lunes, 30 de julio de 2007

Novidades sobre Heroes:Origins


Despois de indagar un pouco sobre este spin-off de Heroes que teñen pensado facer Tim Kring e os seus,descubrín que era un pouco diferente do que anteriormente dixen.Ou sexa,que en vez de emitila no verán coma eu dixera,esperarán a emitila a mediados da segunda temporada para evitar á caída da audiencia durante os ,xa míticos, parón de metade de temporada(recordemos que parón máis longo foi aquel de LOST que dende Novembro ata case finais de xaneiro nos tivo en vilo -que si jack operaba ou non a Ben/Henry Gale ,que si Sawyer e Kate se piraban desa segunda illa,...menuda chea de spoilers que acabo de soltar para aqueles que non viron a 3 temporada...jijijij)
Pois o dito ,...contemos que achegados ó Nadal poderemos ver eses ORIGINS.Van ser seis capítulos que tratarán de presentarnos a un personaxe novo en cada un,e en base a eso a xente votará para elixir un deles e introducilo no casting oficial a mediados da tan esperada segunda temporada(para min a serie perdeu bastante fol aí cara o final-OPINIÓN).

No hay comentarios: