viernes, 28 de diciembre de 2007

A Cuarta Temporada de LOST


Xa é oficial.A cuarta temporada de LOST comeza o 31 de Xaneiro,o que significa que o 1 de Febreiro xa teremos o primeiro capítulo(que se comenta que vai ser doble) nos nosos discos duros.Dende Maio que levamos esperando coma auga de Maio,vaia a redundancia, esta nova temporada.Convertida , xa , nunha serie de culto,a serie de J.J. Abrams tamén está a ser unha víctima máis da folga de guionistas.Anque se estima que para cando rematen as negociacións se poida seguir gravando sen que haxa ningún parón.
Para deixarvos o mel nos labios aquí vos deixo o trailer da ABC subtitulado.

miércoles, 26 de diciembre de 2007

The Eraser Remixes


Un ano e medio despois de que o "líder" de Radiohead,Thom Yorke, publicara o seu primeiro álbum en solitario "The Eraser" ,agora aparece cos remixes de dito álbum.Ten cousas bastante interesantes.Está en tres partes,tal cal foi publicado.Espero que vos guste.

Thom Yorke - The Eraser Remixes

martes, 25 de diciembre de 2007

Que teñades unhas Happy Holidays

Sen ser crinte,nin practitante(e a veces nin sequera tolerante) da relixión cristiá , vou facer un regaliño de Nadal a todos os que visitades o blog colgándovos o video de MUSE que serve como avance do DVD que sairá o mes que ven do tema Unintended que tocaron no Wembley Stadium o pasado mes de Xuño.
Nada máis,tan só *Feliz Nadal(para os que credes nél) e que todos teñades un bo comezo de ano que xa é motivo de abondo para ser algo felices.Como sempre dí Félix(por certo,unha aperta meu) xa temos que celebrar que seguimos vivos.
*Que vos sirva de postal de Nadal esta entrada a todos os que me tedes de contacto no voso email.

**COMO A DESCARGA DESTE VIDEO NON ÍA BEN DE TODO,AQUI VOS DEIXO O VIDEO SACADO DO youtube.

lunes, 17 de diciembre de 2007

Dexter


Olvidados ,xa ,os fiascos de Prison Break e Heroes , aquí vos colgo unha serie , que na miña opinión é moi boa.Recomendada polo webmaster de Intramuros,ou sexa David , foi unha serie que me cautivou dende os primeiros capítulos.Baseada nas novelas de Jeff Lindsay , "Darkly Dreaming Dexter" , "Dearly Devoted Dexter" e "Dexter in the Dark" , a serie trata de Dexter,un tipo aparentemente normal que traballa para a policía de Miami como experto en sangue e que actúa nas esceas de crimes onde fai estudios exhaustivos sobre a traxectoria da sangue,orixe,...O que pasa é que eso non é todo,xa que ten unha especie de doble vida onde é un asasino en serie bastante meticuloso cunha serie de motivacións que para él son incuestionables debido a unha especie de "instrucción" que o seu pai lle deu en base a unha sede por matar que o protagonista posúe dende a súa infancia.
Ademáis de que o argumento está moi coidado,máis que nada,e outra vez parafraseo a David, porque ó estar baseado nunha novela CON FINAL ,non vai estar condicionado polos índices de audiencia que teña a serie, tamén ten moitos detalles que fan da serie unha delicia para os sentidos.Digo esto porqué visualmente está moi coidada , a banda sonora é un bo mostrario da musica latina(non ricky martin,chayanne e toda a gama de reaggetón,senón MUSICA LATINA de verdade) e o guión moi traballado,e cheo de voces en off que nos mostran a personalidade de Dexter.
O actor que interpreta a Dexter é Michael C. Hall , o que fai de David Fisher na serie "Six Feet Under"(A dous metros Baixo Terra) , serie que ,por certo, estou vovendo a ver xa que tan só vira varios capítulos.
Como detalle que me fixo moita gracia, foi no primeiro capítulo(creo) é a frase que o protagonista lle día unha das víctimas taladro en man.
-Dexter:"Fixen esto demasiadas veces como para sentir lástima" .....duro,a verdade

E agora como regalo de Nadal ós que visitades o blog cada día,aquí vos deixo a gravación de tema da cabeceira tocado por mín e mezclado en multipista con Adobe Audition:



Capitulos:
Dexter 1x01 - Piloto 1 2 3 4
Dexter 1x02 - Cocodrilo 1 2 3 4
Dexter 1x03 - Desquebrajando a Cherry 1 2 3 4
Dexter 1x04 - Ayadando al Chico 1 2 3 4
Dexter 1x05 - Amor al estilo Americano 1 2 3 4
Dexter 1x06 - Devuelvase al remitente 1 2 3 4

lunes, 3 de diciembre de 2007

Radiohead - In rainbows cd2


Aquí vos deixo o cd2 do disco de radioohead recén saído da rede.Eu aínda non o escoitei,pero xa lín boas críticas.Disfrutádeo.


Radiohead-In rainbows cd2


XA ESTÁ ARRANXADO

sábado, 24 de noviembre de 2007

OffTopic do mes:..."We have to go Back"





Facendo miñas as palabras de Jack Shephard na última escena do final da 3ª temporada de LOST recordo o que comentamos correndo por Schiphol Airport,tiñamos que voltar.
O ideal sería que comezara polo principio.Primeiro de todo,hai que dicir que en principio este post ía tratar a cerca de Bowie(na seguinte entrada) , e youtubeando un pouco dín cun tema que ,ademáis de encantarme, traeme moitas lembranzas.Estou a falar de "Amsterdam" , que apareceu en diferentes edicións de varios discos(Pin Ups,30th Anniversary Ziggy Stardust,Live at the Beeb,...).O tema contanos a historia dun mariñeiro no port de Amsterdam no que nos reflexa como é a cidade chea de alcol , mulleres , decandecia , ...
Coa escoita deste temazo ,véuseme á cabeza a viaxe que fai un pouco máis de 2 anos fixemos á capital holandesa Xaquín,Txemita e máis eu.
Alá por mediados de Setembro de 2005 partimos dende Avilés ,onde pasamos parte da mañá, cara Londres onde fixemos escala para voar a Amsterdam.Entre as horas (poucas,a verdade) que había entre voos e a duración dos mesmos pasamos o día movéndonos(tendo en conta que fomos ata Avilés en coche).
Xa, en Amsterdam e de noite,collimos un taxi dende Damrak Straat cara Zaandam(Zaanstad-ó norte de Amsterdam) que nos levou ó Hotel Formule 1,que para os que eramos(por número ,digo) chegounos de sobra.Hai que dicir que antes de ir para o hotel non esquecimos facer a nosa primeira incursión na noite amsterdamesa.
O primeiro día oficial na cidade foi algo raro xa que non sabiamos moi ben por onde comezar.Entre a cantidade de cousas que podiamos facer e a ansia por facelas adicámonos a deambular pola cidade sen rumbo fixo vendo todo e non vendo nada.
Unha vez inmersos no día a día ,e na noite a noite, da cidade decidimos facer realidade algúns dos plans que tiñamos previsto.Plans como alugar unha bicicleta e disfrutar da completísima e segura rede de carrís-bici ,que nos últimos anos converteuse nun dos reclamos turísticos máis importantes,xa que permite ó viaxeiro unha maior libertade á hora de moverse polas rúas prescindindo do trasporte público,que tamén é outra opción máis que válida.Hai que dicir que o día que alugamos as bicis déu para facer visitas que estaban un pouco a desmán anque planificadas,ademáis de moitas anécdotas que quedarán na nosa memoria.
O último día de estancia no Formule 1 decidimos facer unha visita ó nucleo urbán no que estabamos aloxados.Zaandam é un pobo a uns poucos kilómetros da capital.Hai que dicir que nos cadrou moi ben xa que bastante preto deste pobo está Zaanse Schans ,que é un recinto no que se pode ver a arquitectura,agricultura e gandeiría máis tradicional de Holanda.

O cambio de estancia no que pasamos do "Formule 1" ó "The Flying Pig",foi crucial á hora de afrontar os días.Primeiro,porque non tiñamos que coller ningún bus para ir durmir,e segundo,porque os ratos de ocio típico da cidade levados a cabo dentro do hostel non eran motivo de expulsión por parte dos xerentes do "Flying",cousa que favorece e fai máis agradable a estancia alí.
Como en toda viaxe,houbo moitas das cousas planificadas que non se levaron a cabo,xa sexa por falta de tempo ou porque nese momento non o pide o corpo.Eso pasounos coa visita ó Museo de Rembrandt,ou á Casa-Museo de Anne Frank(unha pena este último) no que pola non proximidade do mesmo ,e pola enorme cola que tiña á entrada respectivamente,decidimos non visitar.

Nos últimos días,decidimos coñecer,anque só fose por vela a grandes rasgos,outra cidade das máis emblemáticas de
Holanda.Rotterdam foi o destino elexido por diversos motivos.Un deles era que como a cidade foi reconstruída despois dos bombardeos sufridos no 1940 tiñamos claro que iamos ver edificacións bastante modernas,anque o que máis nos chamaba a atención era ver o porto , considerado o máis grande do mundo.
Ademáis,fixemos ,gracias á inestimable atención do punto de Información Turística onde dependendo do que queriamos ver dábannos indicacións para facer a visita un pouco máis personalizada,diferentes visitas cun grao de interese bastante alto.Como exemplo desto a rutiña que decidimos facer tiña como parada obrigatoria a rúa "Witte de Withstraat" que estaba plagada de tendas de discos onde, por certo , adquirín dous dos meus pilares musicais nos últimos anos,o "OK Computer" de Radiohead e o "Origin of Symmetry" de Muse.
Como curiosidade desta cidade teño que dicir que a cantidade de coffeeshops era infinitamente inferior á de Amsterdam.Cando un se ve nesa cidade rapidamente dáse conta de que non toda Holanda é como Amsterdam,alomenos no que se relaciona ó ocio(con todas as súas acepcións).
Chegado o último fin de semana na cidade decidimos disfrutalo sen ningún tipo de presa paseando polas rúas,pasando ratos mortos na Praza Dam,ou facendo "shopping" por mercadillos ó longo da cidade.Mercadillos,como o "Flea Market" ou o mercado das flores onde adquirimos bastantes exemplares da flor máis típica do país,o tulipán.Anque gran parte do desfrute da fin de semana foi a propia estancia no "Flying",porque ademáis de ter unha situación privilexiada dentro da zona Centruum,ten unha morea de servicios adicionais ó propio servicio de aloxamento que fan da estancia unha experiencia de por sí(non me pagan nada por facerlles publicidade,simplemente é que quedei maravillado).Evidentemente,tamén ten a súa parte negativa,xa que se sodes dos que calquera ruído ou o mero feito de compartir a habitación con xente descoñecida vos molesta , alí ídelo pasar mal,xa que ademáis os xoves no pub/bar/chill out/ciber do propio hostel facíase unha especie de festa ata as 5 da mañá...así que imaxinade...
Despois de toda a info que vos estou a dár,é inevitable que vos fale do que máis turistas atrae ó cabo do ano.Falo dos archicoñecidos Coffeeshops,onde poderedes catar diferentes substancias derivadas do Cannabis,como o hachís ou a marihuana con diferentes calidades e procedencias.Todo esto regulado polo goberno e distribuído por estes locais onde ademáis de vender,pódese consumir.Claro está que é un negocio máis.Mostra disto é a cantidade enorme de "cofis" que se ven ó longo da capital.Tanto é así que ata hai cadeas de coffeshops,como unha das máis míticas,o Bulldog,que só na zona do Red Light District(o Barrio Roxo) teñen tres,sendo o "The First Bulldog" o primeiro,e un dos locales máis famosos da cidade.Hainos de tódalas temáticas,anque unha vez alí rómpese o mito que relaciona coffeeshop con "rollito Reggae" , xa que nin abundaban tanto,nin os que había eran unha pasada,máis ben todo o contrario.Así agora de memoria podería recordar varios coffes que me quedaron gravados:Route 66,Blues Brothers,Kadinsky,Bulldog,...
Algo que nos gustou bastante,sen ser uns amantes do turismo cultural (alomenos eu prefiro o turismo urbano), foi a visita ó Museum Plein,que é unha especie de praza enorme con unha esplanada de céspede,onde están situados os dous museos máis impotantes do país.O Van Gogh Museum e o Rijksmuseum.O primeiro é o museo onde está a obra de Vincent Van Gogh,tanto cadros e debuxos como as cartas que lle enviaba ó seu irmán.O segundo é un edificio recén reconstruído(parte da reconstrucción coindidiu coa nosa estancia alí) no que se gardan obras de todo tipo relacionadas coa historia de Holanda.
Seguro que vos podería falar de máis cousas que se poden facer en Amsterdam,pero...¿qué vos quedaría a vós?
Pois eso,que Holanda,e máis concretamente Amsterdam,é un lugar maravilloso para visitar entre outras cousas porque o ambiente xuvenil que se "respira" é impresionante e recoméndolle a todo o mundo que lle guste viaxar que se pase uns días por alí.
Como nexo entre esta entrada e a que vai ser a seguinte,aquí vos deixo un video creado por un usuario de Youtube no que se ven imaxes de Amsterdam coa banda sonora do camaleón.

jueves, 22 de noviembre de 2007

Lost , The missing Pieces

Xa que ata Febreiro non imos ter nada da tan ansiada temporada de Lost,os productores axúdannos a levar este "mono" cunha certa tranquilidade coa posibilidade de ver os "Mobisodes" na rede.Estes mini episodios teñen unha duración de entre 2 e 3 minutos nos que vannos enchendo vacíos na historia(a verdade non esclarecen nada pero son entretidos) dos supervivintes tanto na illa coma fóra dela.Os tres primeiros,que son os únicos que hai de momento tratan sobre Jack e a relación co seu pai,sobre Hurley e a sua escapadiña con Libby á praia,e sobre **a estancia de Jack cos "Others" en "villaotros".
Aquí vólos deixo para que pasedes uns minutos vendo cousa nova(breve,pero nova) da nosa(ou polo menos a miña) serie favorita.

Lost,The Missing Pieces #1 THE WATCH

Lost,The Missing Pieces #2 THE ADVENTURES OF HURLEY AND FROGURT

Lost,The Missing Pieces #3 KING OF THE CASTLE

**Este último é un screener grabado dun mobil.Vale para ver perfectamente.

Por certo,van a ser 13 episodios.Hai que aclarar que esto non son escenas eliminadas nin nada que se lle pareza.

Tamén,anque para os que visitamos www.lostzilla.net non é novo, hai unha entrevista con Henry Ian Cusick(Desmond) que foi feita por xente de Lostzilla no que descubrimos cousas interesantes deste actor e algunha cousiña(non spoiler) da cuarta temporada.Como curiosidade desta entrevista na que solo hai o audio hai que dicir que o actor de orixe escocés e irlandés ten un español bastante bo.Aquí tedes o saúdo de Henry á web.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Regaliños Visuais


Aínda que o Nadal está ó caer,algúns grupos xa empezan a facer regaliños nas súas webs,xa sexan videos de concertos,temas inéditos ou videos de como tocan os seus temas no estudio.No caso de Radiohead,a banda británica que ademáis de dárlle unha volta de torca máis á industria da musica e por enriba sacarlle os beneficios que está a sacar(máis de 9 millóns de euros sen rendir ningún tipo de contas a ningún intermediario),agora amósannos doutra maneira máis básica os seus temas tocados en directo no estudio ou simplemente cunha guitarra no medio dun prado.Evidentemente é coincidencia,pero non podo negar que me fixo ilusión que o día que publicaron esto na súa web foi o día do meu cumpleanos.
Aquí vos deixo estes videos que cada un deles teñen a súa peculiaridade.

Jigsaw Falling into Place

Reckoner

Faust Arp

Unravel(versión de Bjork)

Bodysnatchers


Son xeniales...

"Heroes" ,moi ó meu pesar


Por petición dun usuario deste blog ,aquí vos vai unha recua capítulos que non foron aínda colgados e que son os seguintes ós que anteriormente colguei da serie Heroes ,que eu deixei de ver despois do descontento que xenerou en min o fin da primeira temporada.Agora parece que o tempo me quere dar a razón cando eu dicía que acabou moi mal e que fixera que eu perdera o interese que tiña polo show,xa que o suposto spin-off que ía ter a serie,Heroes Origins, xa se cancelou debido á baixada de audiencia da serie,e incluso comentase dunha reducción de capítulos nesta temporada.
É igual,aquí vos deixo os capis parta que fagades con eles o que queirades.

Heroes 2x03 - Kindred 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x04 - The Kindness of Strangers 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x05 - Fight or Fight 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x06 - The Line 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x07 - Out of Time 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x08 - Four Months Ago 1 2 3 4 Subt
Heroes 2x09 - Cautionary Tales 1 2 3 4 Subt

martes, 13 de noviembre de 2007

The H.a.a.r.p. Tour :Live From Wembley


Toca facer caixa,eso é evidente,pero polo menos faise cun pouco de calidade que nestes tempos xa é máis que plausible.Estoume referindo a MUSE e á publuicación do DVD/CD dos concertos que a banda de Teignmouth,Devon(England)déron no novo Estadio de Wembley o pasado mes de Xuño.Ademáis de colgar o cartel de "sold out" e crear unha chea de expectativas sobre como ía ser o evento, volveron a marcar de novo unha diferencia que cada vez é máis evidente.

O nome de dito DVD/CD, The H.a.a.r.p. Tour fai referencia ó proxecto H.a.a.r.p.,que é un proxecto que levan a cabo as forzas aéreas dos USA utilizando unha especie de antenas que emiten ondas a ionosfera e que teñen por obxectivo ... Realmente non se sabe cales son os fins de dito proxecto,fálase de arma xeofísica,control do clima,control mental,... Se tedes un certo interese por esto pinchade aquí*.
Se léstedes o link xa podedes ver que está moi relacionado coa temática das teorías da conspiración que está omnipresente nas líricas de MUSE.

Volvendo ó DVD,está prevista a súa saída no mes de Decembro(aínda non hai data confirmada).Éste conterá un documental sobre os concertos de Wembley e un deles case íntegro,no que poderemos ver o despregue de medios que houbo tendo como resultado unha noite inolvidable para os asistentes.Tamén se dí que traerá como contido extra actuacións pertencentes á mini-xira por grandes recintos(Parc des Princes en Francia , Madison Square Garden USA,...)anque podería traer tamén,e esto é o que eu penso,parte das actuacións no festival que se celebra en Australia chamado Big Day Out e que recorre as suas cidades mais importantes ,no que este ano foron os cabezas indiscutibles do cartel.Digo esto porque despois de que alguén colgara no Youtube as imaxes que se emitían polas pantallas(probablemente alguén que tiña acceso á gravación de video durante o festival),inmediatamente foron borradas por temas do copyright,cousa que non soe suceder con outras de outros concertos.
O caso é que vai ser editado en tres formatos diferentes CD/DVD (edición tradicional),DVD , CD/DVD (Edición especial con postais e nunha caixa de luxo).Eu posiblemente pique no CD/DVD.
Esta banda ,xa dende o segundo álbum ("Origin of Symmetry",2001),tivo a costume (que mal sona esto) de sacar un DVD en directo da súa correspondente xira.No caso do "Origin..." sacaron o "Hullabaloo" que foi un concerto gravado na sala "Le Zenith" en Paris no 2001 , no que amosan a forza que tiñan xa daquela en directo.
Co seu terceiro álbum de estudio ("Absolution",2003),ascendeu a súa popularidade ,xa non só polo gran disco que fixeran , senón porque aínda confirmaron máis a súa impresionante contundencia e forza nos concertos.Nesta xira foi onde os vín por primeira vez(Donosti,Velódromo de Anoeta 20/03/04) e confirmoo.Desta xira editaron o DVD do concerto que déran en Glastonbury Festival 2004("Absolution Tour",2005) onde subiron o chanzo que os coronou como unha das mellores bandas de rock en directo do momento.Tan só lle poño unha pega a este DVD,xa que as imaxes son as que BBC3 emitiu durante o festival e ,dende o meu punto de vista utilizan demasiado os planos cortos e apenas se ven planos xerais onde se vé a banda ó completo tocando de cerca.Aínda así é altamente recomendable.
Agora,despois dunha longa xira sen descansos por todo o mundo amosándonos o seu traballo "Black Holes and Revelations"(2006) ,volven a ofertarnos unha xoia(perdón pola miña máis que evidente subxectividade) que vai mostrar como é ese tour que tan boa crítica está a colleitar.

Como adianto do DVD aí vos vai un video, cunha calidade bastante boa para ser gravado polo público,do tema "Blackout" de Absolution , coa coreografía de duas bailarinas colgadas de globos ó ritmo da canción.

viernes, 9 de noviembre de 2007

¿A folga de guionistas de Hollywood afectará a Lost?



De todos é sabido que hai unha folga dOs guionistas en Hollywood.Probablemente a curto prazo nós ,o usuario final destes productos televisivos, non o imos notar ata ben entrado o ano 2008.Estas previsións son moi volátiles , xa que, ó non saber a duración de dita folga, ésta poderíase estender moito máis.Nunha entrevista a Carlton Cuse,un dos productores xunto con Damon Lindelof de LOST, éste asegura,entre outras cousas que a él non lle gustaría emitir no prazo previsto o material que xa teñen gravado sen deixar cerrada a temporada.
A grandes rasgos,a folga dos guionistas baséase na intención de éstes De cobrar os "beneficios residuais" que se derivan do uso dos seus productos en novas(ou non tan novas) plataformas como Internet,os DVD's ou os dispositivos móviles(mp4,telefonos móviles,...) .Anque os precedentes que ten esta folga(refírome á folga de escritores no 2001 e á de actores no 2004) non son demasiado substanciais,ésta pode ocasionar algún cambio no calendario de moitas series que seguimos.
O caso que a nós máis nos afecta(polo menos a min)é LOST,xa que da cuarta temporada só hai rematados 8 capítulos,ou sexa dous meses de serie.O dilema dos productores e executivos da cadea de tv que a emite (ABC) ,é que non saben se emitir o que hai feito tendo a esperanza de que a folga esté rematada antes de rematar os 8 capítulos e polo tanto continuar,cousa que consideran arriscada, ou pola contra de esperar a que remate a folga e por conseguinte rematar os outros 8 capítulos que lles quedan.Sé se déra o segundo caso o máis probable é que a emisión desta cuarta temporada quedaría aprazada para a a temporada 2008-2009 (só de pensalo vaime mal).
Polo tanto,tendo en conta esta información,eu lanzo unha preguntiña:
"Tendo como referente ,relativamente cercano no tempo,o parón que fixo a serie entre o capítulo 3x06 e o 3x07 de 3 meses e medio,¿que credes vós que deberían facer?¿Emitir o que teñen feito(8 capítulos) e deixarnos co mel nos labios durante un período de tempo non determinado?¿ou esperar a que rematen de gravar toda a temporada e emitila toda de un tirón?"

Aquí vos deixo o video no que Damon Lindelof(Lost) e Marc Cherry(Desperates Housewives) exercendo de piquetes nas portas da ABC.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

28 Weeks Later


Onte,por fin,vín este filme de Juan Carlos Fresnadillo que tomou o testigo de Danny Boyle despois de dirixir a súa predecesora "28 Days Later".Cun reparto non demasiado atractivo(Robert Carlyle-o de Full Monty-,Catherine McCormack,...),a priori,o director canario consegue manter a mesma tensión que se respiraba na cinta de Boyle.
Continuando a historia cun salto no tempo de seis meses vemos como Gran Bretaña volve estar a punto do caos cando xa pensaban que o virus causante do desastre estaba erradicado.
Xa,dende o meu punto de vista, podo destacar cousas que a min persoalmente me conquistan.O feito de que se vexa un Londres desolador e diferente ó que estamos acostumados(refírome ó Londres máis comercial con Hugh Grant ,Colin Firth , Bridget Jones,...) a ver é un alivio(esto tráeme á memoria "Children of Men") . Unhas das cousas que non sei como tomarme é a supremacía militar dos USA en todo o proceso de reconstrucción da Great Britain,xa que tanto se podería tomar como unha realidade sen máis ou como unha crítica...non o sei.
Por último,e esto é solo para os que a viron, ¿que pensades do final?

Ós que non vístendes ningún dos dous filmes recoméndovolos xa.

Aquí vos deixo os links para que poidades disfrutala:
1 2 3 4 5 6 7 8

martes, 6 de noviembre de 2007

As miñas 20 series favoritas



Continuando este topic que lanzou Marcus e que despois continuou David(Intramuros) vou dár unha lista sen ningunha orde preestablecida das series que máis me gustaron(moitas hai que encadralas no seu contexto espacio-temporal) e me gustan da TV.

-Lost
-Twin Peaks
-Expediente X
-Carnivale
-The IT Crowd
-Prison Break(sólo a 1ª temp. , e aínda así prescindiría de 8-10 capítulos)
-Heroes
-Friends
-Doctor en Alaska(que serían os veráns de fai anos sen a emisión de case-madrugada na 2 desta serie)
-Los Simpson
-Futurama
-Sigue Soñando(Dream on)
-My Life in Film
-Aída
-Matrimonio con Hijos(a de Al Bandy)
-Murphy Brown
-Cheers
-John Doe(cunha recta final un tanto decepcionante)
-Me Llamo Earl
-A dos metros bajo tierra

Seguro que me quedan moitas das que non me lembro.Moitas que nos 80's me gustaron pero que non foron capaces de tolerar o paso do tempo cun pouco de bo gusto.

viernes, 2 de noviembre de 2007

The IT Crowd , "....BRILLIANT"


Moitos non sabedes de que estou a falar,e outros estades máis que cansos de oír falar dela ou incluso de vela.O tema é que dende a semana pasada estou enganchadísimo a unha serie que me pasou o xefe de Intramuros e que a verdade está caralluda.A serie que se podería traducir como "a peña de IT"( IT:Information Technologies Dept.) e trata de dous frikis/informáticos que traballan nunha empresa de Londres nun departamento que non está en moi boa consideración dentro da mesma.(a info típica da serie podedela atopar AQUI) .O bo desta serie de producción brit é que fai un humor moi fresco que sobre todo ten a sua base nos usuarios medios da informatica e nos aficionados ó cine ,á música,ós comic , ...ou sexa ó frikismo en xeral.
A serie consta de dúas temporadas de seis capítulos cada unha.Foi estreada no 2006 tendo bastante éxito no Channel 4(creo que un dos canais máis interesantes da SkyTV alá na Inglaterra,...Fiz corrobórao).

O malo de todo esto é que as garras da industria americana xa ten mercados os dereitos de dita serie e xa están gravando os capítulos.Dentro de esta mala noticia ,hai que dicir que polo menos manteñen a un dos actores da serie inicial e ó personaxe,para mín,máis divertido , pero non o único.Falo de Richard Ayoade,máis coñecido coma Maurice Moss,ou Moss.

Ésta é a cabeceira da serie,...non é nada friki...



Esta é unha foto do reparto da versión orixinal

e ésta é unha da versíón americana

miércoles, 31 de octubre de 2007

Hvarf-Heim ,o novo de Sigur Rós





Despois de varios días sen poñer ningunha entrada volvo cunha que a moitos de vós vos vai agradar.Trátase do disco que acaban de sacar os islandeses Sigur Rós.É un disco que consta de dúas partes ,"Hvarf" e "Heim" no que hai rarezas do grupo e versións de temas anteriores.Para os que non coñecedes nada recoméndovos que vos descarguedes o "()"(1999) e o "Agaetis Byrjun"(2002),que son os que coñezo,xa que o último traballo seu,"Takk"(2005) apenas o escoitei.
Teño que dicir ,que é unha banda un tanto rara,xa que fan unha música que se podería etiquetar de todo menos de convencional,o que ocasiona moitas veces un precipitado rechazo,que segundo se vai escoitando máis veces desaparece e vai seguido dun contínuo surxir de matices que fan desta banda un cadro sonoro.

Aquí vólo deixo para que o disfrutedes.



CD1 - Hvarf



CD2 - Heim

martes, 23 de octubre de 2007

Novo video de Serj Tankian para a canción "Feed Us"

Pois eso,que aquí vos deixo o vídeo correspondente ó tema "Feed Us" que pertence ó xa mencionado "Elect the Dead" de Serj Tankian.


jueves, 18 de octubre de 2007

Un regaliño para os oídos



Pois sen saber moi ben a prodecencia deste arquivo,aquí vos deixo unha version piratilla de "ELECT THE DEAD" de Serj Tankian.Non é a unha calidade 100% pero vale para esocitar.Recordame moito a cando empezou a rular pola rede o "Black Holes and Revelations" de Muse antes da súa data oficial de lanzamento.O caso é que podedes escoitar o disco,e saber de que pao vai Serj.De todas maneiras nunha entrada deste mes poidestedes disfrutar de dous dos temas que compoñen este álbum.
*Hai que dicir que estes dous temas dos que falo("Empty Walls" e "The Unthinking Majority") tiveron unha boa acollida fai dous fins de semana no 13.Varios asiduos do garito en cuestión comentaron algo moi significativo,...que eran ,ámbolos dous temas, unha mestura entre "Toxicity" e "Steal this Album" de S.O.A.D. , cousa que eu comparto.

Aquí vos queda o disquiño.

*CAMBIEI O LINK.É A VERSIÓN DEFINITIVA CON CALIDADE CD

Serj Tankian - Elect the Dead (2007)

jueves, 11 de octubre de 2007

Lost 3x16 , 3x17 , 3x18 , 3x19 , 3x20 , 3x21 , 3x22 , 3x23


Pois xa tedes toda a terceira temporada á vosa disposción neste blog.Aquí vos quedan os últimos capítulos desta gran temporada.

3x16 1 2 3 4 5
3x17 1 2 3 4 5
3x18 1 2 3 4 5
3x19 1 2 3 4 5
3x20 1 2 3 4 5
3x21 1 2 3 4 5
3x22 1 2 3 4 5
3x23 1 2 3 4 5

miércoles, 10 de octubre de 2007

In Rainbows ...á vosa disposición



Pouco teño que dicir,non? Aquí tedes o esperadísimo disco de Radiohead.Despois de catro anos aquí tedes un dos discos máis esperados da década.



Radiohead - In Rainbows

martes, 9 de octubre de 2007

Lost 3x10 , 3x11 , 3x12 , 3x13 , 3x14 , 3x15


Pois creo que o título dío todo,non?
3x10 1 2 3 4 5
3x11 1 2 3 4 5
3x12 1 2 3 4 5
3x13 1 2 3 4 5
3x14 1 2 3 4 5
3x15 1 2 3 4 5

lunes, 8 de octubre de 2007

¿Spoilers de LOST na web da Fox?


Andando de casualidade pola páxina web de FOX mirei no apartado de Lost e vin un par de cousas que,ou ben son un erro(enorme,ou non) ou ben estáselles dándo por colgar cousas que non se saben...
Vos mirade este link e a ver se vos quedades con algo estraño.

Heroes Segunda Temporada V.O.S.


A petición de varios asiduos deste blog vou colgar os capítulos que vai habendo da segunda temporada de "Heroes" .A min como o final da primeira temporada me deixou un pouco decepcionado(paréceme moi forzado todo) pois non mostrei interese algún por colgar estes capítulos.De todas maneiras aquí vólos deixo:

2x01 - 4 Months Later 1 2 3 4 subt.
2x02 - Lizardas 1 2 3 4 subt.

朋友



Despois de ter unha conversación ,entre outras cousas, curiosa(e superfriki) este domingo pasado con dous dos tótems da "movida melidense"(cáptese a ironía) decidín facer esta entrada a cerca de un tema no que ,na miña opinión ,teño certo dominio.Estou a falar de Friends,... que xa todos sabemos o boa que é(porque o sabemos).
Anque para nós é unha sitcom sen nada que nos impresione realmente,noutros países,como é o caso de China,necesitaron unha especie de documentais de adaptación á cultura occidental , e máis concretamente á americana, para que non existise choque cultural.E indagando no tema,despois de que Txemi mo recordara,atopei algo.
O primeiro é esto: 朋友 ,que vén sendo o título da serie en Chino , e segundo esto:

Esta versión é bastante similar á americana mantendo os roles de cada personaxes,ou sexa dous irmáns e duas parellas.O caso é que neste artigo que atopei pola rede xa fala(sendo éste do ano 2005) dunha serie que se fixo xa no 2002 que se chamaba Happy Youth que era similar a Friends.

miércoles, 3 de octubre de 2007

In Rainbows


Por fin a banda británica Radiohead sacan novo disco.Despois de dár un aviso con moi pouco tempo de antelación,o 10 deste mes,ou sexa para a semana, Thom Yorke e os seus aparecerán con In Rainbows,un disco sen selo discográfico que vai ser publicado pola propia banda a trave´s de internet.O curioso desto é que o disco non vai a ter prezo fixo.Explícome,cada un vai poder pagar o que queira(supostamente,...xa se confirmará) pero só a través da web www.inrainbows.com.Debido a que o compromiso con EMI,a súa discográfica,rematou coa publicación do seu sexto álbum de estudio Hail to the Thief,a banda decidiu tomar a postura de"se non podes vencer ó teu enemigo,únete a él".De todas maneiras para os que queiramos ter a versión CD orixinal tamén o vamos poder adquerir nas tendas,tanto en CD coma en Vinilo.Agora sí,esperemos que con este disco volvan aparecer polos escenarios.Personalmente,espero poder velos este ano ou o seguinte.

martes, 2 de octubre de 2007

Serj Tankian:Elect the Dead


Despois dun par de anos sen saír á palestra o vocalista de System of a Down,e compositor Serj Tankian saca o seu primeiro álbum en solitario recuperando os sonidos mais roqueiros.Elect the Dead,que así é como se fai chamar comeza presentándose con The unthinking Majority e Empty Walls,uns temas claramente con contido politico-social que ós que escoitamos S.O.A.D. dende xa fai uns aniños xa non nos extraña.
O disco ten prevista a súa saída ó mercado a finais deste mes e como presentación,como dixen arriba deixanos esta xoia que xa quedou gravada nas miñas retinas por moito tempo.Estou a falar do video de Empty Walls, unha visión dos conflictos bélicos por parte dos USA moi particlar , cun punto de partida moi recurrente ,anque non por eso menos veraz.Por agora só hai dous videos deste traballo,que está producido e composto por él mesmo.Incluso hai que dicir que a composición e toda a gravación de tódolos instrumentos están a cargo dél.¿Pode ser que lle sentara ben o parón indefinido de System of a Down?Quizais,...está claro que S.O.A.D. é S.O.A.D. ,anque esto promete moito.Mañá xa vos colgarei os scans da entrevista que lle fan en Rockzone.
Agora,aquí vos deixo os vídeos:
The Unthinking Majority
Serj Tankian - The Unthinking Majority

Añadir a mi perfil | Más Videos

Empty Walls.Este podédelo baixar pinchando AQUÍ
Serj Tankian - Empty Walls

Añadir a mi perfil | Más Videos

En breve teredes o disco aquí á vosa disposición

Lost 3x05,3x06,3x07,3x08 e 3x09 en español en version HDTV


Pois eso,aquí vos quedan os links de estes cinco capitulos nos que a historia avanza unha burrada,para que mentir.
3x05 1 2 3 4
3x06 1 2 3 4
3x07 1 2 3 4 5
3x08 1 2 3 4 5 (Por certo,CAPITULAZO!!!!!)
3x09 1 2 3 4 5

sábado, 29 de septiembre de 2007

An Irish man has cheated me


Pois bueno,despois de varios días camiñando polas ruas da capital irlandesa,puiden ver o modus vivendi dos dublineses,como pasan o seu tempo libre,como comen,...pero hai unha cousa que me decepcionou un pouco.Estou a falar da coñecida Guinness StoreHouse.A decepción vén dada por diversos motivos,entre eles o prezo,que me parece máis que excesivo 14 € por ver nada,...bueno,ves o pao que che dan.Supostamente son 7 plantas nas que vas vendo como dende a base do edificio,que ten forma de pinta,ata a cima cal éo proceso de elaboración da cervexa negra.Pódovos asegurar que durante as catro primeiras plantas son unha estafa,porque o único que ves son pantallinas TFT nas que un guía virtual che vai amosando videos de como fermenta a cebada e de como se expande esta bebida por todo o mundo.Eso durante as primeiras plantas.Nas últimas xa podes facer máis cousas(faise un pouco máis activa a visita/tangada) , como deixar unha mensaxe nun muro ata servirte ti unha pinta nos grifos da cervexería...e ,para qué?para xustificar un pouco máis ese precio excesivo.Xa na última planta está está o único bo desta visita,o Gravity Bar.Un bar con unha vista 360º da cidade onde se pode degustar a pinta gratuita que che dán como "premio" final por aguantar o tostón de visita.


Por eso,so podo dicir cousas máis ben negativas desta visita,entre elas que un irlandés chamado Arthur Guinness me tangou ben tangado.

jueves, 27 de septiembre de 2007

Greetings from Ireland


Aqui vos deixamos eu e Txemi un saudo dende o corazon de Dublin,o Temple Bar.Moitos pubs,e moita birra.Estamos à espera da chegada de Fiz ,que vèn o sàbado para dàrlle canha(non hai enhe) òs irlandesas/es.Pois è o que se merecen(dì o Txemi).Aquì beben coma cosacos.Agora podo dicir que son uns borrachos.Pois eso,que aquì estamos...See You Soon people ...
*Son as 2.00 e pico da manha e imaxinade como imos para escribir esto...hbgljhgdlsauygtfpruihfa\oujvb\s siouvygpsdrfyp9ai\uhfoweuihfr9824798768768765&^%&*$*^%$*^%$R8654*%&RI&^R*&^%*&^%*&^%*&^%&*^%ytg
#t&^%(*&^%*&^%*&^%&$*87098u8098oihiugoglkjhgljkuhtguyg

lunes, 24 de septiembre de 2007

Un dos Offtopic de Outubro:San Froilan 2007



Algo que me motivouo a facer esta entrada non foron as festas en sí , máis ben é unha maneira de aclarar un rumor que corría por aquí(Melide,my hometown) de que ían vir Iggy & the Stooges e Van Morrison(éste pagando,supostamente).Pero a verdade é que non,anque estaría moi ben ver ó avoo do punk e ó León Irlandés.O que sí que está confirmado é a presencia de Deluxe coa apertura de dito concerto de IAN,unha banda lucense que fan un pop-rock dunha calidade envexable(lembrade que tocaron un par de veces na sala 600) , Burning e Ilegales , un cantante de éxito de rizos e rubio(dádevos conta que non vou escribir ese nome no meu blog) , e máis artistas que farán destas festas un referente nestas datas(xa o é).De todas maneiras podedes descargar aquí todo o cartel de concertos* en formato ".pdf".
Polo tanto NIN IGGY & THE STOOGES NIN VAN MORRISON VAN Ó SAN FROILAN 2007

*Os concertos este ano faranse na praza de Sta. María(diante da Fundación Caixa Galicia) e na Praza Nova Ramón Ferreiro(na avenida onde está Maxisterio).

sábado, 22 de septiembre de 2007

"Bootleg fresco fresco dos de Devon"


Despois de case un mes de descanso a banda de Teignmouth(Devon) vai continuar coa sua interminable xira por USA e parte de Europa.Mentres non volven con cousiñas novas aquí vos deixo un directo,que pola calidade parece oficial(non o é),da súa actuación en Seattle o día 9 do mes de Agosto no Key Arena.É unha boa oportunindade para que os que empecen a coñecer esta banda poidan disfrutar cunha calidade máis que boa do que está a ser un concerto dunha das xiras máis importantes dentro do panorama internacional.
MUSE @ Key Arena(Seattle) 09/08/07

Lost 3x04 HDTV


Gracias a unha conversa de venres pola noite con Tuta puiden saber que xa está á vosa disposición o capítulo 4º de Lost en español da 3ª temporada.Coma sempre aquí vos deixo os links para descargar a versión de dito capítulo en HDTV,ou sexa un pouco máis de calidade.

Lost 3x04 version HDTV 1 2 3 4

Pois eso,a disfrutalo os que aínda non o vistendes,e para os que xa o vimos e os estamos a descargar,que teñades unha boa revisión.

martes, 18 de septiembre de 2007

Lost 3x03 Instrucciones Adicionales(Further Instructions)


Aquí vos quedan os links para a descarga do capitulo 3x03 de Lost en español.

Links para a version HDTV
1 2 3 4

martes, 11 de septiembre de 2007

Alfred Hitchcock Presenta


Hoxe vou ser un pouco máis fiel ó nome deste blog e vouvos aportar algo que provén da "Illa", e non me refiro á de Lost , senón a Inglaterra.
Anque polo xeral acostumo a poñer os enalces de cousas máis ou menos actuais,hoxe vou poñer uns de algo que , xa , dende fai moitos anos , incluso rozando as dúas décadas me encantou(no seu momento acojonoume).Estou a falar das historias de Alfred Hitchcock no mítico *"Alfred Hitchcock presenta:" .Son 39 historias das cales hai algunhas que me traen recordos de todo tipo.Incluso hai algunhas que tratan situacións que ata hoxe me incomodarían.
Son tres DVD's que conteñen 13 historias cada un.Lembrade son en .avi polo tanto podedelas baixar por independiente e gravalas como vos veña en gana.
DVD1:
1.Angustia 1 2 3
2.Venganza 1 2 3
3.Regreso por Navidad 1 2 3
4.El caso del Señor Phelman 1 2 3
5.El caballero americano 1 2 3
6.Érase una vez una anciana 1 2 3
7.Gatillos bajo control 1 2 3
8.La dama desaparecida 1 2 3
9.No vuelvas con vida 1 2 3
10.Rescate 1 2 3
11.El gran varapalo 1 2 3
12.Lugar de Sombras 1 2 3
13.El legado 1 2 3

E para os que queirades poñerlle unha portada a ese DVD ,aquí tendes o enlaces para descargala.


*Cando estaba estudiando en Santiago,tiña unha asignatura que se chamaba Cultura e Civilización Inglesa,na que tiven que facer un traballo a cerca da evolución do cine en Inglaterra,e cando me tocou elaborar unha exposición a cerca do señor Hitchcock houbo unha anécdota que me chamou moito a atención.Dita anécdota era que debido a que o neno Hitchcock na escola sempre era obxecto de burla por parte dos seus compañeiros pola súa gordura,o Hitchcock adulto decidiu facerse director de cine para poder facer películas que déran medo a todos eses compañeiros.Posiblemente o conseguiu.

Lost 3x00 , 3x01 e 3x02 en Español


O verán a puntiño de deixarnos e as series de éxito a puntiño de volver...ou xa de volta como é o caso da nosa favorita LOST.
Para todos os rezagados que déstes aguantado sen ver a terceira temporada de Lost aínda que fose en inglés,aquí vos deixo o comezo de temporada.Primeiro deixovos un capítulo introductorio da temporada que tamén fará de recordatorio do visto ata agora.E logo xa ven o *primeiro capítulo.

3X00 - UN RELATO DE SUPERVIVENCIA PARTES 1 2 3 4
3X01 - HISTORIA DE DOS CIUDADES VERSION HDTV 1 2 3 4
VERSION DVDRIP 1 2 3 4
3x02 - LA BAILARINA DE CRISTAL VERSION HDTV 1 2 3 4
VERSION DVDRIP 1 2 3 4
*Pódovos dicir que neste capítulo veredes uns dos 5 primeiros minutos de temporada máis abraiantes da TV.A mín polo menos deixáronme boquiaberto.


**Outra cousiña:A diferencia dos que a seguimos semana tras semana ó ritmo dos USA,os que a ides ver en español non ides sufrir o calvario que sufrimos nós,xa que esta 3ª temporada no seu ritmo inicial foi estructurada de maneira que os seis primeiros capítulos eran como unha especie de miniserie na que se relata o que llés pasa a un grupo de personaxes(Jack,Kate,Sawyer e Hurley).Despois desa miniserie tivemos que pasar case tres meses sen nada .Así que disfrutádea porque vos aseguro que merece a pena.
Para mín a mellor temporada.

lunes, 10 de septiembre de 2007

OffTopic do mes:San Caralampio 2007

Cando pensabamos que a euforia do verán remataba coa entrada do mes de Setembro(para min o mellor mes do ano por diversos motivos) resulta que estaba o San Caralampio aí escondidiño.Digo esto porque ,polo menos pola miña parte,é unha festa que sempre me pilla case por sorpresa xa que por estas datas teño a cabeza en outras actividades de carácte ludico(a escapadiña anual) .

Ésta é unha festa que,a pesar de que segue vindo xente de fóra a celebrala,consideramos que é feita por e para os de Melide,para todos os que quedamos no pobo con ese sabor agridoce da despedida do verán.

Evidentemente toda festa ten a súa parte boa e a súa mala.¿Por qué? Porque como xa todos sabemos ,unha das cousas que máis nos molesta ós que imos á festa para disfrutala é o "chiringueo" con tódalas súas variantes(pistolitas , as míticas litronas e o artiluxio estrela ,a sulfatadora) ,xa que eu,e supoño que case todos os que realmente disfrutamos desta festa, non teño porque ser partícipe de algo que non comparto.Os que se queiran mollar xa saben...temos unhas praias moi bonitas en Galicia,pero non molestedes a quenes nos gusta chegar á casa unha vez rematada a festa sen cheirar a viño(no mellor dos casos) ou a saber a que...

O caso é que , por sorte , esta festa dá moito máis de sí que estas insignificancias que empañan a ledicia da FESTA por excelencia da nosa vila.
Por iso,vou facer unha especie de crónica,persoal, da que onte se celebrou(á espera da crónica de Riki,se é que a fai...Riki xa sabes...).

Primeiro,sobra dicir que o bo tempo fixo acto de presenza ,cousa que favoreceu con respecto á afluencia de público/festeiros/...

No referente ó consumo de alcol,alomenos pola miña parte,non foi maior que o de anos anteriores , o que pasa é que se bebes cousa de calidade (albariño) pois o "subidón" é moito máis levadeiro.**MODO PURETA//ON** "tanto Kalimotxo e tanta ostia,se sé bebera viño a festa collería outra cor" **MODO PURETA//OFF** .
No aspecto gastronómico houbo cambios,a mellor, que propiciaron máis cambios.Refírome á comida na Pousada Chiquitín,onde poidemos degustar uns calliños da casa(moi ricos e consistentes,por sorte) e carne con patas.Todo esto acompañado de bo viño,cafés e chupitos...
Os cambios ós que me refería anteriormente foi a presencia dun pelegrín de nacionalidade xaponesa que nos acompañou ó longo de toda xornada.Como non coñezo a maneira de escribir do seu nome vouno escribir como me pareza.Chamábase Isako(¿É cousa miña ou este tío é cagadiño a Hiro Nakamura?),anque entre nós ,a causa do escaso coñecemento da variedade de nomes xaponeses , era Miyaghi(cousa que lle fixo gracia).Hai que dicir que gracias á presencia deste foráneo moitos de nós poidemos sacarlle as teas de araña ó noso inglés.

Con respecto ás actividades lúdico-festivas do día destacar a dinámica actuación dos Festicultores con "tractorillo/segadora sen peine" que fixo movernos a todos ata que as luces do día déron paso a un ceo estrelado cómplice dos máis borrachos.

Se algo me deixou algo abraiado(dádelle a connotación que vós queirades a este adxectivo) foi o grupo que amenizou a festa previa á traca.Cun repertorio do máis raro tivo os seus momentos máis álxidos cara o final da sesión cando cantaron o éxito do verán pasado "a cabritinha" na que ademáis dunha coreografía moi complexa e rebuscada tiveron a grande idea de emular vocalmente a unha cabra(cáptese a ironía,por favor).


Por último hai que dicir que a traca estivo moi ben.


Agora,esta festividade conleva un cansancio indescriptible tanto no propio día como no día seguinte,xa que a grande maioría(na que me inclúo) somos tan intelixentes que a véspera de dita festa agarrámonos unha merluza tan ou máis forte ca do día seguinte.


Nada máis,...dicir que é unha festa ben bonita na que se deberían evitar cousas que non veñen a nada como mollar á xente ou dárlle de ostias ...

Paz, amor e moito Caralampio...