miércoles, 9 de septiembre de 2009

Sucedeu,e sucumbín...


Polo título desta entrada a maioría dos lectroes(se é que hai algún) sabe perfectamente de que se trata.Sí , ó fín o novo disco de MUSE filtrouse na rede,e como era de esperar non agardei a que me chegara a "edición deluxe" para a semana.Era un pastel moi difícil de non saborear.O caso é que a miña copia en vinilo,cd,dvd e lossless chegará igualmente a semana que vén coa mesma ilusión pola miña parte.
Dito esto,imos á valoración que eu fago de dito album despois de escoitalo repetidas veces(de feito mentres escribo esta entrada está soando).Dando por valoradas as dúas que xa se coñecían previamente , imos coas novas.
A canción que dá título ó disco,Resistance(o disco é "The Resistance") podería ir no mesmo estilo de "Map of the Problematique,do anterior disco,pero mellor.Con ese punto bailable pero en plan épico(veredes que a épica está presente en todo o disco).A frase a destacar é "Love is our resistance" facendo referencia á historia de amor dos protagonistas de 1984(George Orwell) , Winston e Julia , os cales atopan no amor o único reducto de libertade no vixiladísimo Londres de 1984(nunha perspectiva do ano 1949).Nota:9/10

Coa pista 3 , Undisclosed Desires , hai algo que hai que destacar,o feito de que o xenio Matt Bellamy deixa de lado tanto a guitarra coma o piano , e colga nos seus ombreiros unha Keytar facendo o que ó meu parecer é o tema máis raro de Muse.A mín ,persoalmente ,gústame.Moitos dirían que é moi poppie.Seguramente a mesma xente que o poñería de temazo se fora factura de Radiohead.Nota:6.5/10

A pista 5 , Guiding Light , é a balada Rock do disco.Cunha melodía moi pegadiza e un solo contundente.É a que menos me sorprendeu.Na liña de Invincible.Nota:7/10

A partir de aquí está o que para mín é o mellor do disco.
Unnatural Selection.Así se chama o track 6 , que perfectamente podería estar ubicado na época de Absolution,para mín o mellor disco de Muse.Con presencia de órgano de igrexa e un punto progresivo.Non sei porqué,pero este tema ,dende a primeira vez que o escoitei , sempre pensei que lle quedaría moi ben un acompañamento vocal de Serj Tankian.Épica pura.Frase a destacar:"No chance for fate,it's unnatural Selection.I want the truth".Nota 9.5/10

Pista 7,MK Ultra.Outra xoia ubicable en Absolution , cañera,coas reminiscencias xa habituais de RATM nos seus riffs,que deixan de todo menos indiferente a quen os escoita.Nota:9/10

Pista 8,Ibelong to You/Mon Coeur S'ouvre a Ta voix .Probando novos estilos en plan R&B con parte en francés e unha melodía do máis interesante.Grata sorpresa.Outra vez volve a sorprender.Nota:8.5/10

Pista 9,10 e 11 :Symphony;Overture,Cross-pollonation and Redemption. A sinfonía que levamos anos esperando que este XENIO fixera.Fíxoa.A mostra definitiva de que o señor Matthew Bellamy entra no olimpo da MÚSICA(sí , con maiúsculas).Paso de facer unha valoración porque non entendo demasiado,por non dicir case nada,do que comúnmente se chama música clásica , e os entendidos chaman música culta.O caso é que só podo dicir : Gracias por crear esta obra.(parece unha esxeración,pero non o é). Nota: 12/10

NOTA XERAL:9.5/10
Conclusión:¿Estamos ante o mellor disco de Muse?Para mín Absolution lévase o ouro.Agora ben a prata está disputada entre este e Origin of Symmetry.
PD:Agora si que espero con ansia o 28 de Novembro.

3 comentarios:

David (Intramuros) dijo...

Es curioso que sea la segunda parte del disco la que más te gusta. A mi también me pasa también con varios CDs en los últimos tiempos ¿Se estará viniendo abajo este esquema?

Xaquin dijo...

Me gusta este disco, está bastante bien pero no voy a ser tan benevolente, le doy un 7,5. Absolution está muy lejos y ni hablar de mi adorado Origyn (son muchos temas buenos en un solo disco, jejeje). De todos modos, "The resistance" se aupa (de momento) al puesto nº 3 en mi ranking "Musero" solo superado por los grandiosos "origyn of simmetry" y "Absolution".En cuanto a la valoración de temas coincido al 90% contigo, solo disiento en "undiclosed ..." y "exogenesis" que aunque es la leche me esperaba un poco más sabiendo lo que el matt es capaz hacer.puto genio del siglo XXI.

Un abrazo y perdona por la intromision.

PD: ya me dejarás catar la edición deluxe,jajaja

citizenerased dijo...

Para nada intromisión...para eso é o espacio para os comentarios.
A edición deluxe,claro que é catable.
Veña.