jueves, 26 de abril de 2007

Lost 3x18 D.O.C.


Pois eso,aquí tedes o capi de onte.Fresquito fresquito.Vou poñer diferentes enlaces xa que últimamente hai algúns que non van moi rápido que se diga.De feio a outra parte de freaknosis plantexouse utilizar o arcaico(é coña,cantas cousas nos ten dado o emule) P2P.


Lost 3x18 Megaupload Sharezilla Megaupload 2 Megaupload 3 Megarotic Subtítulos

martes, 24 de abril de 2007

Heroes 1x19 "07 Percent"


Despois de un mes e medio esperando ....por fin temos á nosa disposición o capítulo 19 da primeira temporada de Heroes.Supoño que a partir de agora non haberá que esperar outra temporadiña para ver outro capitulo desta gran serie.Aquí vos deixo os links:

Heroes 1x19 megashares megaupload Subtítulos

jueves, 19 de abril de 2007

Lost 3x17 Catch 22


Por fin,...xa temos á nosa disposición o último capitulo emitido de Lost.Segundo a promos da canle abc é un dos cinco capçitulos impactantes que nos esperan antes da Season Finale,ou sexa,que o último capítulo vai ser a puta caña outra vez.Os subtítulos estarán colgados asap.

Lost 3x17 - Catch 22 Subtítulos

miércoles, 18 de abril de 2007

Ultimo Episodio de Lost


Aquí vos deixo unha curiosidade de Lost.É un episodio de Lost,pero de coña.Está feito polos propios actores de Lost para unha especie de feira tecnolóxica que se fai en Las Vegas.A verdade é que está bastante gracioso.

martes, 17 de abril de 2007

Jericho 1x18 A.K.A.



Aquí tedes o capitulo 1x18 de Jericho cos seus subtítulos aparte.

Jericho 1x18 A.K.A.
Subtítulos


Disfrutádeo.

Heroes en español e en galego



Seguramente o que vou a contarvos agora non é unha novidade,sobretodo para aqueles que leron La Voz de Galicia este domingo pasado.A serie de éxito desta temporada é sen dúbida Heroes(xa que Prison Break é do ano pasado e Lost é de fai dous) ,e anque en españa tan só se está emitindo por algunhas canles autonómicas(Telemadrid), agora está empezando a estenderse máis,de feito a TVG xa firmou a súa compra para ser emitida a partires de Xuño(cando xa esteña rematada a súa primeira temporada en USA).Para mín vai ser unha cousa moi rara o feito de ver a Peter Petrelli,a Claire Bennet,a Sylar e como non a Hiro Nakamura(que crack) falando en galego,anque ó mesmo tempo vaime facer moita.

Para eses cómodos que non queren esperar 3 meses para vela en galego,e non teñen o interese suficiente para vela en inglés subtitulado,aquí lles deixo os links do que se leva emitido en español nas canles que a emiten.

Heroes 1x01 - Génesis
Heroes 1x02 - No Mires Atrás
Heroes 1x03 - Un Gran Salto
Heroes 1x04 - Colisión
Heroes 1x05 - Hiros
Heroes 1x06 - Nuestro Lado Bueno
Heroes 1x07 - Nada que Ocultar
Heroes 1x08 - Siete Minutos para la Medianoche
Heroes 1x09 - Homecoming
Heroes 1x10 - Seis Meses Antes
Heroes 1x11 - La Bomba Humana
Heroes 1x12 - Un Don Divino

Se aguén aínda non escoitou falar dela ou non a poido ver,que a descargue XA

Volve Nick Cave sen as Bad Seeds


Despois de varios anos sen publicar nada,o australiano afincado en Londres,aparece de novo con novos temas.Esta vez non ven acompañado pola súa banda habitual The Bad Seeds,senón que nos sorprende cunha formación máis reducida(4 membros,él incluído) anque non por eso máis convencional.
Nesta ocasión a súa misica ven cunha actitude un pouco máis salvaxe e rockeira recordando ós seus inicios máis "punk",sen deixar de dárlle o seu toque tan persoal,na súa primeira banda chamada The Birthday Party.Mostra delo é o tema co que abre o disco,"Get it On",que é unha voa tarxeta de presentación para desmarcarse,pero non totalmente,do que facía ata agora cos The Bad Seeds.Anque o seu estilo cantando é inconfundible,a transgresión neste álbum ven dáda pola instrumentación,xa que é moito máis dura e sucia.
Anque para mín o primeiro corte do disco sería ideal para presentalo,eles elixiron o segundo ,"No Pussy Blues".



A pesar de que hai un cambio palpable(pero non tanto)na dirección que toma este ARTISTA,grandes discos como The Lyre of Orpheus/Abbatoir Blues nos que nos amosou xoias coma "Breathless", ou Murder Ballads no que nos cantaba temas como "Henry Lee" coa sempre interesante PJ Harvey ou "Stargger Lee",seguen estando na nosa memoria como grandes clásicos.

Por todo esto,vos recomendo que lle fagades alomenos unha escoita porque de seguro que non vos vai a deixar indiferentes.Levo varios días sen parar de escoitalo e pareceme un moi bo disco.


*Anque agora non vai acompañado da big band,creo que é obrigatorio recordar como son os concertos de Nick Cave & The Bad Seeds.Aquí tedes o corte #1 do disco Abbatoir Blues(disco dous de The Lyre of Orpheus /Abbatoir Blues-...non son dous discos diferentes)