miércoles, 21 de mayo de 2008

Vai de B.S.O.


Dádo que a cantidade de posts que estou a facer neste último mes é bastante inferior á acostumada,neste de hoxe vou facer unha aportación musical completiña.Xa sabedes,enlaces que un ,de maneira coicidente,atopa pola rede.Coma ben dí o título desta entrada hoxe vai de bandas sonoras orixinais de series que son do meu agrado en maior ou menor medida.
A primeira é a da serie "Jericho" , que apostaron por un conxunto de canción actuais(e non tanto) e coetáneas coa aparición da serie.É moi curioso que a grande maioría dos intérpretes desta banda sonora sexan de procedencia "brit",cando a temática da serie ten tintes patrióticos.Como detalla a remarcar desta compilación de temas teño que dicir que son idóneos para ter de fondo nunha reunión na que non se queira monopolizar a temática musical.Dende Muse,Coldplay,Sinead O'Connor,Foo Fighters , The Killers , Snow Patrol,...
Jericho - O.S.T.
Aseguinte a tratar é a serie da sempre chea de producto de calidade HBO.Refírome a "Six Feet Under".Para moitos (nos que eu me inclúo) a serie dramática por excelencia,non pedería estar carente dunha banda sonora sen unha calidade equiparable ó producto.A pesar de que nun post do mes de Xaneiro xa puxen estes links á vosa disposición,volvo a poñelos por ser coherente coa temática a tratar.
Six Feet Under - O.S.T.
Outra serie á que lle teño que resaltar a súa música é a xenial "Dexter" , que ademais de ter as composicións de Daniel e Jon Litch,que son os que fan a maioría de temas , hai tres temas do propio Michael C. Hall (Dexter en "Dexter" e David Fisher en "Six Feet Under") .Que dicir desta serie que non está dito.
Dexter - O.S.T.
Para rematar coas series , aquí vos deixo a banda sonora de LOST.Composta por Michael Giacchino.
Lost O.S.T. - 1st Season parte 1 2
Lost O.S.T. - 2nd Season
Lost O.S.T. - 3rd Season parte 1 2 3 password :4all


Posi eso,que aquí tedes música que evocará os mellores momentos pasados con estas series dunha indubidable calidade.

2 comentarios:

David Intramuros dijo...

Michael Giacchino es buenísimo. El y otros con Jon Brion, Tyler Bates, Carter Burwell y James Newton Howard están cambiando el paradigma de las bandas sonoras made in USA. Los viejunos de siempre ya cansan.

Unknown dijo...

sen olvidarnos de Angelo Badalamenti,que para mín foi o primeiro que puxo un bso a uns niveles moi altos.Só escoitar as n otas de twin peaks xa estremecen a un...