miércoles, 6 de junio de 2007

Unha aplicación interesante este Lastfm



Unha vez recuperada a normalidade despois dunhas xornadas post-electorais do máis axitadas,volvemos a falar todolos blogs das nosas cousas.Eu a verdade ,non teño moito tempo para escribir cousas(están os exames á volta da esquina),pero adicando uns momentos á rede de redes dín cunha cousiña ben interesante.Sabía da súa existencia pero nunca me déra por probalo.Estou a falar de LASTFM.Está moi ben.Ti rexístraste e tes a opción de descargar o software de dita aplicación ou ,pola contra podes utilizala dende a páxina web.Cada vez que abres a aplicación,xa sexa vía web ou vía software , pregúntache de que grupo queres escoitar algo,e a partires de aí,aleatoriamente,vaiche "pinchando" temas do mesmo estilo,ou similar , de diferentes bandas.Está moi ben se queres tes música de fondo.A verdade é que che evita facer esas ,ás veces coñazo , listas de reproducción que un fai cando vai estar moito rato diante do monitor.Sei que vou un pouco atrasado en comparación ó que xa se oferta pola rede.Sei que existe Joost e toda a avalancha de ofertas que hai pola rede a cerca da xa existente Tv por Internet.Pero creo que o meu equipo non me dá por agora para disfrutar da maneira máis óptima de ditos servicios.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Cuestións técnicas: fállanche os enlaces con Intramuros e MelideinBlog

Anónimo dijo...

http://paranojazz.blogspot.com/
Cando teñas un momentiño estás invitado.

citizenerased dijo...

É o teu blog?Por fin...Directo ó listado de links

citizenerased dijo...

Por certo , o enlace á de riki si que funciona, e o de david husqvarna non é problema do meu enlace...debe de ser a páxina.

Anónimo dijo...

En mi caso, tengo el link jodido. El dominio paxina.de, propiedad de Marcus, y que acoge mi blog, no aparece listado en los DNS. Supuestamente lo arreglaban a principios de semana, pero sigue igual.

El otro día descubrí que Lastfm tiene una aplicación de lo más chunga: Contrasta lo que tu escuchas con lo del resto de usuarios para medir tu grado "mainstream", o sea, para medir en cifra tu "elitismo musical". Una gilipollez más para ponersela tiesa a los coolhunters.

Anónimo dijo...

Arreglado lo de mi página. Cambia el enlace a "http://intramuros.es". Ahora no funciona via "paxina.de/intramuros"

citizenerased dijo...

Xa está cambiado ese link.
Pois non sabía eso de lastfm.Realmente é unha parida.Pero bueno,o servicio que ofrece é bastante bo,refírome a que fai o que moitas veces nos apetece a todos,anque eu son máis de discos enteiros.

FIZ dijo...

DAvid H.
Xa flipei estes dias que non iba. Xa me imaxinei que sería algunha paranoia disas.
Estás "reparado" desde XA en Liadia.
NON NOS DEIXES.

Aperta a freaknosis

FIZ dijo...

Non dou atopado a revista.
Agotada ou que?

Vémonos Mañán.

citizenerased dijo...

É posible que aínda non saíra.De feito creo que ata o día 13 non sae.Gracias.