críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
jueves, 31 de enero de 2008
Achégase o "Día L"
Sendo como é hoxe un día especial para os seguidores de Lost,vou manter o nome do post que David de intramuros lle puxo ó seu.Probablemente tanto nerviosismo poidemolo calmar sabendo spoilers,pero...para qué?para perder de sentir a emoción previa a o principio de temporada? Por suposto que non,solo volver a poñer a cara que se me quedou cos primeiros 5 minutos do capitulo 3x01 xa non ten prezo.
De momento ,para os que non os vístendes,aquí vos deixo os mobisodios por suposto subtitulados, e tamén por suposto en PANDO.Ah,son trece ,en concreto.Algúns son reveladores ou eso parecen.Ademáis,¿que mellor maneira que esperar a premiere de Lost vendo Lost?
E por suposto, mañá contade con capítulo doble,que consiste nun capítulo recordatorio do que se veu da serie,e logo o tan esperado 4x01.
Enjoy Lost
mobisode 1 el reloj
mobisode 2 las aventuras de Hurley y Frogurt
mobisode 3 el rey del castillo
mobisode 4 el trato
mobisode 5 operación sleeper
mobisode 6 Habitación 23
mobisode 7 secretos enterrados
mobisode 8 Artz y oficios
mobisode 9 depresión tropical
mobisode 10 jack conoce a ethan
mobisode 11 jin tiene una rabieta
mobisode 12 el sobre
mobisode 13 así empieza
miércoles, 30 de enero de 2008
Pando ,mellor que a descarga directa
Segundo a wikipedia,o pando , é un cliente de P2P (Peer to Peer)que serve para o almacenamento e descarga de arquivos dende a rede.Realmente é comparable co xa coñecido "torrent",anque cun pouco máis de velocidade.De feito a velocidade é como se fose dunha descarga directa.Como característica diferenciadora desta á descarga directa,hai que dicir que permite interrumpir a descarga ,cousa que calquer servidor de Descarga Directa non che permite cortar a conexión ó longo da désta,xa que de ser así perderíase o descargado.Tamén permite un numero de descargas ilimitado a cada IP.Este é un problema se usas DD porque,ou ben,entre arquivo e arquivo desconectas o teu módem/router(se tes IP fixa) ou desconectas a conexión (se tes IP dinámica),xa que coa mesma conexión,terías que esperar o tempo que o servidor de descarga directa che dí.Ou sexa,que é todo vantaxes.
O único que hai que facer para poder usar este metodo é baixarse a aplicación que non ocupa nada e instalase nun segundo,e despois baixarse o arquivo .pando do que se queira baixar.
Aquí vos deixo o link da aplicación.Lembrade dárlle a "get pando free"
**A PARTIR DESTE POST VOU COLGAR AS COUSAS EN DD E EN PANDO(SEMPRE QUE SE POIDA,CLARO)
sábado, 26 de enero de 2008
The Bedlam in Goliath,o último de THE MARS VOLTA
Pois eso,que este é o último album de estudio da banda texana liderada por Omar Rodríguez López e Cedric Bixler-Zavala.O caso é que é unha filtración ,xa que ata o 28 de Xaneiro non hai o lanzamento oficial.Titúlase The Bedlam in Goliath,esperemos que esté á altura dos seus predecesores "De-loused in the Commatorium"(2003) , "Frances the Mute"(2005) e "Amputechture"(2006) .Eu,personalmente,quédome con "De-loused in the Commatorium" xa que temas como "Inertiatic",This Apparatus must be Unearthed","Televators" ou "Drunkship of Lanterns" non se esquecen facilmente.
Pois aquí vos queda o disco dos tipos estes,que fan de todo menos rock convencional(por sorte).
The Mars Volta "The Bedlam in Goliath" (2008)
Así os que vaian a Madrid a velos xa saberán o que se poden atopar.
Aquí vos deixo tamén un video destes taraos na xira do seu primeiro album.Son os dous primeiros temas do 1º album,"Son et Lumiere" e "Inertiatic"...unha auténtica burrada.
miércoles, 23 de enero de 2008
"Fin de Semana Eléctrico",o pequeno cómese ó grande
Tras máis dunha década en activo,éste ano un dos festivais máis míticos do panorama español (FESTIMAD) mérmase,xa que outros con mellor oferta e un historial menos irregular(1ª Edición),cómenlle o terreo,e digo esto de maneira case literal.
Así aparece o "Electric Weekend",outra cita festivaleira máis no amplo catálogo de eventos musicais que oferta Madrid ó longo deste ano.Como cabezas de cartel,e ó mesmo tempo coma cebo, traen a Metallica , que a pesar de que levan máis de 10 facendo discos non merecedores da fama que teñen seguen xuntando a miles de seguedores entre os que nalgún momento me incluín eu tamén, e a Rage Against The Machine , a banda do señor Tom Morello e Zack de La Rocha.Ésta última,anque é máis xove que Metallica,está creando unha grande espectación xa que levaban case 7 anos sen tocar xuntos(dende o 2000 concretamente).Ata que o Coachella Festival lles propuxo unificarse de novo e as non boas relacións entre Chris Cornell e o resto de Audioslave(músicos de R.A.T.M.)a banda non decidiu tirar cara adiante coa unificación.
Esto significa que na zona SUR de Madrid haberá dous feistivais de primeira liña na mesma fin de semana, en emplazamentos bastante cercanos,e probablemente do mesmo estilo(ou parecido).Anque ,sexamos realistas,coa mala reputación que colleu o Festimad nos últimos anos,hai moitas posibilidades de que este novo evento lle colla o testigo.
O malo desto,é que poñen uns prezos de saída bastante desorbitados,xa que 110€ por un festival de 2 días do que só se coñecen duas bandas é algo abusivo.Ademáis utilizarán o método consistente en aumentar o prezo a medida que se achegue a data do festival coa intención de vender o máximo posible antes de saír á luz outras bandas que non serán tanto de gusto xeral.Xa se veu o ano pasado en festimad como intentaron vender o máximo de tickets tendo só a certeza de que viña Pearl Jam,prometendo moito máis do que realmente foi(fonte:o sr. xak).
Polo tanto este ano Madrid vai ser un fervedeiro de festivais.Non só a celebración do "ElectricWeekend "(realmente non sei a que vén poñerlle nome en inglés a un festival madrileño),ou do Festimad son o prato forte do rock en Madrid,senón que xa saberedes que se vai a celebrar o Rock in Río,o Summercase e algún máis que se me escapa.
Está claro que os festivais multiplicáronse en número na última década,pero¿non credes que é excesiva a cantidade de eventos que hai?Moitos diredes que non porque así teremos máis oportunidades de ver a máis grupos.Pero,por outra banda,¿non estamos sempre dicindo que os concertos nos festivais perden gracia? xa sexa por duración,ou porque o espectáculo non ten a mesma forza,...xa me entendedes.
Eu son máis partidario de ,en vez de gastar 110-120€ nunha entrada para ver a Metallica e a R.A.T.M.,prefiro pagar 50-60€ por un concerto déles sós.Son consiente de que é moito máis complicado.Pero seguro que vos tedes visto no caso de ver ó mesmo grupo en festival ou en concerto deles sós e dárvos conta de que non ten comparación.A nivel nacional pasoume con Habeas Corpus,xa que despois de velos na Sala Nasa nun concerto promocionando o disco "Otra Vuelta de Tuerca",decepcionaronme moito ó velos nun festival en Culleredo.A nivel internacional pasoume con MUSE,que a pesar de que cando os vín en festival deixáronme abraiado,soupome a pouco xa que nondurou o que debera,en comparación a cando os fomos a ver a eles sós ,tanto en Donosti coma en Madrid.
O caso é que ,personalmente,opino que un festival pode ser moi atractivo polo cartel e tal,pero o producto que oferta é de peor calidade.
Acábome de dár conta de que rematei falando de algo moito máis xeral do que tiña pensado.Éche o que hai.
¿Vos que opinades?Festivais ¿SI ou NON?
De todas maneiras por non faltar á case tradición,aquí vos deixo un video dos R.A.T.M. no Festimad 96 tocando o temazo "Bullet in the Head"
martes, 15 de enero de 2008
Six Feet Under:Drama de calidade
Grande serie ésta.Rematada en 2005,tras cinco temporadas,a serie aquí coñecida como "A Dos Metros Bajo Tiera",foi a que ocupou o meu tempo de ocio multimedia durante este Nadal.A verdade é que xa facía anos que tiña ganas de atacarlle,máis concretamente dende que foi emitida pola segunda cadea de TVE xunto con outra serie que non lle chegaba a ésta nin á altura do betún.Estou a falar de "Las Chicas Gilmore"(vodrio).
Bueno,básicamente, "Six Feet Under" é unha serie de drama con tintes de humor(ás veces bastante ácido).Tócanse temas moi ligados ó día a día ,pero tratados algúns cunha naturalidade fóra do común,e outros cun dramatismo que non deixa indiferente a ninguén.Evidentemente,o princiàl tema no que se basea a serie é a morte en tódalas(ou case todas) súas variantes.Anque tamén está moi presente a homosexualidade,as drogas,as relacións persoais ,a familia e o sentimento de alienación social.
Dende un principio a serie presentouse cunha estructura case fixa de cada capítulo,xa que ó principio déste vése a morte de alguén e a súa correspondente esquela.Na gran maioría das veces o falecido soe ser "cliente" da empresa funeraria que rexentan os protagonistas.
O capítulo piloto comeza coa morte de Nathaniel Fisher ,o pai e marido dos protagonistas,nun accidente de tráfico mentres que vai buscar ó seu fillo(Nate) ó aeroporto.Ó longo da serie é un personaxe máis.E non a modo de flashbacks senón que participa e conversa nos pensamentos dos protagonistas(non en plan aparición, máis ben como fantasía que o propio personaxe recoñece como tal).
Ó longo das cinco temporadas imos vendo a evolución da familia Fisher, con moita coherencia dentro da serie, todo hai que dicilo.É moi agradable ver unha serie na que aparecen personaxes e desaparecen porque a historia así o require,e non porque os actores non poidan seguir por "X" motivo.
Ó ser unha serie actual,todo o relacionado coa música na serie é,na miña opinión,xenial.Bandas como The Killers , The Arcade Fire(éstes moi oportunos cando sacaron o "Funeral"-primeiro álbum),Interpol,Death Cab For Cutie,Coldplay ou Radiohead respaldan o eido musical da serie.
No tocante ó "casting" désta,destaco o papel de Peter Krause(Nate ou Nathaniel Samuel Fisher Jr.)que *leva parte do peso da historia,o de Michael C. Hall (David Fisher) que xa é coñecido por nós como "Dexter",o de Rachel Griffiths(Brenda Chenowith) e como non,o agradable descubremento de Lauren Ambrose (Claire Simone Fisher),unha pelirroxa con cara de zumbada que co paso das temporadas enamora cada vez máis.
Antes de que se me olvide,lémbrovos que esta serie foi feita para o canal privado HBO**,que destila un producto dunha calidade undubidable ,que previamente xa quedara demostrado con "Carnivàle".
*É unha serie coral,anque Nate marca un pelín máis que os outros personaxes as pautas do argumento.
**Parafraseando a David(intramuros) : "HBO = CALIDADE"
Como curiosidade,dicir que a serie foi considerada pola crítica(todo é subxectivo)como a mellor serie de drama da historia,e o seu último capítulo o mellor final de serie.A mín deixoume bastante marcado,teño que dicilo.
Polo tanto,fágovos dende aquí unha recomendación máis que insistente da descarga e o visionado da serie porque non vai deixar a ninguén indiferente.
***COMO REGALIÑO,AÍ VOS DEIXO OS DOUS CD'S QUE RECOLLEN PARTE DA MÚSICA DA SERIE***
SIX FEET UNDER - OST (2002)
SIX FEET UNDER-EVERYTHING ENDS(2005)
A pesar de estar doblada en italiano,esta é unha das escenas máis simbólicas da serie(para mín),na que a familia Fisher decide queimar as pertenencias que lles sobran despois dunha "car boot sale",que son eses mercadillo que se fan no exterior da casa de cada un vendendo calquera cousa que lles sobra(moi típico en Iglaterra e EEUU):
miércoles, 2 de enero de 2008
Radiohead:New Year's Eve Webcast
Con motivo da saída en formato CD e Vinilo do último disco de estudio de Radiohead,"In Rainbows"(lembrade que tan só se podía adquirir mediante a descarga por internet), a banda emitiu un concerto dende o seu estudio por diferentes medios.Tanto por www.radiohead.tv como por www.current.com poidose ver como o repertorio de In Rainbows se leva ó directo cun punto de desnudez.
Aquí vos deixo o audio deste "concerto".
De todas maneiras tamen podedes velos videos correspondentes no youtube,como non.Como mostra desto,póñovos o tema "Jigsaw falling into place" ,que cambia un pouco da versión orixinal,pero mantén ese ritmiño pegadizo e rocanroleiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)