críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
jueves, 4 de noviembre de 2010
Previously on ...Sound from an island
Case un ano despois volvo a escribir neste moi humilde blog,que estivo abandoado sen motivo algún.Pero esta volta ten unha razón de ser case vital(dentro do blog mesmo,claro) , xa que facendo un balance da temática máis tratada nél , decidín que ,se había que revivir este espazo sería dunha forma non usual. Todo vén a raíz de que hoxe ,fai uns minutos,recibín vía UPS algo que levaba 5 anos esperando e que por fín están nas miñas mans coa mesma ilusion coa que o Gollum sostiña o Anel .Refírome á caixa de LOST con toda a serie a algunhas friquezas que traía.Sei que con esto pechouse un ciclo ,e ¿que mellor maneira de pechalo que cunha homenaxe?
Sei que para moitos esta SERIE rematou dunha maneira "ploff" , e respétoo , pero para mín,e non son o único, foi caralluda.Non vou recurrir a eso de que "era unha serie de personaxes " nin historias desas.A mín gustoume.Ninguha serie me fixo,despois de cada capítulo,dicir un J-O-D-E-R motivado pola inquedanza de non saber que ía ocorrer.Para mín eso xa ten un valor.
Despois,a serie en sí,estivo moi completa.De feito para mín rozou a perfección(sei que moitos me van a crucificar por esto que acabo de dicir) , e digo rozou ,porque de momento Six Feet Under segue como a mellor serie que vín na miña vida.Pero eso é outra historia(á espera de ver outras que non pintan mal pero son aínda moi novas como para endiosalas sen máis nin máis).
Aquí vos deixo unha fotiño do artículo en cuestión.Repito,sei que para moitos esto é moi friki,pero a mín fíxome ilusion.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
"Welcome back my friend to the Show that never ends".
Eu tamen pasei por unha tempada de silencio no meu blog pero volvín a caer na vicio de escribir tonterias na rede.
Falando xa de Lost quero dicir que nos poderian haber regalado unha caixiña vacia para os que mercamos a tempadas relixiosamente cada ano e telas ben coidadas.
Por certo seica se ves a serie seguida sen pausas te convertes no Fume Negro.
Aproveito para meter unha cuña de miña serie favorita: The Shield. Sony por favor editade a última tempada.
Noraboa e benvido de novo.
Ok,gracias.
Fume negro ten saído da miña cabeza nalgunha ocasión vendo esta serie.
A verdade é que eu sempre me contiven de comprar as temporadas porque sabía que ía acabar comprándoa enteira.O mesmo me ocorreu con 2Six feet under" ,que merquei as dúas primeiras por separado e acabei comprando a serie completa,o que tivo como consecuencia ter a primeira e a segunda temporada por duplipcado-Por certo ,véndoas a bo prezo. Están usadas unha soa vez.
Polo demáis non sei se vai ser duradeira ou non esta "volta ós ruedos" .Pero,despois da limpeza que fixo o facebook no que a blogs chorra(no que inclúo o meu) se refire , vou intentar revivilo.
Grande Donaheu,
I like your shit, jajaja. Nada que decir de Lost, como diría el gran Joaquín luqui: tu y yo lo sabíamos.
E canto che custou o tesouro de Gollum
Publicar un comentario