domingo, 4 de marzo de 2007

Radiohead_OK Computer(1997)


OK Computer(1997),foi o punto de inflexión da banda de Oxford,Radiohead.Fixo evolucionar o seu rock,por que non...máis convencional, a algo moito máis complexo sen deixar de ter presente a sinxeleza.Ademáis de conectar co seu público(que xa non era pouco) conectou coa crítica máis conservadora facendo que os considerasen o vento de cambio que necesitaba o rock a mediados dos noventa cando todos estabamos acostumados a cousas como "Smells Like Teen Spirit",ou "Daughter".Considerado pola crítica(BBC) coma un dos mellores discos de rock da historia,xunto con Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band dos Beatles,OK Computer abriu as portas a unha nova maneira de concevir o rock.Repleto de xoias como Karma Police,Lucky,No surprises,Paranoid Android,e a grandísima Let Down , este disco serviu de ponte entre o sonido "máis convencional"(sen ser convencional) de Radiohead e os discos máis reflexivos e por que non?,cun punto intimista enfocado cara a electronica menos comercial("Kid A" e "Amnesiac") para acabar nun rock de protesta máis alternativo(moitos dicían que volveran ás súas raíces máis roqueiras- eu non o creo,senón está aí "Sit Down Stand Up").

Como conclusión,hai que dicir que é un disco imprescindible e necesario para coñecer outra cara máis do rock británico.

2 comentarios:

FIZ dijo...

Si señor.!!...Así me gusta...Empezar con bon pé a tua andaina Blogueira. Sen voltas nin repirigochadas. "Así es mi Josi..Xa sabes que do outro lado do "English channel" terás a un asíduo dos teus importunios e consellos musicais.
BICOS
Fiz e Fami-Lia

citizenerased dijo...

Seino...ademáis de ser un asiduo do sitio,tamén espero que colabores activamente na vida deste blog.Opinións ,recomendacións,críticas duras e non tan duras,...You Know what I mean...

Pois eso,...coidarse e dálle un biko ás nenas.