martes, 15 de enero de 2008

Six Feet Under:Drama de calidade


Grande serie ésta.Rematada en 2005,tras cinco temporadas,a serie aquí coñecida como "A Dos Metros Bajo Tiera",foi a que ocupou o meu tempo de ocio multimedia durante este Nadal.A verdade é que xa facía anos que tiña ganas de atacarlle,máis concretamente dende que foi emitida pola segunda cadea de TVE xunto con outra serie que non lle chegaba a ésta nin á altura do betún.Estou a falar de "Las Chicas Gilmore"(vodrio).
Bueno,básicamente, "Six Feet Under" é unha serie de drama con tintes de humor(ás veces bastante ácido).Tócanse temas moi ligados ó día a día ,pero tratados algúns cunha naturalidade fóra do común,e outros cun dramatismo que non deixa indiferente a ninguén.Evidentemente,o princiàl tema no que se basea a serie é a morte en tódalas(ou case todas) súas variantes.Anque tamén está moi presente a homosexualidade,as drogas,as relacións persoais ,a familia e o sentimento de alienación social.
Dende un principio a serie presentouse cunha estructura case fixa de cada capítulo,xa que ó principio déste vése a morte de alguén e a súa correspondente esquela.Na gran maioría das veces o falecido soe ser "cliente" da empresa funeraria que rexentan os protagonistas.
O capítulo piloto comeza coa morte de Nathaniel Fisher ,o pai e marido dos protagonistas,nun accidente de tráfico mentres que vai buscar ó seu fillo(Nate) ó aeroporto.Ó longo da serie é un personaxe máis.E non a modo de flashbacks senón que participa e conversa nos pensamentos dos protagonistas(non en plan aparición, máis ben como fantasía que o propio personaxe recoñece como tal).
Ó longo das cinco temporadas imos vendo a evolución da familia Fisher, con moita coherencia dentro da serie, todo hai que dicilo.É moi agradable ver unha serie na que aparecen personaxes e desaparecen porque a historia así o require,e non porque os actores non poidan seguir por "X" motivo.
Ó ser unha serie actual,todo o relacionado coa música na serie é,na miña opinión,xenial.Bandas como The Killers , The Arcade Fire(éstes moi oportunos cando sacaron o "Funeral"-primeiro álbum),Interpol,Death Cab For Cutie,Coldplay ou Radiohead respaldan o eido musical da serie.
No tocante ó "casting" désta,destaco o papel de Peter Krause(Nate ou Nathaniel Samuel Fisher Jr.)que *leva parte do peso da historia,o de Michael C. Hall (David Fisher) que xa é coñecido por nós como "Dexter",o de Rachel Griffiths(Brenda Chenowith) e como non,o agradable descubremento de Lauren Ambrose (Claire Simone Fisher),unha pelirroxa con cara de zumbada que co paso das temporadas enamora cada vez máis.
Antes de que se me olvide,lémbrovos que esta serie foi feita para o canal privado HBO**,que destila un producto dunha calidade undubidable ,que previamente xa quedara demostrado con "Carnivàle".
*É unha serie coral,anque Nate marca un pelín máis que os outros personaxes as pautas do argumento.
**Parafraseando a David(intramuros) : "HBO = CALIDADE"
Como curiosidade,dicir que a serie foi considerada pola crítica(todo é subxectivo)como a mellor serie de drama da historia,e o seu último capítulo o mellor final de serie.A mín deixoume bastante marcado,teño que dicilo.

Polo tanto,fágovos dende aquí unha recomendación máis que insistente da descarga e o visionado da serie porque non vai deixar a ninguén indiferente.


***COMO REGALIÑO,AÍ VOS DEIXO OS DOUS CD'S QUE RECOLLEN PARTE DA MÚSICA DA SERIE***


SIX FEET UNDER - OST (2002)


SIX FEET UNDER-EVERYTHING ENDS(2005)



A pesar de estar doblada en italiano,esta é unha das escenas máis simbólicas da serie(para mín),na que a familia Fisher decide queimar as pertenencias que lles sobran despois dunha "car boot sale",que son eses mercadillo que se fan no exterior da casa de cada un vendendo calquera cousa que lles sobra(moi típico en Iglaterra e EEUU):


4 comentarios:

Kiko Nuñez dijo...

Coincido con tigo querido amigo, yo aun no he visto esa parte de la serie pero sin duda gracias a los artitas que ponen la banda sonora la escena es brutal.

.Gracias por tus post son de mi total agrado saludos.

citizenerased dijo...

Sí , a verdade é que a música que soa ó longo da serie está moi ben.Máis concretamente con esta escena,porque entre que estou nun momento moi radiohead , e este capítulo está nunha das fases máis intensas da serie.Non sei a escena en cuestión paréceme moi simbólica(igual é unha flipadura miña...).
E recoméndoche que acabes de ver esta serie porque paga moito a pena.
Veña,un saúdo.

Jero Piñeiro dijo...

Totalmente dacordo con tódalas túas apreciacións. Esta é unha das grandes series de televisión de tódolos tempos, e probablemente a miña preferida xunto con "Lost".

Por se che interesa, escribín un comentario no meu blog fai uns meses, cando rematei de vela:
http://elabismotedevuelvelamirada.blogspot.com/2007/11/six-feet-under-dos-metros-bajo-tierra.html

Esa escena con "Lucky" de fondo paréceme unha das mellores da serie, cunha forza brutal (e ademais fixo desa canción a miña favorita absoluta do "OK Computer", destronando a "Karma Police"). Tamén gustoume moito o momento da 5a temporada en que nunha festa escóitase o "Rebellion (Lies)" de Arcade Fire. Quizais porque tan só uns días antes escoitara esa mesma canción nunha festa de verdade en casa duns amigos, e iso fíxome sentir que o mundo de "Six feet under" era tan real coma o noso mesmo...

O caso é que nesta serie todo está coidadísimo, desde a selección musical ata o contexto sociopolítico... Moi grande, sen dúbida.

citizenerased dijo...

Estou dacordo contigo ó 100%.Ademais agora metíchesme gana de ver a de Californication.Nin sequera sabía que estaba Mulder.Por certo,bo blog.Conta con algún comentario.Bña.