jueves, 29 de marzo de 2007

A Scanner Darkly(2006)




É un filme que dende que souben da súa existencia atraeume . Sen dúbida , o factor determinante para dita atracción foi o formato da película,xa que ademáis de ter un punto "moi de comic"(na miña opinión),tamén usan unha especie de filtro de video,chamado "animación rotoscópica", que enfatiza máis os efectos dos narcóticos dos que se fala.
Ubicada nun futuro moi cercano(ó comezo da película o narrador xa nos sitúa temporalmente no 2013) nuns EEUU similares ós de hoxe anque coa problemática do narcotráfico moi agravada, o filme trata a cerca de un policía que se ve obrigado a vixilar ó seu entorno máis cercano para tentar desmantelar unha rede de producción e distribución de un narcótico chamado "a substancia M" que causa unha especie de dexeneración das neuronas dando lugar a todo tipo de alucinacións.Evidentemente o argumento é máis complexo,pero en liñas xerais é do que vai.
Como moitas máis do seu xénero,esta película non foi promocionada en plan masivo e anque ten un reparto de luxo,estes actores non están no seu mellor momento na súa carreira(Keanu Reeves,Winona Rider,Robert Downey Jr. , Woody Harrelson,entre outros).
O caso é que a recomendo porque é moi amena e a historia engancha bastante dende o principio.Hai momentos nos que me recorda moito ós cortos de Animatrix,non sei porqué pero recórdamos.
*Curiosidade:ó longo de todo o visionado non paraba de quedarme coa banda sonora,porque era ,nin máis nin menos que de Radiohead e Thom Yorke en solitario(minipunto y punto para la peli).Esto quedou confirmado nos créditos finais nos que se escoita a cancion de Thom Yorke do disco "The Eraser","Black Swan",que previamente se escoita,anque só durante uns segundos,nunha das escenas nas que se relata un intento de suicidio de un dos personaxes.
Aquí vos vai unha mostra de porqué me satisface a presencia de Thom Yorke.Un dos seus temas en solitario en acústico.The Clock

Para os que a vaiades ver/baixar/ripear/...desfrutádea.

2 comentarios:

Xaquin dijo...

minipunto y punto, que cutre.

Anónimo dijo...

Tengo que volver a verla, pues la primera vez lo hice con unos subtítulos malísimos y creo que no me enteré ni de la mitad.

Tienes razón con lo del rotoscoping, en esta película, el espacio se presenta como una masa en constante moviento que amplifica el efecto lisérgico.