viernes, 3 de agosto de 2007

Offtopic do verán:Things are changing

Como é de costume, tódolos meses(ou case todos) vaise adicando unha entrada a algo que non ten moito que ver coa tónica habitual do blog.Neste caso ,falarei dunha xestión que nos últimos días levou a cabo o Concello de Melide.Refírome a unha das cousas que moitos estabamos a esperar dende fai moitos anos,o cambio de nome dalgunhas da rúas da nosa vila que seguían ,ata agora, mantendo os nomes que na época escura da dictadura franquista lle déron.A verdade é que tan só sei que o nome da miña rúa , a antiga Evaristo Martín Freire . Agora chamarase Rúa de Alexandre Bóveda.Alégrame moito que sacaran ese nome,xa que non deixan de ser reminiscencias de unha época da cal unha grande maioría(ou non tan grande) se sente avergoñada.Supoño que non será a única que cambiaron,xa que hai outras que son máis dolorosas(General Franco,...esa é que me mata) .
Está claro que era algo que tiña que suceder,xa que se en lugares moito máis vinculados á dictadura coma Ferrol,entre outros, quitaron figuras representativas do franquismo e cambiaron nomes de rúas...por que aquí non?

Para saber quen era Evaristo Martín Freire,deixovos este enlace no que poderedes coñecer a ese "personaxe"(tómese no sentido que se queira).

...Por fín...

3 comentarios:

FIZ dijo...

GRACIAS Josi. Teño que recoñecer que non coñecía a fondo a vida deste Manchego ilustre.
El saber no ocupa lugar.

Saudos Josiri,

FIZ dijo...

Fib....

http://www.youtube.com/watch?v=g8mAqn_yUd8

citizenerased dijo...

xa vira o video....que carallo t erá o backstage para que fale tan ben dél...