lunes, 16 de junio de 2008

Outro Top 5 de Discos

Continuando a serie de Top 5 ' s que tanto entreteñen no blog de intramuros,eu fago tamén o meu propio dos discos que amin ,anque pase tempo sen escoitalos,me parecen esenciais dentro do xenero que representan cada un deles.Anque hai que admitir que é moi dificil esta tarefa xa que reducir a 5 esta lista é duro e inxusto.Por suposto,van sen orde de preferencia.

OK Computer de Radiohead.Simplemente xenial.Atrevemento creativo en estado puro.

Aqualung de Jethro Tull.O único grupo ó que lle tolero unha flauta traveseira mesturada con rock setentero.Discazo con xoias coma Wind Up,Acualung,Locomotive Breath,Wondering aloud , ...


Animals de Pink Floyd.Anque para moitos non é o mellor disco da banda ,pero a min foi o disco co que me iniciei neles(sen conar o "Another brick in the Wall" que todo dios coñece).


Absolution de Muse.Para Freaknosis é o mellor disco do que levamos de século XXI.Na miña opinión,este disco non pode faltar en ningunha estantería,disco duro ou reproductor de música.


Pequeño Cabaret Ambulante de Bunbury.Un directo elegante e cheo de cores, que mostra a época menos mediática(antes de Flamingos e despois de Radical Sonora) ) do aragonés errante.


PD:Aínda que sexa nunha mención especial,non podo esquecer o "The Rise and Fall of Ziggy Stardust & the spiders from Mars" de David Bowie . Simplemente Bowie.

1 comentario:

Anónimo dijo...

non existe o link para descargar sígur ros. Renovao por favor. Fatal que non apareza "Zapato veloz" nun top 5 que pretenda ser serio.