martes, 1 de septiembre de 2009

Recomendacións musicais :


Pois como o propio título dí,este post ten como obxectivo recomendar algúns discos que me están a gustar bastante nestes últimos meses.Moitos son bastante diferentes entre sí,no que a xénero se refire,pero , xa se sabe que dependendo do momento no que se encontre un pois entra mellor unha cousa ou outra.

O primeiro é un que xa leva publicado un ano e pico (de comezos do 2008) e que dende que saiu sempre me gustou anque nos últimos meses gañou un posto no meu top 5 do meu iPod.O disco do que estou a falar é o "The Age of the Understatement" , algo así como "a era na que todo se minimiza" , no que o líder dos Arctic Monkeys , Alex Turner , e o lider de The Rascals,e antes de The Little Flames (teloneiros no seu momento dos monos árticos) , Miles Kane xuntan os seus talentos para fabricar unha xoia que perfectamente podería ser datado nos anos 60-70.The Last Shadow Puppets,así é como se chaman recordan ó Bowie da época de finais dos 60 pricipios dos 70(David Bowie,Space Oddity,Hunky Dory,The Man who sold the world,Ziggy Stardust,...)coa versión,moi lograda, de "In the heat of the morning" .Anque o verdaderiro protagonismo o teñen as suas cancións que fan pensar que estes rapaces levan toda a vida facendo esto.
Aquí vos deixo o video do tema "The Meeting Place"


Aquí tedes o link que atopei pola rede no que o podedes baixar.

No hay comentarios: