jueves, 21 de febrero de 2008

The Unexpected:2º Off-topic do Mes


Pois sí,este é o segundo off topic do mes de febreiro.Non é moi habitual que faga dous(hai meses que nin hai) pero este mes merece a pena,alomenos para mín.Esta entrada fágoa cun fin meramente informativo,xa que as boas novas sempre son un pracer,tanto recibilas coma dálas.
A nova en cuestión é que despois de "X" anos inmerso no mundo da oposición ó corpo de mestres(e asegúrovos que é todo un mundo) por fin foron requeridos os meus servizos para exercer como tal e substituír a unha (agora) compañeira..Realmente foi algo que non esperaba PARA NADA.O motivo desta subtitución é o P.A.L.E. ,que vén a ser o Programa de Apoio ó ensino e apredizaxe das Linguas Estranxeiras,no que a Consellería de Educación ten por obxectivo mellorar tanto as competencias lingüísticas como as didácticas dos mestres de Lingua Estranxeira en Educación Primaria.Lembremos que cando nós estabamos no antigo E.X.B. comezábase a dár Inglés(que era a única lingua estranxeira que se impartía nos centros) no 6º curso e algúns/has mestres/as eran realemnet desastrosos/as(algúnha ensinabache a dicis a palabra "women" como "/bumen/ tal como soa...).Anos máis tarde rebaixouse a idade a todo a alumnado de Primaria.Cada vez a figura do mestre de inglés estivo máis baixo o ollo da sociedade porque cada vez o Inglés era e é máis necesario(e non tiña que ser só o Inglés).Por último e fai pouquiños anos púxose de maneira experimental(e non en tódolos centros) a lingua estranxeira en Educación Infantil (3-6 anos) .Agora xa está establecido e aí é onde eu e todos os que coma mín son mestres(ou proxectos de) en Lingua estranxeira saímos beneficiados xa que é un sector máis da comunidade estudiantil no que podemos traballar.
Pois o dito,que gracias a este programa,fun requerido para subtituír a unha mestra en Cesuras.Xa levo dous días e a verdade é que está moi ben.Digo esto porque ademáis de que o centro realmente é moi completo,xa que ten moitos medios (ordenador,TV, HiFi,DVD,pizarra electrónica.e moito material audiovisual) e ten un numero bastante reducido de alumnos,cousa que favorece moito ó proceso de ensino-aprendizaxe, a ubicación é ideal.Está situado no medio do monte(dende Trasanquelos cara o monte,...non é coña) cunhas vistas moi agradables.
Se todo o dito non era suficiente,teño que dicir que , para o meu beneficio, os grupos de alumnos son moi reducidos(a causa da despoboación do rural).Con dicirvos que hai grupos de 5 alumnos ,tendo como media de alunmos por curso 10.
Por iso lle poño este título ó Off topic ,porque non só foi algo inesperado o feito de que me chamaran,senón que para un principiante coma mín foi inesperado que se déran circunstancias tan idóneas para non sufrir ningún tipo de impacto(quen me vería na primeira experiencia docente no típico colexio dos arrabais de calquera das cidades importantes de Galicia...mellor nin pensalo).

4 comentarios:

FIZ dijo...

Noraboa...
Todo esforzo obtén a súa recompensa..

Agardo que poidas decir aquelo de que traballas no que che gusta...Sería todo un luxo..

Unha vez mais ..PARABÉNS

citizenerased dijo...

Pois sí.A verdae é que traballo no que me gusta.Está claro que o ideal sería currar todo un ano no mesmo colexio.Pero,a todo se andará.
Vémonos pronto.

Anónimo dijo...

http://trasanqueloscity.spaces.live.com/

http://picasaweb.google.es/trasanqueloscity

Do monte sae moita riqueza ;-)

Benvido por estes lares

Anónimo dijo...

Just a few hours ago, I droped my iPhone from about 1ft and the screen suffered a minor crack. Now, I say minor because it's only in the corner of the screen and I can still see everything plus touching it still works. It's just like a see-through crack. What do I do to get it repaired because I've no insurance on it or no warrenty. It's the 16 gig.
[url=http://unlockiphone22.com]unlock iphone[/url] [url=http://www.ultifanatics.com/forums/index.php?action=profile;u=12129]unlock iphone[/url]