críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
viernes, 22 de febrero de 2008
Muse no Royal Albert Hall de Londres
Coa intención de reunir fondos para unha causa benéfica en contra do cancro en adolescentes,Muse e outras bandas(The Fratellis,Paul Weller & Steve Cradock e Noel Fiending) darán un concerto no impresionante e clásico auditorio Royal Albert Hall de Londres.Os concertos son dende o 9 ata o 12 de Abril;día, este último, no que a banda de Devon tocan e pechan esta serie de eventos.
Con esta confirmación,máis a do V festival e algúns concertos máis en Dubai e por Europa , cúmprese o segundo ano initerrumpido(só un parón dende finais de Decembro ata Febreiro) de tour dende que en 2006 (xa van dous anos...que rápido pasa o tempo) apareceran con Black Holes & Revelations ;disco que os catapultou máis , se cabe , ó olimpo do rock.E despois de levar a cabo a proeza de facer un "sold out" duas noites consecutivas no novo estadio de Wembley , agora tocan nun dos santuarios da musica culta da illa británica , onde acostuma a xuntarse o máis classic-posh da sociedade brit.Só dicir un par de cousas deste sitio;Primeiro,no eido estético non ten reproche de ningún tipo , e segundo , con ese pedazo de órgano sería imperdoable que pasasen por alto clásicos da banda como "Megalomania" ou "Endlessly".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario