conteñen 13 historias cada un.Lembrade son en .avi polo tanto podedelas baixar por independiente e gravalas como vos veña en gana. DVD1: 1.Angustia 123 2.Venganza 123 3.Regreso por Navidad 123 4.El caso del Señor Phelman 123 5.El caballero americano 123 6.Érase una vez una anciana 123 7.Gatillos bajo control 123 8.La dama desaparecida 123 9.No vuelvas con vida 123 10.Rescate 123 11.El gran varapalo 123 12.Lugar de Sombras 123 13.El legado 123
E para os que queirades poñerlle unha portada a ese DVD ,aquí tendes o enlaces para descargala.
*Cando estaba estudiando en Santiago,tiña unha asignatura que se chamaba Cultura e Civilización Inglesa,na que tiven que facer un traballo a cerca da evolución do cine en Inglaterra,e cando me tocou elaborar unha exposición a cerca do señor Hitchcock houbo unha anécdota que me chamou moito a atención.Dita anécdota era que debido a que o neno Hitchcock na escola sempre era obxecto de burla por parte dos seus compañeiros pola súa gordura,o Hitchcock adulto decidiu facerse director de cine para poder facer películas que déran medo a todos eses compañeiros.Posiblemente o conseguiu.
O verán a puntiño de deixarnos e as series de éxito a puntiño de volver...ou xa de volta como é o caso da nosa favorita LOST. Para todos os rezagados que déstes aguantado sen ver a terceira temporada de Lost aínda que fose en inglés,aquí vos deixo o comezo de temporada.Primeiro deixovos un capítulo introductorio da temporada que tamén fará de recordatorio do visto ata agora.E logo xa ven o *primeiro capítulo.
3X00 - UN RELATO DE SUPERVIVENCIA PARTES 1234 3X01 - HISTORIA DE DOS CIUDADES VERSION HDTV 1234 VERSION DVDRIP 1234 3x02 - LA BAILARINA DE CRISTALVERSION HDTV1234 VERSION DVDRIP1234 *Pódovos dicir que neste capítulo veredes uns dos 5 primeiros minutos de temporada máis abraiantes da TV.A mín polo menos deixáronme boquiaberto.
**Outra cousiña:A diferencia dos que a seguimos semana tras semana ó ritmo dos USA,os que a ides ver en español non ides sufrir o calvario que sufrimos nós,xa que esta 3ª temporada no seu ritmo inicial foi estructurada de maneira que os seis primeiros capítulos eran como unha especie de miniserie na que se relata o que llés pasa a un grupo de personaxes(Jack,Kate,Sawyer e Hurley).Despois desa miniserie tivemos que pasar case tres meses sen nada .Así que disfrutádea porque vos aseguro que merece a pena. Para mín a mellor temporada.
Cando pensabamos que a euforia do verán remataba coa entrada do mes de Setembro(para min o mellor mes do ano por diversos motivos) resulta que estaba o San Caralampio aí escondidiño.Digo esto porque ,polo menos pola miña parte,é unha festa que sempre me pilla case por sorpresa xa que por estas datas teño a cabeza en outras actividades de carácte ludico(a escapadiña anual) .
Ésta é unha festa que,a pesar de que segue vindo xente de fóra a celebrala,consideramos que é feita por e para os de Melide,para todos os que quedamos no pobo con ese sabor agridoce da despedida do verán.
Evidentemente toda festa ten a súa parte boa e a súa mala.¿Por qué? Porque como xa todos sabemos ,unha das cousas que máis nos molesta ós que imos á festa para disfrutala é o "chiringueo" con tódalas súas variantes(pistolitas , as míticas litronas e o artiluxio estrela ,a sulfatadora) ,xa que eu,e supoño que case todos os que realmente disfrutamos desta festa, non teño porque ser partícipe de algo que non comparto.Os que se queiran mollar xa saben...temos unhas praias moi bonitas en Galicia,pero non molestedes a quenes nos gusta chegar á casa unha vez rematada a festa sen cheirar a viño(no mellor dos casos) ou a saber a que...
O caso é que , por sorte , esta festa dá moito máis de sí que estas insignificancias que empañan a ledicia da FESTA por excelencia da nosa vila.
Por iso,vou facer unha especie de crónica,persoal, da que onte se celebrou(á espera da crónica de Riki,se é que a fai...Riki xa sabes...).
Primeiro,sobra dicir que o bo tempo fixo acto de presenza ,cousa que favoreceu con respecto á afluencia de público/festeiros/...
No referente ó consumo de alcol,alomenos pola miña parte,non foi maior que o de anos anteriores , o que pasa é que se bebes cousa de calidade (albariño) pois o "subidón" é moito máis levadeiro.**MODO PURETA//ON** "tanto Kalimotxo e tanta ostia,se sé bebera viño a festa collería outra cor" **MODO PURETA//OFF** .
No aspecto gastronómico houbo cambios,a mellor, que propiciaron máis cambios.Refírome á comida na Pousada Chiquitín,onde poidemos degustar uns calliños da casa(moi ricos e consistentes,por sorte) e carne con patas.Todo esto acompañado de bo viño,cafés e chupitos...
Os cambios ós que me refería anteriormente foi a presencia dun pelegrín de nacionalidade xaponesa que nos acompañou ó longo de toda xornada.Como non coñezo a maneira de escribir do seu nome vouno escribir como me pareza.Chamábase Isako(¿É cousa miña ou este tío é cagadiño a Hiro Nakamura?),anque entre nós ,a causa do escaso coñecemento da variedade de nomes xaponeses , era Miyaghi(cousa que lle fixo gracia).Hai que dicir que gracias á presencia deste foráneo moitos de nós poidemos sacarlle as teas de araña ó noso inglés.
Con respecto ás actividades lúdico-festivas do día destacar a dinámica actuación dos Festicultores con "tractorillo/segadora sen peine" que fixo movernos a todos ata que as luces do día déron paso a un ceo estrelado cómplice dos máis borrachos.
Se algo me deixou algo abraiado(dádelle a connotación que vós queirades a este adxectivo) foi o grupo que amenizou a festa previa á traca.Cun repertorio do máis raro tivo os seus momentos máis álxidos cara o final da sesión cando cantaron o éxito do verán pasado "a cabritinha" na que ademáis dunha coreografía moi complexa e rebuscada tiveron a grande idea de emular vocalmente a unha cabra(cáptese a ironía,por favor).
Por último hai que dicir que a traca estivo moi ben.
Agora,esta festividade conleva un cansancio indescriptible tanto no propio día como no día seguinte,xa que a grande maioría(na que me inclúo) somos tan intelixentes que a véspera de dita festa agarrámonos unha merluza tan ou máis forte ca do día seguinte.
Nada máis,...dicir que é unha festa ben bonita na que se deberían evitar cousas que non veñen a nada como mollar á xente ou dárlle de ostias ...
Despois de un mes de Agosto pouco soleado (realmente foi unha merda de mes de Agosto) e cheo de festas , fútbol (7) , camiñantes con sombreiro , panfletos denigrantes , e máis cousas que se me escapan (ou que calo) hoxe cheguei á conclusión de que acabei sucumbindo ós "praceres" destas datas.Entre eses praceres está o deixar un pouco de lado as labores blogueiras.
Xa facía días que tiña ganas de escribir algo,pero non se me ocorría nada.Ata que onte ó chegar da Coruña de ver a exposición que na Fundación Caixagalicia de dita cidade se facía a cerca do Lord of the Rings decidín facer uns scans algo simpáticos.
O tema é que esta exposición está dividida en dúas sedes,a de Santiago de Compostela e a da Coruña.Despois de ver as dúas cheguei(chegamos ,máis ben) a unha conclusión:A principal é a de Coruña,e a de Santiago é unha especie de exposición das sobras da outra,tendo como único aliciente unhas maquetas nas que basearon os movementos e expresións faciais do Gollum.Ademáis de que as sedes desta fundación son sobradamente diferentes(a de Coruña ten máis plantas e é un edificio bastante máis moderno) a exposición de Coruña ten varias cousas que son dignas de salientar.A primeira é a representación (moi fiel) en látex do corpo sen vida de Boromir tumbado na canoa.Realmente impresiona a calidade da réplica,xa que aínda mirando de cerca parece realmente un corpo descasando en paz.Outra das cousas,xa como curiosidade máis que como punto importante dentro da exposición, é a posibilidade de facervos unhas fotos utilizando o método que Peter Jackson usou para conseguir que os hobbits parecesen máis pequenos respetando as proporcións dos actores.
O longo de dúas salas máis podíase ver maquetas que foron usadas nas rodaxes e vestimentas que os actores usaron.Algunhas das vestimentas incluso daban o mesmo "mal rollo" que nas películas ,por exemplo os Nazgul ,que a pesares de non ter cara desprendías malas vibracións.
Todo esto estaba rodeado de pantallas nas que se podían ver documentais subtitulados sobre como se facías certas cousas(eran os extras que traen os DVD's das versións estendidas). Como "star item" estaban,curiosamente na última sala, a armadura de Sauron, a Torre onde estaba o "All Seen Eye" e como non o Anel.Este último sen a inscrición en élfico.Algún dos que me acompañaba suxeriu dárlle cun mechero para facer surxir dita inscrición.
Polo tanto,é unha exposición moi recomendable xa que para calquera friki,e non tan friki ,do tema é unha oportunindade que se nos brinda .Pensade que é única no mundo xa que tan só foi exposta en Santiago de Compostela e en Wellington(New Zealand). Remata o 16 de Setembro,e se colledes entradas para as dúas exposición saevos máis barata,xa que unha soa sala son 2 € e as dúas 3€ .