martes, 26 de febrero de 2008

Novo trailer de H.a.a.r.p.

Sae un novo trailer do próximo DVD de MUSE,con motivo da súa emisión en HD nos cines VUE en Inglaterra.

¡¡¡¡¡¡me lo llevo!!!!!!

viernes, 22 de febrero de 2008

Muse no Royal Albert Hall de Londres


Coa intención de reunir fondos para unha causa benéfica en contra do cancro en adolescentes,Muse e outras bandas(The Fratellis,Paul Weller & Steve Cradock e Noel Fiending) darán un concerto no impresionante e clásico auditorio Royal Albert Hall de Londres.Os concertos son dende o 9 ata o 12 de Abril;día, este último, no que a banda de Devon tocan e pechan esta serie de eventos.
Con esta confirmación,máis a do V festival e algúns concertos máis en Dubai e por Europa , cúmprese o segundo ano initerrumpido(só un parón dende finais de Decembro ata Febreiro) de tour dende que en 2006 (xa van dous anos...que rápido pasa o tempo) apareceran con Black Holes & Revelations ;disco que os catapultou máis , se cabe , ó olimpo do rock.E despois de levar a cabo a proeza de facer un "sold out" duas noites consecutivas no novo estadio de Wembley , agora tocan nun dos santuarios da musica culta da illa británica , onde acostuma a xuntarse o máis classic-posh da sociedade brit.Só dicir un par de cousas deste sitio;Primeiro,no eido estético non ten reproche de ningún tipo , e segundo , con ese pedazo de órgano sería imperdoable que pasasen por alto clásicos da banda como "Megalomania" ou "Endlessly".


Lost 4x04 - Eggtown




Sen máis dilación nin parafernalia aquí vos queda o capi.
Lost 4x04 - Eggtown 1 2 3 4 Subs.

Xa vos van os subtítulos incrustados no arquivo de vídeo.

jueves, 21 de febrero de 2008

The Unexpected:2º Off-topic do Mes


Pois sí,este é o segundo off topic do mes de febreiro.Non é moi habitual que faga dous(hai meses que nin hai) pero este mes merece a pena,alomenos para mín.Esta entrada fágoa cun fin meramente informativo,xa que as boas novas sempre son un pracer,tanto recibilas coma dálas.
A nova en cuestión é que despois de "X" anos inmerso no mundo da oposición ó corpo de mestres(e asegúrovos que é todo un mundo) por fin foron requeridos os meus servizos para exercer como tal e substituír a unha (agora) compañeira..Realmente foi algo que non esperaba PARA NADA.O motivo desta subtitución é o P.A.L.E. ,que vén a ser o Programa de Apoio ó ensino e apredizaxe das Linguas Estranxeiras,no que a Consellería de Educación ten por obxectivo mellorar tanto as competencias lingüísticas como as didácticas dos mestres de Lingua Estranxeira en Educación Primaria.Lembremos que cando nós estabamos no antigo E.X.B. comezábase a dár Inglés(que era a única lingua estranxeira que se impartía nos centros) no 6º curso e algúns/has mestres/as eran realemnet desastrosos/as(algúnha ensinabache a dicis a palabra "women" como "/bumen/ tal como soa...).Anos máis tarde rebaixouse a idade a todo a alumnado de Primaria.Cada vez a figura do mestre de inglés estivo máis baixo o ollo da sociedade porque cada vez o Inglés era e é máis necesario(e non tiña que ser só o Inglés).Por último e fai pouquiños anos púxose de maneira experimental(e non en tódolos centros) a lingua estranxeira en Educación Infantil (3-6 anos) .Agora xa está establecido e aí é onde eu e todos os que coma mín son mestres(ou proxectos de) en Lingua estranxeira saímos beneficiados xa que é un sector máis da comunidade estudiantil no que podemos traballar.
Pois o dito,que gracias a este programa,fun requerido para subtituír a unha mestra en Cesuras.Xa levo dous días e a verdade é que está moi ben.Digo esto porque ademáis de que o centro realmente é moi completo,xa que ten moitos medios (ordenador,TV, HiFi,DVD,pizarra electrónica.e moito material audiovisual) e ten un numero bastante reducido de alumnos,cousa que favorece moito ó proceso de ensino-aprendizaxe, a ubicación é ideal.Está situado no medio do monte(dende Trasanquelos cara o monte,...non é coña) cunhas vistas moi agradables.
Se todo o dito non era suficiente,teño que dicir que , para o meu beneficio, os grupos de alumnos son moi reducidos(a causa da despoboación do rural).Con dicirvos que hai grupos de 5 alumnos ,tendo como media de alunmos por curso 10.
Por iso lle poño este título ó Off topic ,porque non só foi algo inesperado o feito de que me chamaran,senón que para un principiante coma mín foi inesperado que se déran circunstancias tan idóneas para non sufrir ningún tipo de impacto(quen me vería na primeira experiencia docente no típico colexio dos arrabais de calquera das cidades importantes de Galicia...mellor nin pensalo).

viernes, 15 de febrero de 2008

Lost 4x03 , The Economist


De novo na rutina televisiva(bendita sexa) , e como cada semana ...novo capítulo de Lost.
Pouco máis hai que dicir neste tipo de entradas.Cómpre salientar que nesta semana houbo un "certo" rebumbio na rede a causa da visita de Matthew Fox (Jack Shepard en "Lost") xunto co elenco de actores do filme(Forest Whitaker,Eduardo Noriega,Sigourney Weaver,...) "En el Punto de Mira" en Salamanca,cuia Praza Maior é o escenario da trama do filme.
O dito,que aquí vos queda o capítulo .Xa que despois da frase de Benjamin Linus("I have a man on thier boat") no 4x02 quen non quere saber o que pasa ...
Os Subtítulos xa van pegados no arquivo de vídeo.


Lost - 4x03 The Economist Parte 1 2 3 4

lunes, 11 de febrero de 2008

Off-Topic do Mes:Guau!!! (que título máis orixinal...)


Creo que con este título o off-topic deste mes é bastante claro.Trata de novo de cans.Neste caso non de Musa(a miña cadeliña negriña),senón dos seus tres cachorriños,os bautizados pola miña sobriña como os "musitos".O parto foi á noite do 2 ó 3 de Xaneiro,traendo ó mundo a tres cachorriños moi feitiños e ben diferentes,a verdade.O caso é que nin eu nin a persoa que coida á cadela se pode facer responsable destes novos membros da familia musera.Anque me quedo cun cachorriño,teño dous para dár(dúas cadeliñas).O caso é que a falta de dúas semanas para o destete e,porque non, para a desvinculación coa nai(alomenos a nivel fluídos corporais) non teño a ninguén para facerse responsable dos bichiños.
Dáda a miña negativa ante o feito de comerciar con animais,REGALO estes cahorriños(xuntos ou por separado) para alguén que os queira coidar e dárlles moito cariño...bla bla bla...
E agora,que anque non estou nada a favor desta data xa que todo o conleva a nivel de consumo e falsos sentimentos é implacable, voume apuntar ó negocio(altruísta) de ofertar cachorriños coma un regaliño de San Valentín.¿Que mostra de amor hai máis grande que a de regalar unha vida e poñela nas mans de alguén a quen queres?(quedoucheme ben a frase...)
Pois eso,que estimaría moito que alguén tivese un fogar e moito cariño para este/s bichiño/s.E se ningún de vós se pode facer cun destes animaliños,xa sabedes...se sabedes de alguén facédemo saber tan axiña coma sexa posible.

sábado, 9 de febrero de 2008

Lost 4x02


Despois dunha morea de problemas relacioinados cos meus equipos informáticos por fin consigo ter o PC enchufado sen que se me apague.Primeiro era que non me gravaba a gravadora de DVD ,daspois que xa non me iniciaba o puto windows.O caso é que pido desculpas ós que contabades aquí co capítulo 4x02 a unha hora razoable,e non ó día seguinte.
Unha vez solventada esta desventura co meu pequeno retomo a tónica habitual de colgarvos o capi(sei que xa o tedes descargado,pero é unha cuestion de obriga moral).Pois eso,deixovos o capi, que ó parecer dá bastante máis caña que o primeiro(que foi un claro homenaxe a Charlie) .

Lost - 4x02 Confirmed Dead

Xa leva os subtítulos integrados no arquivo de video.

Un saúdo.

jueves, 7 de febrero de 2008

Xa hai data oficial para o "The H.a.a.r.p. Tour:Live from Wembley" de Muse


O "H.a.a.r.p. Tour:Live from Wembley" de Muse,xa ten data de saída oficial.O 17 de Marzo(dous días antes do San Xosé-se alguén quere regalarme algo xa sabe...) foi a data elixida para a saída deste DVD/CD que rememora as dúas noites de concertos no novo Estadio de Wembley(Londres).
Xa empezan a saír videos promocionais do que nos espera,e a verdade é que pinta moi ben.Aquí vos deixo o trailer do DVD e máis dous temiñas(20 seg. de cada un) .






viernes, 1 de febrero de 2008

LOST 4X01,The Beginning of the end


Xa está,aquí o temos ...o primeiro capítulo da cuarta temporada de Lost.Vóuvolo colgar en diferentes formatos(pando,descarga directa,e-link) para os que por "X" motivo ten algunha preferencia á hora de descargalo.

Descarga Directa :
-Lost 4x01 The Beginning of the End parte 1 2 3 4 Subtítulos
-Lost 4x01 The Beginning of the End (100Mb) (subtítulos)
-Lost 4x01 The Beginning of the End (350Mb) con subt. integrados
E-link(emule):
-Lost 4x01 The Beginning of the End

Pando:
-Lost 4x01 The Beginning of the End

*Os subtítulos serven para calquera das opcións menos para a versión de 100Mb
Aquí vos queda o E-link do capítulo cos subtítulos integrados

Por suposto,xa sabedes que colgarei os subtítulos tan pronto como sexa posible.Anque tamén poñerei os capítulos cos subtítulos integrados ó longo do día.

**Capítulo 4x00 Past resent and Future
Descarga Directa:
Lost 4x00 Past , Present and Future(100Mb)

**Deste capítulo colgarei os subtítulos cando os atope.
Lost 4x00 Past , Present and Future parte 1 2 3 4 Subt.