jueves, 3 de febrero de 2011

Melindie Vol.II


Os días 25 e 26 do presente mes celébrase a segunda edición do festival Melindie na Sala 600 de Melide , que trae a bandas que anque non son excesivamente coñecidas xa levan anos de andaina,cousa que é garantía de un saber facer no escenario.
A miña predilección segue a ser a banda luguesa Holywater que estarán a presentar o seu cuarto disco.Anque o resto de bandas tamén teñen un directo destacable.
Igloo , Martynez , Estereotipo ,Misterioso viaje a Holanda e Bellop ,son xunto coa banda luguesa o cartel completo do festival.
As dúas noites serán amenizadas na súa clausura coas sesións dj de Dj Lagartija entre outros.

Detalle a salientar: Os bonos dos dous días traen un desconto do 25% no hoteis colaboradores do evento:Hotel Carlos 96 , Hotel Xaneiro e Pousada Chiquitín.

Aquí vos queda o link á entrevista/miniconcerto acústico de Holywater no programa de Radio 3 "Hoy Empieza Todo" o pasado 17 de Xaneiro.

viernes, 26 de noviembre de 2010

Xtreamer Pro.Gran descoñecido para mín...ata fai opuco.


Ata fai pouco tiña o meu salón equipado de maneira máis que aceptable .Anque facíaseme pouco.Se mesturo eso co meu gusto polos cachibaches electrónicos relacionados co "mundillo multimedia" sae o que saiu.
Imos por partes.
Antes de ter o meu primeiro disco duro Multimedia,o que facía era conectar por HDMI o portátil ó LCD.Non era moi cómodo,pero sí efectivo no que a resultados se refire,xa que eran todos os formatos que o ordenador era capaz de ler na miña pantalla.Pero despois de varios anos así decidín mercar o Screenplay HD Drector de iOmega de 1Tb.A verdade é que respondía moi ben ós formatos clásicos e tamén ós novos contenedores mutimedia,máis concretamente ós videos co códec H264 no contenedor mkv(Matroska).
Respondeu moi ben o tempo que o tiven comigo.Era cómodo,no arrumbaba demasiado,e era bonito.O caso é que descubrín,buscando pola rede algo que fora máis alá.Ademáis de todo o que o Screenplay facía apetecíame probar con algo que interactuara coa rede inhalámbrica e me dera unha calidade visual que o anterior non tivera.
Mirando en foros apareceu o dilema:Popcorn A200 ou Xtreamer Pro?

Anque as prestacións erán prácticamente iguais,decanteime polo Xtreamer Pro por dúas razóns:Primeira,que nos foros falaban un pelín mellor déste,e segunda que estéticamente é máis bonito.
Logo de vender o meu Screenplay HD Director por un bo prezo,recibín o meu Xtreamer.
¿Que me ofrece Xtreamer de diferente?
Ademáis de ter dúas bahías para meterlle dous discos duros de ata 2 Tb cada un,traíame un USB Wifi N(cousa que co Screenplay había que mercar aparte pagando 50€) , e a xoia da coroa,o Movie Jukebox.Está última é unha interfaz moi agradable á vista que o que fai é descargar automáticamente do Imdb as carátulas,sinopses e datos de cada película que teño no disco duro.Ou sexa creame un videoclube persoal.

Despois outra cousa que me agradou foi a presencia de moitos contidos vinculados á internet.Tanto o Youtube,como canais de tv pola rede con contidos en HD,emisoras de Radio...
Todo esto coa posibilidade tanto de actualizarse automáticamente,como de xestionar os arquivos co mando a distancia,é dicir,copiar dun disco duro a outro.
Tamén permite descargar vía torrent contidos directamente ó trebello.
Outra das posibilidades interesantísimas que ten é que se lle activamos o servidor web podemos entrar na web de xtreamer no noso portatil e poder modificar os arquivos dende o sofa sen precisar cables de ningún tipo.

Unha das noviodades que o aparatiño trae é que reproduce imaxes de Bluray,ou sexa que reproduce o HD real.

Creo que se me nota a satisfacción que teño ,non?

sábado, 6 de noviembre de 2010

Biffy Clyro,ou como agradar sempre de sorpresa



Aquí vai unha entradiña sobre música.Rock procedente de Ayrshire(Escocia) , liderado por Simon Neil .Teñen 5 discos de estudio no seu lombo:Blackened Sky(2002) , The Vertigo of Bliss (2003) , Infinity Land (2004) , Puzzle (2007) e Only Revolutions (2009) .
Amín por momentos lémbranme a Incubus,anque fan unha mestura de estilos que me gusta bastante,porque tanto teñen temas tranquiliños en plan acústico ,coma temas de auténtica caña.
Como curiosidade ,hai unha versión de "Killing in the name " de Rage Against the Machine en acústico nun mini concerto na BBC que a verdeda merece a pena vela/escoitala porque realmente é unha versión en toda regla,considerando como versión unha adapatción da mesma.

Teño que dicir que os coñecín no 2007 cando telonearon a Muse na súa primeira actuación no Estadio de Wembley en Londres , e non me interesei demasiado por eles,porque non os vira en directo.Pero dous anos despois volvendo a ver a Muse en Madrid en Novembro de 2009 estiveron abrindo o seu concerto e a verdade nesa ocasión xa ía algo coñecedor do seu material,e non defraudaron.Para nada.Lembro en concreto o tema Glitter and Trauma do seu terceiro album "Infinity Land" que me me pareceu todavía máis bo pola mestura de ritmos bailables con riffs de caña.Durante os meses seguintes foi o comentario entre os asistentes a aquel concerto:"Os Biffy eran unha banda que en directo dábano todo".

Con aquel tan bo sabor de boca ,só quedaba volver a velos para confirmar o vivido.Chegou a OCASIÓN,e por partida doble.Era a hora(por fin) de ver a MUSE onde había que velos.En casa e ó grande.Wembley Stadium,11th September 2010.Pero gratamente,acompañados de The White Lies(grupo sensación en Londres ó londo deste ano) e Biffy Clyro .
The White Lies,nada que sorprenda.Cabe resaltar que o vocalista desafinaba continuamente.Non vou comentar máis desta banda-creo que non a volvín escoitar dende ese día-.
Chegaron os Biffy , e como chegaron arrasandoabrindo o concerto con The Golden Rule,onde se cabe melloraron o tema de estudio.Era ,parafraseando a un amigo meu,"brasa burra" . Continuaron conun repertorio maioritariamente poboado de emas do seu último disco (Only Revolutions) , pero sen esquecer clásicos da banda.Sobre muse xa falarei longo e tendido noutra entrada na que falarei das tres postas en escena diferente da xira "The Resistance".
Como detalle a destacable,hai que dicir que a banda en Inglaterra arrasa.
Como mostra aquí vos deixo uns videos deles en Area 4 Festival (Alemania) unha semana antes do de Wembley:

jueves, 4 de noviembre de 2010

Previously on ...Sound from an island





Case un ano despois volvo a escribir neste moi humilde blog,que estivo abandoado sen motivo algún.Pero esta volta ten unha razón de ser case vital(dentro do blog mesmo,claro) , xa que facendo un balance da temática máis tratada nél , decidín que ,se había que revivir este espazo sería dunha forma non usual. Todo vén a raíz de que hoxe ,fai uns minutos,recibín vía UPS algo que levaba 5 anos esperando e que por fín están nas miñas mans coa mesma ilusion coa que o Gollum sostiña o Anel .Refírome á caixa de LOST con toda a serie a algunhas friquezas que traía.Sei que con esto pechouse un ciclo ,e ¿que mellor maneira de pechalo que cunha homenaxe?
Sei que para moitos esta SERIE rematou dunha maneira "ploff" , e respétoo , pero para mín,e non son o único, foi caralluda.Non vou recurrir a eso de que "era unha serie de personaxes " nin historias desas.A mín gustoume.Ninguha serie me fixo,despois de cada capítulo,dicir un J-O-D-E-R motivado pola inquedanza de non saber que ía ocorrer.Para mín eso xa ten un valor.
Despois,a serie en sí,estivo moi completa.De feito para mín rozou a perfección(sei que moitos me van a crucificar por esto que acabo de dicir) , e digo rozou ,porque de momento Six Feet Under segue como a mellor serie que vín na miña vida.Pero eso é outra historia(á espera de ver outras que non pintan mal pero son aínda moi novas como para endiosalas sen máis nin máis).
Aquí vos deixo unha fotiño do artículo en cuestión.Repito,sei que para moitos esto é moi friki,pero a mín fíxome ilusion.

jueves, 14 de enero de 2010

MELindie

Pois aquí vos deixo o cartel do festival indie que nos trae Miguel na Sala 600 de Melide.A verdade é que é un luxo ter estes concertos nunha señora sala.
Lembrade: 29 de Xaneiro ás 00.00h na Sala 600

A Resistencia deixa rastro en Madrid

Primeiro de todo,dicir que levo bastante tempo fóra do "blog thing" pero bueno sempre se está a tempo de voltar.E que mellor razón para voltar que falar de algo que está falado ata a saciedade,polo menos aquí.Si,é porque Muse saca novo single.Pero eso non é o destacable da nova,senón que o videoclip dese single está gravado no concerto que a banda deu en Madrid,ó que eu ,en compañía de amigos,asistín.Non é que sexa un notición...o que pasa é que me fai especial ilusión.

Para velo:

lunes, 14 de septiembre de 2009

Offtopic do mes(ou case do ano):San Caralampio

Neste Offtopic (mira que xa levaba tempo sen facer un)vou falar da que para moitos é a mellor festa do ano.O San Caralampio,festa dos borrachos,ou "A nosa festa",facendo alusión ó feito de que é unha celebración na que se prescinde da presencia dos foráneos habituais destas datas estivais.O caso é que todo saíu segundo o planificado,e digo esto tanto par ben coma para mal.Digo esto porque a pesar de haber carteis deixando ben claro que o salpicar polar rúas saíase da filosofía da festa,a xente(por chamarlles algo) fixo caso omiso.É unha pena,a pouca falta de respeto e consideración polos que queríamos desfrutar da festa dunha maneira sana no que a comportamento se refire.
A climatoloxía este ano portouse de vicio,xa que se na edición anterior o sol acusou fortemente,causando malestar a todo aquel que estaba baixo os seus raios,este ano estabamos nunha temperatura agradable todo o día.

Puntos a salientar :
-A orquestra D'momento , que foi a que amenizou a noite simplemente,deu vergoña.Entre o playback musical esaxerado que se fixo patente no momento no que vin coma o teclista(ou ese que estaba pulsando as teclas dos teclados) mentres supostamente tocaba se poñía a chaqueta coas duas mans sen verse alterado o seu recital , e a actitude chunga/pija/paleta da cantante(en tódalas súas acepcións) fixose case insufrible,a non ser polos fantásticos bailes dun rapaz que subeu ó palco e que mereceu a copa deste ano.
-A traca foi bastante cañera,incluso demáis.
-Algo que me gusta desta festa,é a función social que ten,que fai que fales e teñas conversas con moita xente que ó longo do ano por diversos motivos,anque non toda a que nos gustaría,pero ese é outro tema.
-A modo de suxerencia teño que dicir que anque sexa unha festa de troula algún bar debería non meterse no papel de bar pachangueiro e poñer algo de boa música,que a algúns tamén nos gusta estar de día tomar unha copa de bo viño coa banda sonora de un bo tema de rock(véxase as famosas txoznas-non sei se sechaman así exactamente- das festas no País Vasco nas que as hai de diferentes tipos de música).Porque haberá xente que cando está borracha lle fai gracias cantar o pajaritos por aqui,ou hola don pepito,...pero tamén existimos os que nos seguimos a emocionar,a pesar do viño, con un bo tema de rock.
Conclusión:É unha festa moi bonita cun certo sentimento de amor patrio que nos une máis do que nos parece,anque sendo case imposible,deberíamos coidar dándo exemplo de comportamento.

Oxalá,que o ano que ven volva facer un cometario así de positivo,ou incluso máis.

PD:Suxerencia persoal:Por favor,melloremos a calidade das orquestras que se traen.Sei que igual o factor económico non permite moito máis ,pero seguro que se buscades ben dámos con algo mellor.