A este(s) último(s) xa o(s) vira e a verdade é que é un directo máis que recomendable tanto pola calidade musical como pola posta en escena.Anque a grande sorpresa foi ,tanto The Sunday Drivers coma Vetusta Morla.Os primeiros cun directo impecable con un toque californiano
deixáronme un moi bo sabor de boca xa que ademáis de ser os primeiros grandes dese día tiñan o beneplácito do público que dende o principio recibiunos moi calurosamente.Para mín , de todas maneiras , "o concerto" desa noite foi o dos madrileños Vetusta Morla , que co seu rock a cabalo entre OK Computer e Amnesiac de Radiohead,pero en español , deixáronme abraiado por dous motivos.O primeiro, que cun disco autoproducido con menos de 5 meses de vida consigan o apoio do público tendo un apoio,vaia a redundancia, mediático nulo xa é bastante e que por enriba saian tan airosos paréceme acojonante.Despois desto só podo dicir bravo rapaces!!!Unha semana despois íamos ir ó festival de Noia ,o MARDEFONDO , no que ademáis de Deluxe e Vetusta Morla estaba o que no San Roque tocará en Melide , Ivan Ferreiro presentando o seu último traballo "Mentiroso Mentiroso".Pero por un malentendido,pola miña parte, nos horarios non poidemos asistir.Mellor olvidalo...
Pero o que son as cousas,o feito de non ir a Noia propiciou o feito de asistir ó triple concerto que Miguel nos ofrecía na Sala 600.Noite de Punk-Rock en toda regla.Cos grupos do Deza :Skarmento e Ultima Sakudida a veada tomou forma co concerto esperado,Alterazión del Orden , a nova banda formada en Melide alá polo 2007 coa incorporación na voz de Rubén(TNT , Porka Miseria) .
Hai que dicir que os ollos estaban postos en Rubio,e con creces deixou o pavillon ben alto.
Outros acontecementos importantes foi o concerto de Marcos Teira de Flamenco fusión que a verdade foi unha delicia de concerto.Coma sempre o público fallou.non eramos máis de 50 persoas alí no parque.
Por agora non hai moito máis que comentar , pola miña parte ,claro.Para calendario cultural está o blog de riki.Saúdos Riki.
1 comentario:
PARABENS RUBIO,....
Tremendo artista que por fin nos amosa TODO o que leva dentro..
Publicar un comentario