críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
lunes, 3 de septiembre de 2007
Ó final sucumbín ós encantos do ¿verán?
Despois de un mes de Agosto pouco soleado (realmente foi unha merda de mes de Agosto) e cheo de festas , fútbol (7) , camiñantes con sombreiro , panfletos denigrantes , e máis cousas que se me escapan (ou que calo) hoxe cheguei á conclusión de que acabei sucumbindo ós "praceres" destas datas.Entre eses praceres está o deixar un pouco de lado as labores blogueiras.
Xa facía días que tiña ganas de escribir algo,pero non se me ocorría nada.Ata que onte ó chegar da Coruña de ver a exposición que na Fundación Caixagalicia de dita cidade se facía a cerca do Lord of the Rings decidín facer uns scans algo simpáticos.
O tema é que esta exposición está dividida en dúas sedes,a de Santiago de Compostela e a da Coruña.Despois de ver as dúas cheguei(chegamos ,máis ben) a unha conclusión:A principal é a de Coruña,e a de Santiago é unha especie de exposición das sobras da outra,tendo como único aliciente unhas maquetas nas que basearon os movementos e expresións faciais do Gollum.Ademáis de que as sedes desta fundación son sobradamente diferentes(a de Coruña ten máis plantas e é un edificio bastante máis moderno) a exposición de Coruña ten varias cousas que son dignas de salientar.A primeira é a representación (moi fiel) en látex do corpo sen vida de Boromir tumbado na canoa.Realmente impresiona a calidade da réplica,xa que aínda mirando de cerca parece realmente un corpo descasando en paz.Outra das cousas,xa como curiosidade máis que como punto importante dentro da exposición, é a posibilidade de facervos unhas fotos utilizando o método que Peter Jackson usou para conseguir que os hobbits parecesen máis pequenos respetando as proporcións dos actores.
O longo de dúas salas máis podíase ver maquetas que foron usadas nas rodaxes e vestimentas que os actores usaron.Algunhas das vestimentas incluso daban o mesmo "mal rollo" que nas películas ,por exemplo os Nazgul ,que a pesares de non ter cara desprendías malas vibracións.
Todo esto estaba rodeado de pantallas nas que se podían ver documentais subtitulados sobre como se facías certas cousas(eran os extras que traen os DVD's das versións estendidas).
Como "star item" estaban,curiosamente na última sala, a armadura de Sauron, a Torre onde estaba o "All Seen Eye" e como non o Anel.Este último sen a inscrición en élfico.Algún dos que me acompañaba suxeriu dárlle cun mechero para facer surxir dita inscrición.
Polo tanto,é unha exposición moi recomendable xa que para calquera friki,e non tan friki ,do tema é unha oportunindade que se nos brinda .Pensade que é única no mundo xa que tan só foi exposta en Santiago de Compostela e en Wellington(New Zealand).
Remata o 16 de Setembro,e se colledes entradas para as dúas exposición saevos máis barata,xa que unha soa sala son 2 € e as dúas 3€ .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¿Por dónde queda la sede de Santiago?
De todas formas, tal y como pones esa parte de la expo, no la iré a ver ex profeso, solo si me coincide de pasar por allí.
La verdad es que lo visto en Coruña es impresionante. A pesar de todos los trucajes e infografía de la película, las armaduras y trajes pintan mejor "en vivo" que en la pantalla.
Por cierto, después de ir a la exposición, visioné fragmentos de los DVDs de la trilogía y me di cuenta de que, por culpa de los filtros de color utilizados para "mejorar" la iluminación, las películas se están quedando un poco anticuadas, pues cualquier "Grande s Relatos" de Telecinco usa el mismo truco y es inevitable la comparación y consecuente devaluación de la obra magna de Peter Jackson
dios....que osadía a túa...non sei se acabas de menospreciar á obra de Peter Jackson ou acabas de poñer nun nivel superior ós ,creo, xa desaparecidos "Grandes Relatos".
En relación ó que preguntas,creo que a sede está nunha destas ruas paralelas ó Franco.Ou a Rua do Vilar ou a Rua Nova(paralela á rua onde se poñen os postos hippies-que de hippies non teñen un carallo).
DETALLE:Algo que me decepcionou,tanto en santiago coma na coruña,foron os apartados onde podes tocar algunhas cousas(en santiago podes tocar a mesma espada en diferentes materiais, e en Coruña como estaban feitas as camisas de mallas que resultaban ser PVC).
Publicar un comentario