martes, 26 de junio de 2007

Lost,Terceira temporada en TVE2



Confirmado,"a serie máis cojonuda da historia",LOST, estrea a súa terceira temporada en España a través de TVE2(ó final TVE1 non soubo colocar esa serie de maneira regular na súa grella diaria) .O estreno será o día que remata(por fin) Desperate Housewives(Mulleres desesperadas),o 11 de Xullo.Hai que dicir que me alegra bastante esta nova,xa que entre Heores na galega e Lost na segunda , as noites de semana de verán terán algo que ofertar na tv- e mira que no verán a tv é unha merda.
Pois eso,para todos os rezagados que non quixeron seguir esta temporada a ritmo dos US aquí está o momento.
Se vistendes rematar a segunda temporada,recoméndovos que non perdades detalle do primeiro capítulo,e máis concretamente os primeiros cinco minutos.
Anque teño que dicir que ,sen ter en conta o valor que ten a primeira temporada,só por ser a que nos introduce na trama, a terceira temporada é das máis impactantes.Capítulos coma o 3x08 ,os seis primeiros,ou a traca final que fan cos 6 últimos episodios , fan desta temporada,na miña opinión a mellor(non tendo en conta o valor indiscutible da 1ª).
Lembrade 11 de Xullo , en TVE2(a segunda) estréase a TErCEIRA TEMPORADA DE LOST.

EVERYTHING HAPPENS FOR A REASON...

viernes, 8 de junio de 2007

The Arcade Fire :Funeral with a neon bible






Cando vos comece a falar desta banda de Montreal moitos diredes(bueno moitos non,porque a maioría de visitantes deste blog coñécenos de sobra) ¿quén carallo son estes?Pois son The Arcade Fire.Eu coñecinos fai case un par de anos por medio dun bussines man que reside na capital madrileña.E teño que dicir que cando os escoitei por primeira vez a primeira cousa que se me veu á cabeza foi:"joder,esto é moi Bowie de dios" .Foi co tema "Laika" , que a mín recordoume moito á etapa Ziggy Stardust e Hunky Dory (60's 70's) do Duque Branco .

Unha vez que me descarguei o disco(non recordo ben se o descarguei ou o collín directamente do disco duro do bussines man) quedei abraiado polo fresco , e ó mesmo tempo polo vello , que soaba ese grandioso disco,o "Funeral" , que foi a consecuencia dun EP que editaran un ano antes (2003) ,no que pode destacar temas como "No cars Go" que posteriormente apareceu no seu último disco "Neon Bible"-que xa vos comento máis abaixo as miñas impresións.




Ademáis de "Laika", Funeral está repleto de temas do máis coloridos cun aire de presa.Digo presa,porque unha característica bastante representativa de moitas cancións destes freaks é o aumento do "tempo" durante o seu transcurso de ditas cancións.Un dos temas que mellor explican este rasgo é Rebellion.Este disco deulles tal pulo que ata o mesmísimo David Bowie se rendeu ó seus pes.Os que poideron ver a estes canadienses en directo constátano.
The Arcade Fire - Laika

É unha banda que en directo aínda medra máis.As "almas mater" da bando son Win Butler(guitarra e voz) e Régine Chassagne(piano,batería,acordeón,xilófono,...).Outra das características da banda é a chea de instrumentos que utilizan nas súas actuacións,dende os máis convencionais ata o máis raros,por exemplo unha especie de colar con campaniñas , ou mesmamente un casco dunha moto...



Xa neste 2007 sorprendérnnos con "Neon Bible",A súa última obra. A pesar de que as primeiras escoitas foron menos sorprendentes que con Funeral , pouco a pouco foi medrando o seu valor musical(alomenos para min).É un pouco máis escuro,e con claras referencias ó blues e ó Rock&Roll dos anos 50 e 60,anque sen perder de vista o seu ,xa máis que patentado,estilo.



Os temas que podo destacar deste disco son a magnífica "Intervention" ou Black Mirror,tema co que abren o álbum.De todas maneiras ,tanto Funeral como Neon Bible son máis que recomendables.
Por sorte para algúns,estes artistas van facer un par de copncertos en España.Máis concretamente en Madrid e Barcelona(que raro!!!!) durante o festival Summercase que se vai celebrar nestas cidades co mesmo cartel pero en días alternos.Se non me equivoco o noso bussines man terá o pracer de velos e posteriormente contarnos que lle pareceu.






Aquí vos quedan os dous discos para que poidades escoitalos,e por suposto desfrutalos.









miércoles, 6 de junio de 2007

Unha aplicación interesante este Lastfm



Unha vez recuperada a normalidade despois dunhas xornadas post-electorais do máis axitadas,volvemos a falar todolos blogs das nosas cousas.Eu a verdade ,non teño moito tempo para escribir cousas(están os exames á volta da esquina),pero adicando uns momentos á rede de redes dín cunha cousiña ben interesante.Sabía da súa existencia pero nunca me déra por probalo.Estou a falar de LASTFM.Está moi ben.Ti rexístraste e tes a opción de descargar o software de dita aplicación ou ,pola contra podes utilizala dende a páxina web.Cada vez que abres a aplicación,xa sexa vía web ou vía software , pregúntache de que grupo queres escoitar algo,e a partires de aí,aleatoriamente,vaiche "pinchando" temas do mesmo estilo,ou similar , de diferentes bandas.Está moi ben se queres tes música de fondo.A verdade é que che evita facer esas ,ás veces coñazo , listas de reproducción que un fai cando vai estar moito rato diante do monitor.Sei que vou un pouco atrasado en comparación ó que xa se oferta pola rede.Sei que existe Joost e toda a avalancha de ofertas que hai pola rede a cerca da xa existente Tv por Internet.Pero creo que o meu equipo non me dá por agora para disfrutar da maneira máis óptima de ditos servicios.

miércoles, 30 de mayo de 2007

Porque será que estes cracks se seguen a saír?

Como xa mencionei noutro post,xa comezan os festis.Aquí vos deixo uunha mostra do que anda a facer MUSE por terras baixas.Estou a falar do Pinkpop Festival(Holanda) 2007.O matthew vestido de menstruación segue a armala enriba do escenario coma sempre.É o preludio do que vai ser a súa actuación no Festival Internacional de Benicassim.Estrea guitarra ,da mesma casa que ata agora usou(Manson).O novo modelo é a Glitter Manson,que igual que a súa predecesora tamén ten a pantalliña táctil para facer os "ruiditos".A min personalmente non me encanta,pero tampouco me disgusta.Aquí tedes o tema NEW BORN cun final do máis apoteósico.





*Destacar varias cousas:O piano como o da xira do Origin of Symmetry pero coa tapa de metacrilato,o escenario cambiarono outra vez colocando a batería/ovni/cafeteira no centro do escenario,e en vez de pantallón xigante detrás puxeron tres pantallas grandes xuntas na parte superior do escenario.Queda bastante ben.

Opinión persoal:A pesar de velos 3 veces en directo e que nunca me defraudaron ,seguen sen deixar de sorprenderme.Polo tanto confirmase todavía máis que é unha das mellores bandas en directo do momento(anque eso xa o dicían fai varios anos)

martes, 29 de mayo de 2007

Off Topic do mes(que vén/que ben...)


FESTEXANDO O CAMBIO

Se en outros off topics falei do exceso de velocidade nas estradas mesturado con alcohol,ou de novas incorporacións á comunidade canina(ésta non conta para as eleccións) , adiantándome ó mes que vén, neste off topic falarei do CAMBIO que se deu(POR FIN) no esquema político da nosa vila.Claramente,a pesar de que algúns interpretan os números da maneira que máis lles convén,Melide mostrou unha vontade de cambio que non se vía dende hai moito.Despois de 16 anos de goberno do grupo popular, o pobo quixo concederlle unha oportunindade ó BNG(6 concellais) e ó PSdG-PSOE(1 concellal) de xestionar o devir da vila.Esta ansia de cambio case se fixo patente nos comicios do 2003,pero por unha escasez de votos non se levou a cabo.
A xornada electoral,coma todas,estivo repleta de momentos de tensión que desenbocaron en algúns feitos pouco éticos por partes dos menos beneficiados.Pero bueno,realmente sorpréndenos? a min non.Pero agora son historia ...este tipo de actos.

Pois o dito,que os cambios son bos ...e se non o son pois para iso están as urnas .

Parabéns ó novo equipo de goberno.E recordade,que o pobo somos todos e non uns poucos(como antano o fixeron outros).

PD:É a primeira , e posiblemente a última , vez que falo de política neste blog.Seguramente sáese moito da súa tónica habitual,pero consirerábao necesario.

Aquí queda un tema dedicado ós que se queiran dár por aludidos:


Corrupt
You're corrupt
Bring corruption to all that you touch
Hold
You behold
And beholden for all that you've done
And spell
Cast a spell
Cast a spell on the country you run
And risk
You will risk
You will risk all their lives and their souls

And burn
You will burn
You will burn in hell, yeah you'll burn in hell
You'll burn in hell
Yeah you'll burn in hell
For your sins

And our freedom's consuming itself
What we've become
It's contrary to what we want

Take a bow

Death
You bring death, and destruction to all that you touch
Pay
You must pay
You must pay for your crimes against the earth
Yeah hex
Feed the hex/Feed the hex on the country you love

Now beg
You will beg/You will beg for their lives and their souls

Now burn
You will burn
You will burn in hell, yeah you'll burn in hell/You'll burn in hell
/Yeah you'll burn in hell
You'll burn in hell/Yeah you'll burn in hell/For your sins

jueves, 24 de mayo de 2007

Lost's Season Finale


Por fin, e por desgracia,remata a 3ª Temporada de Lost co típico capi doble.Aínda non os vín,pero xa teño ganas.Aquí vos deixo os links de cada un dos capis por separado.Xa sabedes que os subtítulos ...tan pronto estén serán colgados.

Lost 3x22 Megaupload Megarotic Gigeshare Gigesize Subtítulos


Lost 3x23 Gigeshare Fly-upload Badongo You-love Subtítulos


Disfrutádeo,que ata XANEIRO DE 2008 non hai nada máis desta bendita serie.

martes, 22 de mayo de 2007

Arctic Monkeys en Vigo



A banda revelación británica do 2005 para por primeira vez en terras galegas para presentar o seu último disco "Favourite Worst Nightmare".O concerto será en Vigo ,no parque de Castrelos o día 19 de Xullo de 2007.A venda de entradas farase a través de Caixanova e nos puntos habituais.Aquí vos deixo o video do 1º sencillo que se chama "Brainstorm".