lunes, 17 de diciembre de 2007

Dexter


Olvidados ,xa ,os fiascos de Prison Break e Heroes , aquí vos colgo unha serie , que na miña opinión é moi boa.Recomendada polo webmaster de Intramuros,ou sexa David , foi unha serie que me cautivou dende os primeiros capítulos.Baseada nas novelas de Jeff Lindsay , "Darkly Dreaming Dexter" , "Dearly Devoted Dexter" e "Dexter in the Dark" , a serie trata de Dexter,un tipo aparentemente normal que traballa para a policía de Miami como experto en sangue e que actúa nas esceas de crimes onde fai estudios exhaustivos sobre a traxectoria da sangue,orixe,...O que pasa é que eso non é todo,xa que ten unha especie de doble vida onde é un asasino en serie bastante meticuloso cunha serie de motivacións que para él son incuestionables debido a unha especie de "instrucción" que o seu pai lle deu en base a unha sede por matar que o protagonista posúe dende a súa infancia.
Ademáis de que o argumento está moi coidado,máis que nada,e outra vez parafraseo a David, porque ó estar baseado nunha novela CON FINAL ,non vai estar condicionado polos índices de audiencia que teña a serie, tamén ten moitos detalles que fan da serie unha delicia para os sentidos.Digo esto porqué visualmente está moi coidada , a banda sonora é un bo mostrario da musica latina(non ricky martin,chayanne e toda a gama de reaggetón,senón MUSICA LATINA de verdade) e o guión moi traballado,e cheo de voces en off que nos mostran a personalidade de Dexter.
O actor que interpreta a Dexter é Michael C. Hall , o que fai de David Fisher na serie "Six Feet Under"(A dous metros Baixo Terra) , serie que ,por certo, estou vovendo a ver xa que tan só vira varios capítulos.
Como detalle que me fixo moita gracia, foi no primeiro capítulo(creo) é a frase que o protagonista lle día unha das víctimas taladro en man.
-Dexter:"Fixen esto demasiadas veces como para sentir lástima" .....duro,a verdade

E agora como regalo de Nadal ós que visitades o blog cada día,aquí vos deixo a gravación de tema da cabeceira tocado por mín e mezclado en multipista con Adobe Audition:



Capitulos:
Dexter 1x01 - Piloto 1 2 3 4
Dexter 1x02 - Cocodrilo 1 2 3 4
Dexter 1x03 - Desquebrajando a Cherry 1 2 3 4
Dexter 1x04 - Ayadando al Chico 1 2 3 4
Dexter 1x05 - Amor al estilo Americano 1 2 3 4
Dexter 1x06 - Devuelvase al remitente 1 2 3 4

5 comentarios:

David Intramuros dijo...

Te quedó bien la versión. No se si intencionadamente, o por el tipo de instrumentos, o por la textura de la grabación, tiene cierto sabor a blues negro de principios de siglo pasado.

Un dato interesante sobre Dexter: parece que la segunda temporada no está basada en la segunda novela, la historia fue creada ex-profeso para televisión. Más cosas interesantes aquí.

David Intramuros dijo...

Puse mal el enlace (bucle!!!). El verdadero aquí

citizenerased dijo...

Pois a verdade que non tardei máis de 45 minutos para facer a gravación.E incluso hai unha versión con percusión(un yembé co micro dentro) que non queda mal de todo.Eso como contido extra cando colgue a segunda temporada.E mira que era a primeira vez que usaba o Adobe Audition.
Creo que xa atopei o meu pasatempos.Por fin xa non vou usar o mp3 para gravar as miñas cousas.
En relación a Dexter,non sei se te fixaches ,que só algúns capítulos da segunda aparece o de "based on the novel Dearly Devoted Dexter".De feito o de "Dexter in the Dark" non aparece nada no que hai de serie.

FIZ dijo...

1 item remaining.
Imposible escoitar a gravación do tema da cabeceira tocado por ti.
unha magoa..
Quedome coas ganas..

E eso que son dos asíduos..

Aperta

citizenerased dijo...

seguramente che faltará algún controlador ou algo para poder escoitalo.¿que navegador usas? espero que me digas mozilla ,porque IE é unha fucking shit.de todas maneiras xa che deixo o enlace da web para que o poidas escoitar(se queres) .Bña meu apertas.