Non sei se foi a TV , Beckham , ou "El Canto del Loco" , pero dunha temporada para aquí levouse a cabo un roubo estético,e case cultural (ás veces é que me poño moi dramático) , á clase media .
Refírome ás archicoñecidas Converse All Star , que se convertiron no calzado oficial de pijos,punkis,roqueiros,grunges , casual,... en resumo a un amplo rango de tribus urbás .
Estas zapatillas ,ou sneakers , usadas como zapatillas de deportes,de baloncesto concreta-
mente, cambiaron o seu rol fai relativamente pouco tempo(pouco máis dun lustro).Dende a época de Larry Bird nos Celtics de Boston ata a portada de El Canto del Loco pasaron case 30 anos.
Pero,¿de quén é a culpa disto? .Porque ,sexamos realistas,era unha zapatilla que pertencía á clase media .Os que rondamos máis pola terceira década de vida que polo cuarto de século podemos lembrar que nos oitentas ,sendo nenos,todos levabamos unhas , xa podían ser as "All Star" , as "Victoria" , as "Happy Luck" ou as "La Cadena"-que viñan a ser o mesmo.Pero a finas dos noventa ou comezos dos 2000's diversas tribus urbás comezaron a rescatalas por aquelo de ,ou ben respetar o ciclo das cousas que van e volven á moda como os pantalóns pitillo,ou toda a corrente "retro"
que se está a vivir , ou pola contra facerse os interesantes rescatando algo supostamente olvidado para ser diferente.
O caso é que hoxe por hoxe xa quedou desvirtuada calquera motivación pola que se poida poñer estas zapatillas(que a quén lle gusten que as siga poñendo,esto é só unha opinion) xa que chegouse a tal extremo que unhas zapatillas que orixinariamente foron creadas para o deporte ,ou para poñer con roupa deportiva , agora resulta que como mellor quedan é cuns jeans e non cun chandal de toda a vida porque "no pega".
Algo parecido sucedeu ,anque non con tanta pegada, coas Vans .Unha zapatilla que case era de uso exclusivo no sector "skater" ,tamén duns anos para aquí estendéronse ,non con tanto descaro,pero estendéronse
.O modelo máis visto nos últimos anos foi o modelo "Charlie de Lost" , ou o que é o mesmo a de cadros blancos e negros a modo de taboeiro de xadrez.Teño que dicir que eu piquei , duas veces , nesta marca.Unhas coa liña clásica anque co estampado en plan cadro escocés con tons verdes e marróns e outras tamén co cadro escocés en tons amarelos , brancos e negros con tres tiras de belcro(caralludas) .
De todas maneiras o que a min me chama a atención é o tema All Star ,porque ademáis de esa masificación que sufriron hai outra cousa que esquecemos moitas veces ,que é o prezo.Pensemos que se esta a pagar entre 50-60 € por unhas zapatillas de loneta cunha sola de goma.
Por tanto,para todos aqueles que crían que cunhas all star se ía en plan contracorrente por levalas dunha cor en concreto ou con algunha alaxa adherida , están equivocados xa que son unha víctima máis da moda*.
*Podería mencionar moita xente,pero non o fago porque non vén a nada , que fai un tempo non as levaría porque non sería propia dela pero como están de moda as leva como se as usara de toda a vida.
**Por outra banda,esto son cousas miñas que despois se quedan en nada cando un pensa friamente e se dí a sí mesmo:"Cada un que leve o que lle apeteza que total estamos aquí de prestado.Xa suficiente temos con estar vivos-como diría o meu gran amigo F.F.C.G."
Nos próximos días falarei nunha segunda entrega deste post de algo que estou a puntiño de estrear.