críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
jueves, 29 de mayo de 2008
Season Finale
Para os lectores deste sitio xa chega con teclear estas dúas palabras para saber a que me refiro.Chegou o día,tan feliz e tan amargo.Despois de estar esta pequena temporada vendoa relixiosamente(admitámolo,Lost converteuse nunha relixión á que cada Venres asistimos á súa propia misa) chegou o día no que todas a vertentes conflúen nunha sóa.Falo da Season Finale,ese doble capítulo que, a pesar de algún de recheo(máis noutras temporadas que nesta), xustifica o tódolos halagos que lle facemos a esta bendita serie.Despois dunha semana de parón(esta palabra colleu outro significado dende que Lost comezou a dosificar cruelmente as suas historias),hoxe pola noite emítese o triple capítulo.Sí ,triple,xa que vaise volver a emitir o capítulo de fai dúas semanas , xa que ,primeiro,forma parte do capítulo final,e segundo,porque vaise emitir unha escena eliminada da roda de prensa de "Oceanic Airlines" que dán os personaxes despois de aterrizar en Honolulú e que ó parecer é algo esclarecedora.Para os que siguen a serie en español esto é un SPOILER como unha catedral,pero ¡¡¡ A JODERSE!!! para eso seguídea como hai que seguila,que hai xente moi xenerosa e apañada que fai uns subtítulos moi bos e case colgados á par do capítulo.Pois o caso é que imos ter 2 horas(completas de todo)para ver como se desenvolve a trama,que cada vez estsase facendo máis complexa.
Antes dicía amarga porque xa se sabe,...despois dunha Season Finale,chega a seca de capítulos ata a seguite temporada,que no caso de LOST estamos a falar de Xaneiro de 2009.
Se na primeira temporada coñecimos os misterios básicos da serie,os números(4 8 15 16 23 42), o monstruo,ou fume negro , a escotilla ,... na segunda coñecimos ós supervivintes (por pouco tempo) da cola do avión , a escotilla de Desmond , o porque se estrellou o avión,a estatua de catro dedos,os Outros ,Henry Gale/Ben Linus .Logo,na terceira coñecimos máis ós Outros,a Ben ,o Proxecto Dharma , Richard Alpert .Pero foi nesta cuarta cando se empezaron a resolver misterios e a pechar historias,e por suposto abrir outras.
O que está claro que nesta Season Finale vai haver algo realmente que nos rompa máis os esquemas.Se no final da terceira nos abraiaron cos FlashForward,logo de ternos acostumados ós FlashBacks , agora queda,según os guionistas o comezo da fin.
Polo tanto,á espera de ver que pasa na Orquídea , vaiamos preparándonos para o que vén despois,ou sexa, esperar a Xaneiro.Anque,despois desta cuarta temporada,faise bastante amena a revisión de tódalas temporadas nesas noites de verán .
Pois eso,espero que mañá teñamos un bo capítulo.
PD:Eu ata o Domingo non o vou poder ver,xa que estarei , se todo vai ben, disfrutando de Rage Against The Machine , entre outros no Electric Festival de Xetafe(Madrid).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario