O primeiro de todo é desexarvos un ano novo con moitas cousas boas na vosa vida .
Xa van dous meses e algo máis dende que escribín o último post.Evidentemente foron dous meses cheos de eventos (Nadal,ponte de Decembro,...) ,os cales darían para moitos temas a falar.Anque para estrear este novo ano vou falar de algo que me está a deixar estupefacto.Pensaredes todos que estou a falar do xenocidio palestino,pero non.Non o fago porque é algo moi serio que me crispa demasiado.Falo desa campaña atea e cristiana que está a encher de carteis os autobuses de varias cidades de España.
Dende unha perspectiva imparcial podería dicir que é un acto de libre expresión por parte tanto de asociacións ateas como de asociacións cristiás,pero como este é o meu blog e digo o que a mín me dá a gana ...pois eso.
Anque o políticamente correcto sería dicir que cada un é libre de pensar e crer o que lle veña en gana,que por outra banda é algo co que estou absolutamente dacordo, hai certas manifestacións ,neste caso relixiosas, cun certo carácter de dogma que non me gustan nada.Vendo que a campaña atea utiliza o "probablemente" no seu slogan non afirma nada de maneira categórica paréceme ata sano:"Probablemente dios no existe.Deja de preocuparte y disfruta de la vida."
Pero o que non me gusta nada,por non dicir que detesto ata a saciedade , é o slogan cristiano afirmando categóricamente e sen nada que respalde tal afirmación:"Dios si Existe.Disfruta de la vida de Cristo" . Pero,¿ de que vamos?¿Cál é a base de tal afirmación? Que veña un cristiano deses a xunto miña e me explique:Primeiro ,como se pode ser tan ignorante da vida para afirmar algo que ,por moito que utilicen a fé como excusa, non saben .E segundo,¿que disfrute a vida de Cristo?Señores cristiáns,ás veces dudo se saben que Jesus de Narazet era un axitador de masas e un revolucionario idealista.Ademáis co extremismo que demostran vostedes moitas veces,estou seguro que se vivisen nesa época na que Jesus de Nazaret viviu seguro que a un personaxe coma él o lapidaban por blasfemo ou algo así.
Ademáis , e xa lles digo de antemán , non me utilicen o argumento do libre albedrío para lavarlle as mans a ese deus bondadoso que tanto adoran ante cousas como estas:
Conclusión:Vivide e deixade vivir.
2 comentarios:
New Year´s resolutions!
Volta o Josiño mais Ácido, polémico e directo. Afeitache´la língoa rapás...
A miña opinión??...Cada un que faga o que queira....eu xa non digo nada...
Apertas
I EU TAMPOUCO...
CARPE DIEM...
EVA
BENVIDO JOSI . ALEDOME .
( teñoche a tarxeta , xa o sei.... )
Publicar un comentario