martes, 2 de octubre de 2007

Serj Tankian:Elect the Dead


Despois dun par de anos sen saír á palestra o vocalista de System of a Down,e compositor Serj Tankian saca o seu primeiro álbum en solitario recuperando os sonidos mais roqueiros.Elect the Dead,que así é como se fai chamar comeza presentándose con The unthinking Majority e Empty Walls,uns temas claramente con contido politico-social que ós que escoitamos S.O.A.D. dende xa fai uns aniños xa non nos extraña.
O disco ten prevista a súa saída ó mercado a finais deste mes e como presentación,como dixen arriba deixanos esta xoia que xa quedou gravada nas miñas retinas por moito tempo.Estou a falar do video de Empty Walls, unha visión dos conflictos bélicos por parte dos USA moi particlar , cun punto de partida moi recurrente ,anque non por eso menos veraz.Por agora só hai dous videos deste traballo,que está producido e composto por él mesmo.Incluso hai que dicir que a composición e toda a gravación de tódolos instrumentos están a cargo dél.¿Pode ser que lle sentara ben o parón indefinido de System of a Down?Quizais,...está claro que S.O.A.D. é S.O.A.D. ,anque esto promete moito.Mañá xa vos colgarei os scans da entrevista que lle fan en Rockzone.
Agora,aquí vos deixo os vídeos:
The Unthinking Majority
Serj Tankian - The Unthinking Majority

Añadir a mi perfil | Más Videos

Empty Walls.Este podédelo baixar pinchando AQUÍ
Serj Tankian - Empty Walls

Añadir a mi perfil | Más Videos

En breve teredes o disco aquí á vosa disposición

4 comentarios:

FIZ dijo...

Moito SeRJ Tankian,,,,,,Si señor...

Me gusta ...Me gusta....

PEro bueno...Nada comparable o Serart........

SAUDOS

citizenerased dijo...

Joder meu ,...é que son cousas diferentes.Serart é un proxecto bilateral,mentres que esto é SERJ en estado puro.

airen dijo...

O primeiro: grazas pola túa información...agradécese moito, pola miña parte, sobre todo, no relativo a S.O.A.D. e neste caso de serj tankian. E o segundo, mais non menos importante, que ainda ke non escriba no teu blog, veño por akí a miudo e paréceme moi bo este recuncho. graciñas. son Irene (a moza de José).

citizenerased dijo...

xa sei quen eres,estou ó tanto da tua evolución como galegofalante.E eu tamen anque non escriba tamén visito tanto o teu blog como o sempre curioso Josenoda.Un saúdo...