lunes, 31 de marzo de 2008

The Cure en Valencia


O pasado 5 de Marzo,a banda de Robert Smith,os tenebrosos por antonomasia,ou sexa The Cure , déron un concerto na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia con motivo do Mtv Winter.O evento,ademáis do revoo que xerou polas características propias dun concerto dos británicos,tamén tivo repercusión de tipo social.Xa se sabe que ,houbo unha morea de "famosetes" enfundados en chupas de coiro e todo tipo de roupas de tipo "dark" por aquelo de non desentonar(patético)."Gracias" a esa repercusión mediática , temos a sorte de poder recuperar o concerto ,que foi retransmitido pola cadea de música.Por eso, aquí vos deixo os links para que poidades descargalo e así disfrutar sun dos directos máis recomendables(a mín alomenos deixáronme abraiado).

The Cure - Mtv Winter(Valencia 5 de Marzo 2008) 1 2 3 4 5 6 7 8

martes, 25 de marzo de 2008

Amy Winehouse , brillante e polémica


O paso das décadas e a aparición de novos xéneros,fan que outros moitos dén a sensación de que non existen,ou están a piques de facelo.Esto sucede co soul,que a pesar de seguir existindo,era un xénero que carecía de un/ha representante nas primeiras filas da popularidade.Duns anos para aquí,surxiu en Londres , máis concretamente en Southgate , Amy Winehouse , que logo duns inicios no rap con 13 anos,comezou a tocar polos locais de Camden Town(ó norte de Londres).
Criada no seo dunha familia xudea e con certa afinidade ó Jazz , Amy comezou tocando a guitarra(supoño que dunha maneira moi superficial) anque non "dá o salto ó mundillo " ata que ,por mor de tocar en locais da capital inglesa e coñecer ó tamén londinense cantante Tyler James , chega unha maqueta dela a un productor que lle abre as portas á discográfica Island/Universal.Todo esto con 16 anos.
Xa con 20 , edita o seu primeiro álbum de estudio , Frank(2003) , que consegue espertar o interese da crítica , recibindo algún premio que outro.Tres anos despois , cunha certa seguridade trálo primeiro álbum , reaparece en 2006 co traballo que lle dá a popularidade no eido musical.Estou a falar do ,xa por vós coñecido , Back to Black(2006).You Know I'm no Good , ou Rehab , son temas que en España están empezando a soar(tede en conta que o que soa en Englaterra,a pesar da internet, sempre tarda un pouquiño en asentar aquí),anque xa fai máis dun ano que na illa británica soan estes temas na cadeas de radio.
Nos últimos anos , desgraciadamente , esta privilexiada está en boca de todos , pero non pola súa labor artística senón polos suas escaramuzas coas substancias tatyo legais coma ilegais que todos coñecemos.Despois de ser vetada nos U.S.A. e polo tanto "obrigada" a cantar vía satélite na gala dos Grammy, na cal foi a protagonista da noite polo case pleno que fixo no que a estatuíñas se refire , e ser lapidada polos medios polas súas adiccións , agora esta moza de 24 anos ingresou nunha clínica de desintoxicación e supostamente está saíndo .
O último que se sabe dela é que agora está a facer unha campaña de concienciación do cancro de mama na revista Easy Living , onde aparece espida tapando o xusto cunha guitarra e uns pezados de cinta adhesiva.
Anque ,sempre está rodeada de polemica , aquí vos deixo os dous discos de estudio e uns vídeos da artista en directo.
You Know I'm No Good (aquí a versión en acútico)

Rehab (aquí a versión en acústico)



Amy Winehouse - Frank (2003)
Amy Winehouse - Back to Black (2006)

lunes, 24 de marzo de 2008

Off-topic do mes:¿Quén é o animal?


Pois sí,que pena.Despois dun mes no que o que imperou,alomenos na miña vida,foi a docencia,as vacacións,os reencontros e demáis,estas vacacións tiveron unha pequena mancha de tristura.
Se lemrades,fai cousa dun mes(máis ou menos) fixen unha entrada neste blog onde solicitaba a quén fóse se se podía facer cargo de algúns cachorriños da miña cadela.O caso que,a raíz dun anuncio do supermercado Froiz,conseguino.E, xa,cando tiña o tema olvidado,esta fin de semana entérome,gracias a un dos municipais de Melide,e como non a César e Mónica(Floristería Chelo e Clínica Veterinaria Chelo) , que un deses cachorriños foi atopado só polas rúas do Campo Grande.Despois de varias reclamacións na Radio Municipal ás cales ninguén atendeu,o municipal levouna ó que hai no pobo a modo de "perreira",que anque en principio no Concello non a hai,alomenos déronlle no seu día de estancia alí comida ,bebida e unha caixiña para refuxiarse do frío.Debido a que hai confianza,e xa digo gracias a Moni e César,o municipal chamoume para a veriguar se certamente coñecía á cachorra en cuestión.E claro que era.A tristura invadiume,xa que,¿qué clase de "persoa" ABANDOA un animaliño de 2 meses?E no caso de que fóse extraviado,¿Como se perde un cachorro?...
Pero non só foi eso o que me deu pena,senón que a cadeliña coxeaba dunha das patas de atrás.Era unha pequena inflamación que ,outra vez gracias a Mónica,está en proceso de ser curada cuns anti-inflamatorios.
Paréce unha tontería,ou non,pero só ver a cariña de pena que tiña o animal cando o fun buscar,partía a alma.
A mín,este evento tróuxome á mente o anuncio que se dába pola TV a cerca do abandono de animais nas épocas de vacacións,no que unha familia que ía en coche co seu can,paraba no medio dunha estrada calquera e deixaban o can abandoado por non poder/querer responsabilizarse dél.
Agora (xa o mesmo día que me enterei) , decidín acollela e xuntala coa sua nai e o seu irmán (Musa e Rús) , bautizándoa como Dharma.
Ás veces hai que saber en mans de quén pos unha vida,xa que ben se vé o que pasa.

viernes, 21 de marzo de 2008

Lost 4x08 - Meet Kevin Johnson


Por sorte para mín e para todos vós , o parón de Lost é a partir desta semana.Polo tanto poderemos disfrutar dun capítuliño máis da SERIE.Xa o título dinos bastante a cerca de qué vai.
Esta versión é do arquivo de 100Mb,que para ver ben vale,e así non fastidiamos ós impacientes.
Mañá xa colgo a versión HD para quen o queira conservar.

Lost 4x08 - Meet Kevin Johnson (leva os subtítulos integrados)

viernes, 14 de marzo de 2008

Lost 4x07 , e despois PARÓNNNN!



Aquí vos queda o capítulo de onte de Lost cos subtítulos integrados no vídeo..Está previsto un parón dun mes antes de que boten novos capítulos e rematen a temporada que vaio ser máis curta do habitual.Xa que pasan dos 16 capítulos iniciais que estaban previstos a 13.Así que , aproveitemos a pequena dose semanal que nos van dándo.

Lost 4x07 1 2 3 4

viernes, 7 de marzo de 2008

There Will Be Blood O.S.T.(2007)


Pois ,como dixen fai un par de días no blog de David , aquí vos deixo a banda sonora de "Pozos de Ambición"(There Will Be Blood) , o filme no que musicalmente participa o xenio Jonny Greenwood,un dos pilares de Radiohead.A este multinstrumentista xa se lle foi recoñecida a sua labor creativa anos atrás cando foi contratado pola BBC no 2004 como compositor , cousa que lle deu a oposrtinidade de compoñer varias pezas de orquestra sinfónica.
Aquí vos queda esta xoia:
Jonny Greenwood - There Will Be Blood (2007)

Apology & Lost 4x06


Debido á miña incursión no mundo educativo,inconscientemente deixei un pouco de lado a miña actividade blogueira.Pero hoxe,despois de rematar toda unha semana de exames e a falta de poñer as notas ós rapaces,volvo a carga poñendo o capítulo de onte de Lost.Por iso ,ós poucos que visitades cunha certa asiduidade este humilde espazo, pídivos desculpas pola miña deixadez(supoño que o entendedes).

Lost 4x06 - The Other Woman 1 2 3 4 Subs.


Disfrutádeo,porque eu ,é o que penso facer.