martes, 17 de abril de 2007

Volve Nick Cave sen as Bad Seeds


Despois de varios anos sen publicar nada,o australiano afincado en Londres,aparece de novo con novos temas.Esta vez non ven acompañado pola súa banda habitual The Bad Seeds,senón que nos sorprende cunha formación máis reducida(4 membros,él incluído) anque non por eso máis convencional.
Nesta ocasión a súa misica ven cunha actitude un pouco máis salvaxe e rockeira recordando ós seus inicios máis "punk",sen deixar de dárlle o seu toque tan persoal,na súa primeira banda chamada The Birthday Party.Mostra delo é o tema co que abre o disco,"Get it On",que é unha voa tarxeta de presentación para desmarcarse,pero non totalmente,do que facía ata agora cos The Bad Seeds.Anque o seu estilo cantando é inconfundible,a transgresión neste álbum ven dáda pola instrumentación,xa que é moito máis dura e sucia.
Anque para mín o primeiro corte do disco sería ideal para presentalo,eles elixiron o segundo ,"No Pussy Blues".



A pesar de que hai un cambio palpable(pero non tanto)na dirección que toma este ARTISTA,grandes discos como The Lyre of Orpheus/Abbatoir Blues nos que nos amosou xoias coma "Breathless", ou Murder Ballads no que nos cantaba temas como "Henry Lee" coa sempre interesante PJ Harvey ou "Stargger Lee",seguen estando na nosa memoria como grandes clásicos.

Por todo esto,vos recomendo que lle fagades alomenos unha escoita porque de seguro que non vos vai a deixar indiferentes.Levo varios días sen parar de escoitalo e pareceme un moi bo disco.


*Anque agora non vai acompañado da big band,creo que é obrigatorio recordar como son os concertos de Nick Cave & The Bad Seeds.Aquí tedes o corte #1 do disco Abbatoir Blues(disco dous de The Lyre of Orpheus /Abbatoir Blues-...non son dous discos diferentes)


No hay comentarios: