jueves, 24 de julio de 2008

Sneakers' Power



Non sei se foi a TV , Beckham , ou "El Canto del Loco" , pero dunha temporada para aquí levouse a cabo un roubo estético,e case cultural (ás veces é que me poño moi dramático) , á clase media .
Refírome ás archicoñecidas Converse All Star , que se convertiron no calzado oficial de pijos,punkis,roqueiros,grunges , casual,... en resumo a un amplo rango de tribus urbás .
Estas zapatillas ,ou sneakers , usadas como zapatillas de deportes,de baloncesto concreta-mente, cambiaron o seu rol fai relativamente pouco tempo(pouco máis dun lustro).Dende a época de Larry Bird nos Celtics de Boston ata a portada de El Canto del Loco pasaron case 30 anos.
Pero,¿de quén é a culpa disto? .Porque ,sexamos realistas,era unha zapatilla que pertencía á clase media .Os que rondamos máis pola terceira década de vida que polo cuarto de século podemos lembrar que nos oitentas ,sendo nenos,todos levabamos unhas , xa podían ser as "All Star" , as "Victoria" , as "Happy Luck" ou as "La Cadena"-que viñan a ser o mesmo.Pero a finas dos noventa ou comezos dos 2000's diversas tribus urbás comezaron a rescatalas por aquelo de ,ou ben respetar o ciclo das cousas que van e volven á moda como os pantalóns pitillo,ou toda a corrente "retro" que se está a vivir , ou pola contra facerse os interesantes rescatando algo supostamente olvidado para ser diferente.
O caso é que hoxe por hoxe xa quedou desvirtuada calquera motivación pola que se poida poñer estas zapatillas(que a quén lle gusten que as siga poñendo,esto é só unha opinion) xa que chegouse a tal extremo que unhas zapatillas que orixinariamente foron creadas para o deporte ,ou para poñer con roupa deportiva , agora resulta que como mellor quedan é cuns jeans e non cun chandal de toda a vida porque "no pega".
Algo parecido sucedeu ,anque non con tanta pegada, coas Vans .Unha zapatilla que case era de uso exclusivo no sector "skater" ,tamén duns anos para aquí estendéronse ,non con tanto descaro,pero estendéronse.O modelo máis visto nos últimos anos foi o modelo "Charlie de Lost" , ou o que é o mesmo a de cadros blancos e negros a modo de taboeiro de xadrez.Teño que dicir que eu piquei , duas veces , nesta marca.Unhas coa liña clásica anque co estampado en plan cadro escocés con tons verdes e marróns e outras tamén co cadro escocés en tons amarelos , brancos e negros con tres tiras de belcro(caralludas) .
De todas maneiras o que a min me chama a atención é o tema All Star ,porque ademáis de esa masificación que sufriron hai outra cousa que esquecemos moitas veces ,que é o prezo.Pensemos que se esta a pagar entre 50-60 € por unhas zapatillas de loneta cunha sola de goma.
Por tanto,para todos aqueles que crían que cunhas all star se ía en plan contracorrente por levalas dunha cor en concreto ou con algunha alaxa adherida , están equivocados xa que son unha víctima máis da moda*.


*Podería mencionar moita xente,pero non o fago porque non vén a nada , que fai un tempo non as levaría porque non sería propia dela pero como están de moda as leva como se as usara de toda a vida.

**Por outra banda,esto son cousas miñas que despois se quedan en nada cando un pensa friamente e se dí a sí mesmo:"Cada un que leve o que lle apeteza que total estamos aquí de prestado.Xa suficiente temos con estar vivos-como diría o meu gran amigo F.F.C.G."

Nos próximos días falarei nunha segunda entrega deste post de algo que estou a puntiño de estrear.

8 comentarios:

David Intramuros dijo...

En tu lista de plagios/equivalentes se te olvidó uno importante: Las John Smith, que yo tuve unos cuantos pares (¿Que sería de esa marca?)

En fin, quien quiera ser estafado, tanto en dinero como en supuesta exclusividad ya sabe que calzado comprar.

En cuanto a gustos personales, yo me decanto por las Vans clásicas de cordón y las Puma Clyde (y variantes). Y por cierto... muerte a Nike (todos sus modelos son feísimos)

citizenerased dijo...

Eu compreime unhas John Smith roxas a modo de All Star e pódoche dicir que son máis abrigosas(non sei se existe esta palabra)que as All Star.
E en canto a gustos persoais quédome coas Adidas Country.
A ver que tal me saen as Kawasaki.Xa contarei nun futuro post

Anónimo dijo...

CANTA RAZON JOSI¡¡¡ XA falamos o outro dia disto , pero é o que dis ti , eu tiñaas de pequena en azul , e non me gostaban nada de nada , miña nai faciamas por e eran unha merda.... , e coma min de seguro pasaballes a moitos , pero como estan de moda POS ESQUECEMOS ATA OS NOSOS GUSTOS , eu non , que non teño ningunha ALL STAR , pero todo se perde ata o gusto propio , TODO VEN IMPOSTO...., EN fin... todo esta falado ....

saudos . NA MESA DO MANDIL

citizenerased dijo...

e xa non falemos das que se están agora a poñer de moda,que son estas que había de La Cadena,que eran lisas cos buratiños do cordón e pouco máis,que sempre foron máis feas que dios.Pois agora resulta que a peña as está volvendo a poñer,nunha especie de competición a ver quén é máis retro.E pregúntome eu,¿Por qué deixaron de poñelas e agora volven?¿Por qué non seguiron usandoas durante esa temporada que non estaban de moda?putos "Fashion Victims" .
Anque ,e por último , non falemos tampouco desa moda que houbo fai un par de anos na que a xente era capaz de poñer cuns pantalóns vaqueros e unhas sandalias destas de río,si si,daquelas que lle metes o plastico polo medio dos dedo gordo.Hai que ser realmente CATETOS.O que merecían era que nun pub,ou bar dos viños lles déran un bo pisotón para que aprenderan que cada cousa ten un uso e unhas sandalias son unhas sandalias e son para o que son.

PD:A modo de autocrítica hai que dicir que todos,sen ningunha excepción,e digo TODOS ,nalgún aspecto somos iguais.

Anónimo dijo...

SOmos parecidos , TODOS , PORQUE as modas veñen e arrastran ata o punto de xa non ter gusto propio , senon o que mais se poña ou o que leve mais xente , inda asi , as putas VICTORIA , son horribles e o peor e que se levan con camisa e todo .... , iso non se entende joer¡¡¡ , eu por ahi non vou eh¡¡¡ , menuda vergoña me da ver como se perde todo , as ideas , a cultura , ata nos fan cambiar o noso tempo de lecer..... Pero tirando no noso saibo refraneiro ... PA ONDE VAS TOLO.. PA ONDE VAN TODOS ... . A min que me desenchufen...........

FIZ dijo...

Moi bó artigo JOSI....
Por certo....EU nunca tiven unhas all star nin nengún tipo de pisacacas dese estilo--....(Creo..)

Dende fai anos que me decanto por botas de montaña "tous le temps" (ou sexa fagha frio ou calore) de gore tex. Recomendo as chiruca. Good value.
E para andar por casa..."cholas" modelo baranasi.

P.D..¿Lembraste das reebok que tiña meu irmao traidas por meus vellos de EEUU aló por finais dos 80..??Gran anécdota.Queda poutro día.
BICOS

citizenerased dijo...

Good to see you, fiz.
A min no outono ,inverno e primavera tamén me gusta moito usar as botiñas de gore tex , pero nesta época do ano prefiro tela que traspira mellor o pe.
Por certo fiz,parabéns polos 30.

Anónimo dijo...

tou dacordo con Fiz, inda que agora hai de gore-tex modelo AKU , italiana , qe son mais lixeiras que as chiruca , epara min sentan mellor no pe , non mancan .. que algunhas chiruca si¡ saudos