A música ao vivo parece que vive un dos seus mellores momentos,eso é innegable.Só basta con moverse por calquera dos festivais que se celebran ó longo do ano para dárse conta deso.
Anque por outra banda grandes "venues" están desaparecendo por diversos motivos.Normativas municipais , reestructuracións urbanísticas , ...
A este respecto vou lembrarme de dous lugares moi míticos da escena tanto madrileña como londinense.Estou a falar de Sala La Riviera e do London Astoria Theatre.
Por sorte , o caso da Riviera é menos grave xa que é algo temporal,anque máis alargado do esperado,xa que é un problema de licencias , e todo esto agravado cos sucesos relacionados co abuso de autoridade e de forza dos servicios privados de seguridade que contratan este tipo de locais.
Problema sen solución é o que sucedeu esta fin de semana co mitiquísimo London Astoria Theatre.Situado no Soho londinense,este cine ,convertido en teatro e posteriormente en sala de concertos foi testigo dende mediados dos anos setenta de do bo facer de bandas que hoxe son lendas ,e de outras que están comezando a ser.A causa do derribo desta "venue" é a construcción dunha nova estación de metro que cruzará a cidade de Leste a Oeste polo centro.
A pesar de que houbo protestas e manifestacións para a conserva deste teatro , non se deu conseguido nada.Tan só dárlle unha despedida esta semana pasada cun concerto no que colaboraron moitos artistas.
Nesta foto que saquei en Setembro de 2006 anunciábase o concerto de Porcupine Tree,a banda inglesa de rock progresivo.
Para renderlle unha pequena homenaxe á esta sala-teatro , aquí vos deixo un video de Radiohead no 94 que posteriormente se editou en DVD co nome de : Radiohead - The Astoria London Live
No hay comentarios:
Publicar un comentario