críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
miércoles, 23 de enero de 2008
"Fin de Semana Eléctrico",o pequeno cómese ó grande
Tras máis dunha década en activo,éste ano un dos festivais máis míticos do panorama español (FESTIMAD) mérmase,xa que outros con mellor oferta e un historial menos irregular(1ª Edición),cómenlle o terreo,e digo esto de maneira case literal.
Así aparece o "Electric Weekend",outra cita festivaleira máis no amplo catálogo de eventos musicais que oferta Madrid ó longo deste ano.Como cabezas de cartel,e ó mesmo tempo coma cebo, traen a Metallica , que a pesar de que levan máis de 10 facendo discos non merecedores da fama que teñen seguen xuntando a miles de seguedores entre os que nalgún momento me incluín eu tamén, e a Rage Against The Machine , a banda do señor Tom Morello e Zack de La Rocha.Ésta última,anque é máis xove que Metallica,está creando unha grande espectación xa que levaban case 7 anos sen tocar xuntos(dende o 2000 concretamente).Ata que o Coachella Festival lles propuxo unificarse de novo e as non boas relacións entre Chris Cornell e o resto de Audioslave(músicos de R.A.T.M.)a banda non decidiu tirar cara adiante coa unificación.
Esto significa que na zona SUR de Madrid haberá dous feistivais de primeira liña na mesma fin de semana, en emplazamentos bastante cercanos,e probablemente do mesmo estilo(ou parecido).Anque ,sexamos realistas,coa mala reputación que colleu o Festimad nos últimos anos,hai moitas posibilidades de que este novo evento lle colla o testigo.
O malo desto,é que poñen uns prezos de saída bastante desorbitados,xa que 110€ por un festival de 2 días do que só se coñecen duas bandas é algo abusivo.Ademáis utilizarán o método consistente en aumentar o prezo a medida que se achegue a data do festival coa intención de vender o máximo posible antes de saír á luz outras bandas que non serán tanto de gusto xeral.Xa se veu o ano pasado en festimad como intentaron vender o máximo de tickets tendo só a certeza de que viña Pearl Jam,prometendo moito máis do que realmente foi(fonte:o sr. xak).
Polo tanto este ano Madrid vai ser un fervedeiro de festivais.Non só a celebración do "ElectricWeekend "(realmente non sei a que vén poñerlle nome en inglés a un festival madrileño),ou do Festimad son o prato forte do rock en Madrid,senón que xa saberedes que se vai a celebrar o Rock in Río,o Summercase e algún máis que se me escapa.
Está claro que os festivais multiplicáronse en número na última década,pero¿non credes que é excesiva a cantidade de eventos que hai?Moitos diredes que non porque así teremos máis oportunidades de ver a máis grupos.Pero,por outra banda,¿non estamos sempre dicindo que os concertos nos festivais perden gracia? xa sexa por duración,ou porque o espectáculo non ten a mesma forza,...xa me entendedes.
Eu son máis partidario de ,en vez de gastar 110-120€ nunha entrada para ver a Metallica e a R.A.T.M.,prefiro pagar 50-60€ por un concerto déles sós.Son consiente de que é moito máis complicado.Pero seguro que vos tedes visto no caso de ver ó mesmo grupo en festival ou en concerto deles sós e dárvos conta de que non ten comparación.A nivel nacional pasoume con Habeas Corpus,xa que despois de velos na Sala Nasa nun concerto promocionando o disco "Otra Vuelta de Tuerca",decepcionaronme moito ó velos nun festival en Culleredo.A nivel internacional pasoume con MUSE,que a pesar de que cando os vín en festival deixáronme abraiado,soupome a pouco xa que nondurou o que debera,en comparación a cando os fomos a ver a eles sós ,tanto en Donosti coma en Madrid.
O caso é que ,personalmente,opino que un festival pode ser moi atractivo polo cartel e tal,pero o producto que oferta é de peor calidade.
Acábome de dár conta de que rematei falando de algo moito máis xeral do que tiña pensado.Éche o que hai.
¿Vos que opinades?Festivais ¿SI ou NON?
De todas maneiras por non faltar á case tradición,aquí vos deixo un video dos R.A.T.M. no Festimad 96 tocando o temazo "Bullet in the Head"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
De cara ó escenario un concerto sempre é mellor que un festival, e de cara o público... pois depende moito.
Pero o realmente patético dos festivais e todo o rollo represivo/empresarial; e dicir, despois de pagar 110$ (por exemplo) ter que aguantar cacheos, levar unha pulsera de colorines (tipo ganado), pagar un auga a precio de cubata (e un cubata a precio de...) e demáis tratos vexatorios. Pois eso quítalle a gracia a calquera cousa.
E os 110$ págalos co único coñecemento de que teñen a intención de levar a Metallica e a R.A.T.M (porque se o final non van ponte a pelear para que che volvan os cartos).
Publicar un comentario