sábado, 21 de julio de 2007

R en Melide


Parece ser que a empresa galega de comunicacións R decidiu establecerse na nosa vila e tamén na veciña Arzúa.Despois de facer sondeos para estimar a clientela potencial que ten,tanto Melide coma Arzúa,xa teñen data para disfrutar dunha "mellor" conexión á rede de redes(sen contar os servizos telefónicos que máis ou menos todos coñecemos).Anque xa se pode estar aboado a esta compañía(utilizando,mediante un aluguer,a liña de Telefónica), a partires de Setembro en Arzúa,e a partires de Decembro en Melide poderemos dispoñer dun servizo tanto telefónico coma de internet prescindindo TOTALMENTE da compañía que ata non fai moitos anos era a única que nos ofertaba calquer servizo.
A verdade é que está moi ben que veña para Melide R,xa que todos coñecemos a alguén que a ten nas cidades ou mesmamente algún de vós a ten,e hai que dicir que é un servizo bastante bo e de bo prezo.

Como curiosidade teño que salientar unha cousiña que me ocorreu esta semana en relación a este tema.É moita coincidencia que o mesmo día que me veñen ofrecer o servizo de R para o próximo mes de Decembro,reciba unha carta de Telefónica anunciando que nas próximas semanas vanme triplicar a velocidade da miña conexión,ou sexa, de 1 a 3 Mb.Cousa que tampouco me sorprende xa que nos case 5 anos que fai que teño a ADSL de Telefónica,sempre a foron mellorando.no 2003 duplicaronma de 256 a 512 kb,fai un pouco máis dun ano pasárona de 512kb a 1 Mb.E agora 3Mb,...haberá que pensar eso de R.

Conclusión:Cantos máis proveedores deste servizo(internet,televisión,teléfono,...a saber que máis) mellor.Non hai porque estar *atados a unha compañía só pola situación xeográfica.


*Atados atados non,porque ata agora podíamos ter o servizo e as tarifas de R,tan só que había que pagar a cota de aluguer de liña de Telefónica.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Durante años esperé este momento... pero a decir verdad, ahora no se si cambiarme. R aventaja en todo a Telefónica, excepto en un asunto fundamental: hace bastante la puñeta a los usuarios de eMule. Lo digo por experiencia, pues tuve R en Vigo, y por muchos trucos que hice para que mi tráfico eMule pasase los filtros, nunca alcancé (ni de lejos) la velocidad media que tengo con Telefónica en Melide, a pesar de la diferencia de capacidad de ambas conexiones.

Eso si, es una gozada ver como, via torrent, con R descargas una película en 20 minutos, o un capítulo de Lost en 7.

citizenerased dijo...

Toda a xente que coñecín que tiña R nas cidades tiña o problema típico dos portos do emule.Eu con telefonica nunca tiven que andar fedellando desa maneira.Claro que via torrent ou FTP non ten color co de Telefónica.Eu a verdaed que estou bastante contento con telefónica.O único que lles reprocho é que aínda non exista en Melide a cobertura para IMAGENIO.Porque a verdade é o que lles falta para dár un servicio integral.

FIZ dijo...

Non nos enganemos:

R ten unha das mellores conexións de internete de todo o estado español (Xunto coa vasca). (O.C.U 2005). Buena mierda la fibra.

Este que vos fala, sen dúbida, terá conexión a R sempre que sexa posible, ainda que só sexa por darlle bertorella a telefónica.

Sexa como sexa, tódalas compañias son absolutamente igual de cabronas. Os usuarios importámoslle unha merda.

SAUDOS JOSIRI

Anónimo dijo...

Non hai nada que cabilar, morte os da puta telefonica.
Por certo josi ti plantexas que deberia haber mais de unha oferta independentemente de onde te atopes. non quixera que se esquecera o caso de xente que pola sua situacion xeografica non dispoñen ata o dia de hoxe de NINGUNHA conexion de velocidade aceptable (xa non a pido alta, conformabame con que superase os 56 Kb).
Asdo: Mosqueado en limiñon

citizenerased dijo...

xa,...mira Txemita,que tampouco pode poñer adsl , teríase que conformar con esa pseudoconexión que vos ofertan a vós , os habitantes do rural. Nada,...hai que joderse e esperar...