jueves, 29 de mayo de 2008

Season Finale


Para os lectores deste sitio xa chega con teclear estas dúas palabras para saber a que me refiro.Chegou o día,tan feliz e tan amargo.Despois de estar esta pequena temporada vendoa relixiosamente(admitámolo,Lost converteuse nunha relixión á que cada Venres asistimos á súa propia misa) chegou o día no que todas a vertentes conflúen nunha sóa.Falo da Season Finale,ese doble capítulo que, a pesar de algún de recheo(máis noutras temporadas que nesta), xustifica o tódolos halagos que lle facemos a esta bendita serie.Despois dunha semana de parón(esta palabra colleu outro significado dende que Lost comezou a dosificar cruelmente as suas historias),hoxe pola noite emítese o triple capítulo.Sí ,triple,xa que vaise volver a emitir o capítulo de fai dúas semanas , xa que ,primeiro,forma parte do capítulo final,e segundo,porque vaise emitir unha escena eliminada da roda de prensa de "Oceanic Airlines" que dán os personaxes despois de aterrizar en Honolulú e que ó parecer é algo esclarecedora.Para os que siguen a serie en español esto é un SPOILER como unha catedral,pero ¡¡¡ A JODERSE!!! para eso seguídea como hai que seguila,que hai xente moi xenerosa e apañada que fai uns subtítulos moi bos e case colgados á par do capítulo.Pois o caso é que imos ter 2 horas(completas de todo)para ver como se desenvolve a trama,que cada vez estsase facendo máis complexa.
Antes dicía amarga porque xa se sabe,...despois dunha Season Finale,chega a seca de capítulos ata a seguite temporada,que no caso de LOST estamos a falar de Xaneiro de 2009.
Se na primeira temporada coñecimos os misterios básicos da serie,os números(4 8 15 16 23 42), o monstruo,ou fume negro , a escotilla ,... na segunda coñecimos ós supervivintes (por pouco tempo) da cola do avión , a escotilla de Desmond , o porque se estrellou o avión,a estatua de catro dedos,os Outros ,Henry Gale/Ben Linus .Logo,na terceira coñecimos máis ós Outros,a Ben ,o Proxecto Dharma , Richard Alpert .Pero foi nesta cuarta cando se empezaron a resolver misterios e a pechar historias,e por suposto abrir outras.
O que está claro que nesta Season Finale vai haver algo realmente que nos rompa máis os esquemas.Se no final da terceira nos abraiaron cos FlashForward,logo de ternos acostumados ós FlashBacks , agora queda,según os guionistas o comezo da fin.
Polo tanto,á espera de ver que pasa na Orquídea , vaiamos preparándonos para o que vén despois,ou sexa, esperar a Xaneiro.Anque,despois desta cuarta temporada,faise bastante amena a revisión de tódalas temporadas nesas noites de verán .
Pois eso,espero que mañá teñamos un bo capítulo.

PD:Eu ata o Domingo non o vou poder ver,xa que estarei , se todo vai ben, disfrutando de Rage Against The Machine , entre outros no Electric Festival de Xetafe(Madrid).

martes, 27 de mayo de 2008

13 , rock en toda a súa diversidade.

Secundando esta grandiosa idea de elaborar un disco cos temas preferidos de clientes asíduos da cervexería máis emblemática de Melide,tamén poño neste humilde espazo virtual dita recopilación para que todos a poidamos disfrutar.

viernes, 23 de mayo de 2008

Off topic do mes,a publicidade na TV





Se non lembro mal,éste vai ser o primeiro post que fago a cerca deste tema.E anque os productos televisivos que consumo soen ser baixados da rede,e polo tanto sen publididade,ás veces é inevitable ver os anuncios que poñen na tv.Hai tres (que eu lembre agora mesmo) que especialmente me indignan bastante.Cada un deles por motivos diferentes.


O primeiro é o de BBVA,e o seu Crédito Hipoteca para xóvenes menores de 30 anos.Neste anuncio hai dous puntos que me mosquean un pouco .Esa maneira de engañar á poboación que máis problemas ten á hora de acceder a unha vivenda , os xóvenes .Dáda a situación económica qe está a vivir a gran maioría da xente xoven ,na que lle costa "un huevo" ter un traballo dignamente remunerado , paréceme unha vergonza esa manía que hai de engordar máis esa cultura da propiedade que hai en España , na que se non posúes unha vivenda non és ninguén.Igual nótase que son un partidario do aluguer , pero dende o meu punto de vista hoxe por hoxe unha hipoteca por moi bonito que nólo pinte o sector da banca , é unha maneira de estar afogado durante décadas.Así que xa sabedes séde BLUES...pero do CIRE.
O segundo punto que me molesta deste anuncio é a paiasa de turno que poñen en plan "soy joven trabajadora ,bien pagada y vivo en MI piso" dicindo eso de "un saludo a tus papás".¿Pero esta tonta de que se vai? con ese ton pretende ridiculizar e rírse da xente que vivimos cos nosos pais.Eu por agora vivo de maravilla cos meus pais e non me considero menos(nin máis) afortunado que un que esté pagando 500-800€ de hipoteca.Realmente paréceme insultante.

Outro anuncio que me mata é o de Polaris World,ou como dicían en "el jueves" ESPECULARIS WORLD.¿Como se pode ter tanta cara para anunciar chalets con piscinas e campos de golf nunha das zonas máis afectadas nos últimos anos polas secas? .Despois a frase do tipo ese que xa parece que pon cara de asqueroso lamecús de dereitas.¿Descubre por qué aquí seguimos venvdiendo pisos?...buff sí,unha chea deles...

Por último, hai un que é realmente machista,e que parece máis propio de fai 25 anos que da actualidade.É este creo que de Media Markt,ou algunha grande área no que se a selección española pasa de cuartos rebaixanche un 25 % no importe do tv de plasma que merques.Primeiro , hai truco detrás ,non nos engañemos.E segundo,o slogan co que pretenden vender a promoción, "este año ellas también querrán que gane tu equipo" ou algo así...dando a entender que ás mulleres non lles vai o fútbol e que polo novo televisor plano vánse interesar.Evocando claramente o rol da típica esposa materialista en cuio matrimonio só é o marido o que é forofo do fútbol.¡¡¡¡¡¡VERGOÑOSO!!!!!.Podería citar moitas mulleres que son tan ou máis futboleras que moitos homes.
A pesar de repudiar a censura e ser un defensor absoluto da libertade de expresión,debería haber unha especie de vixilancia deste tipo de publicidade totalmente sexista e segregadora,xa que nestes tempos hai moitos grupos sociais ben diferenciados ós cales temos que ter en conta,e no caso de non telos en conta , alomenos respetalos.

miércoles, 21 de mayo de 2008

Vai de B.S.O.


Dádo que a cantidade de posts que estou a facer neste último mes é bastante inferior á acostumada,neste de hoxe vou facer unha aportación musical completiña.Xa sabedes,enlaces que un ,de maneira coicidente,atopa pola rede.Coma ben dí o título desta entrada hoxe vai de bandas sonoras orixinais de series que son do meu agrado en maior ou menor medida.
A primeira é a da serie "Jericho" , que apostaron por un conxunto de canción actuais(e non tanto) e coetáneas coa aparición da serie.É moi curioso que a grande maioría dos intérpretes desta banda sonora sexan de procedencia "brit",cando a temática da serie ten tintes patrióticos.Como detalla a remarcar desta compilación de temas teño que dicir que son idóneos para ter de fondo nunha reunión na que non se queira monopolizar a temática musical.Dende Muse,Coldplay,Sinead O'Connor,Foo Fighters , The Killers , Snow Patrol,...
Jericho - O.S.T.
Aseguinte a tratar é a serie da sempre chea de producto de calidade HBO.Refírome a "Six Feet Under".Para moitos (nos que eu me inclúo) a serie dramática por excelencia,non pedería estar carente dunha banda sonora sen unha calidade equiparable ó producto.A pesar de que nun post do mes de Xaneiro xa puxen estes links á vosa disposición,volvo a poñelos por ser coherente coa temática a tratar.
Six Feet Under - O.S.T.
Outra serie á que lle teño que resaltar a súa música é a xenial "Dexter" , que ademais de ter as composicións de Daniel e Jon Litch,que son os que fan a maioría de temas , hai tres temas do propio Michael C. Hall (Dexter en "Dexter" e David Fisher en "Six Feet Under") .Que dicir desta serie que non está dito.
Dexter - O.S.T.
Para rematar coas series , aquí vos deixo a banda sonora de LOST.Composta por Michael Giacchino.
Lost O.S.T. - 1st Season parte 1 2
Lost O.S.T. - 2nd Season
Lost O.S.T. - 3rd Season parte 1 2 3 password :4all


Posi eso,que aquí tedes música que evocará os mellores momentos pasados con estas series dunha indubidable calidade.

viernes, 16 de mayo de 2008

The Season Finale has begun


Pois eso,que onte emitiron o primeiro dos tres capítulos pertencentes ó final de temporada da SERIE por excelencia,LOST.O capítulo co título de There's no place like home , está composto de tres partes.Esta primeira foi emitida onte.A semana seguinte haberá parón e o día 29 deste mes
emitiranse as duas partes restantes.A pesar de que todos estamos a esperar esta finale coma auga de Maio ,estoume plantexando , de maneira masoquista e estoica , esperar a ter as duas partes restantes da finale e pegarme unha boa fastada de LOST.Anque ,por outra banda ,son consciente de que vai ser case imposible aturar o feito de ter o capítulo á miña disposición e non descargalo.
Para os que queredes ver o que vai pasando,aquí vos queda o link do capítulo:


Lost - 4x12 There's no Place Like Home (Part 1) 1 2 3 4

Subtítulos: Castelán Galego*

*En Breve

miércoles, 14 de mayo de 2008

RENEGADES & BATTLE OF Los Angeles

Á petición da outra metade de Freaknosis,aquí traslado os links que hai pola rede para descargar os dous ultimos discos de estudio de Rage Against the Machine,Battle of Los Angeles e Renegades.

Here you are:

R.A.T.M. - Battle of Los Angeles R.A.T.M. - Renegades

viernes, 9 de mayo de 2008

Lost - 4x11


Aquí vos queda o link do capítulo de onte de LOST.Leva os subtitulos pegados ó arquivo de video.
É a version de 100mb,xa sabedes...para os que somos vagos e non queremos esperaLOST 4X11