críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
sábado, 21 de julio de 2007
The Fisher King(1991) , O rei pescador
Xa que a climatoloxía non acompaña coherentemente ós meses nos que vivimos,e máis polas noites ,propóñovos o visionado de varios filmes que estou a ver recentemente.Basicamente fago esto porque a época de series rematou , e non teño paciencia para ver as series que vin durante este ano adaptadas de maneira bastante cutre á lingua cervantina ou á de Castelao(falo de Jericho e Heroes respectivamente).
Polo tanto aquí vos vai un dos filmes que vin a semana pasada que facía moitos anos que non vía.Trátase de,The Fisher King(O Rei Pescador).Un filme do director estadonidense Terry Gilliam(o de "Twelve Monkeys" ou "Fear and Loathing in Las Vegas" , entre outras).Este director/actor a pesar de ser dos USA é un dos integrantes do grupo cómico Monty Python,participando en fimles como "Os cabaleiros da Mesa Cadrada",ou "O Sentido da Vida" .
Neste filme podemos ver unha das mellores interpretacións de Jeff Bridges(a mellor sen dúbida é a do "nota" en "The Big Lebowsky" dos irmáns Cohen) no que fai de un locutor de radio en NYC bastante borde.Por outra banda tamén aparece Robin Williams facendo , priori, de contrapunto ó personaxe de Jeff Bridges, sen abandoar un estado psíquico cuestionable.
Non vos vou contar nada porque é unha película que,na miña opinión, é moi recomendable.
Aquí vos deixo os enlaces para descargala.Tedes que descargar todas as partes e despois descomprimir onde queirades a primeira das partes.Desa maneira quedaravos nese destino o arquivo enteiro.
LINK 1 LINK 2 LINK 3 LINK 4 LINK 5 LINK 6 LINK 7 LINK 8
Disfrutádea!!!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
DUDE FOREVER.
Por sempre NACHO-
(E SUE ELLEN segue a estar bébeda)
SALUD
Veo que le estás dando un repaso a Terry Gilliam. Pues precisamente está disponible por los medios habituales el DVDrip de "Tideland", la última de este señor, que está causando una tremenda división de opiniones tanto entre la crítica como en el fandom de Gilliam.
Un día de estos la veo.
Publicar un comentario