martes, 26 de junio de 2007

Lost,Terceira temporada en TVE2



Confirmado,"a serie máis cojonuda da historia",LOST, estrea a súa terceira temporada en España a través de TVE2(ó final TVE1 non soubo colocar esa serie de maneira regular na súa grella diaria) .O estreno será o día que remata(por fin) Desperate Housewives(Mulleres desesperadas),o 11 de Xullo.Hai que dicir que me alegra bastante esta nova,xa que entre Heores na galega e Lost na segunda , as noites de semana de verán terán algo que ofertar na tv- e mira que no verán a tv é unha merda.
Pois eso,para todos os rezagados que non quixeron seguir esta temporada a ritmo dos US aquí está o momento.
Se vistendes rematar a segunda temporada,recoméndovos que non perdades detalle do primeiro capítulo,e máis concretamente os primeiros cinco minutos.
Anque teño que dicir que ,sen ter en conta o valor que ten a primeira temporada,só por ser a que nos introduce na trama, a terceira temporada é das máis impactantes.Capítulos coma o 3x08 ,os seis primeiros,ou a traca final que fan cos 6 últimos episodios , fan desta temporada,na miña opinión a mellor(non tendo en conta o valor indiscutible da 1ª).
Lembrade 11 de Xullo , en TVE2(a segunda) estréase a TErCEIRA TEMPORADA DE LOST.

EVERYTHING HAPPENS FOR A REASON...

viernes, 8 de junio de 2007

The Arcade Fire :Funeral with a neon bible






Cando vos comece a falar desta banda de Montreal moitos diredes(bueno moitos non,porque a maioría de visitantes deste blog coñécenos de sobra) ¿quén carallo son estes?Pois son The Arcade Fire.Eu coñecinos fai case un par de anos por medio dun bussines man que reside na capital madrileña.E teño que dicir que cando os escoitei por primeira vez a primeira cousa que se me veu á cabeza foi:"joder,esto é moi Bowie de dios" .Foi co tema "Laika" , que a mín recordoume moito á etapa Ziggy Stardust e Hunky Dory (60's 70's) do Duque Branco .

Unha vez que me descarguei o disco(non recordo ben se o descarguei ou o collín directamente do disco duro do bussines man) quedei abraiado polo fresco , e ó mesmo tempo polo vello , que soaba ese grandioso disco,o "Funeral" , que foi a consecuencia dun EP que editaran un ano antes (2003) ,no que pode destacar temas como "No cars Go" que posteriormente apareceu no seu último disco "Neon Bible"-que xa vos comento máis abaixo as miñas impresións.




Ademáis de "Laika", Funeral está repleto de temas do máis coloridos cun aire de presa.Digo presa,porque unha característica bastante representativa de moitas cancións destes freaks é o aumento do "tempo" durante o seu transcurso de ditas cancións.Un dos temas que mellor explican este rasgo é Rebellion.Este disco deulles tal pulo que ata o mesmísimo David Bowie se rendeu ó seus pes.Os que poideron ver a estes canadienses en directo constátano.
The Arcade Fire - Laika

É unha banda que en directo aínda medra máis.As "almas mater" da bando son Win Butler(guitarra e voz) e Régine Chassagne(piano,batería,acordeón,xilófono,...).Outra das características da banda é a chea de instrumentos que utilizan nas súas actuacións,dende os máis convencionais ata o máis raros,por exemplo unha especie de colar con campaniñas , ou mesmamente un casco dunha moto...



Xa neste 2007 sorprendérnnos con "Neon Bible",A súa última obra. A pesar de que as primeiras escoitas foron menos sorprendentes que con Funeral , pouco a pouco foi medrando o seu valor musical(alomenos para min).É un pouco máis escuro,e con claras referencias ó blues e ó Rock&Roll dos anos 50 e 60,anque sen perder de vista o seu ,xa máis que patentado,estilo.



Os temas que podo destacar deste disco son a magnífica "Intervention" ou Black Mirror,tema co que abren o álbum.De todas maneiras ,tanto Funeral como Neon Bible son máis que recomendables.
Por sorte para algúns,estes artistas van facer un par de copncertos en España.Máis concretamente en Madrid e Barcelona(que raro!!!!) durante o festival Summercase que se vai celebrar nestas cidades co mesmo cartel pero en días alternos.Se non me equivoco o noso bussines man terá o pracer de velos e posteriormente contarnos que lle pareceu.






Aquí vos quedan os dous discos para que poidades escoitalos,e por suposto desfrutalos.









miércoles, 6 de junio de 2007

Unha aplicación interesante este Lastfm



Unha vez recuperada a normalidade despois dunhas xornadas post-electorais do máis axitadas,volvemos a falar todolos blogs das nosas cousas.Eu a verdade ,non teño moito tempo para escribir cousas(están os exames á volta da esquina),pero adicando uns momentos á rede de redes dín cunha cousiña ben interesante.Sabía da súa existencia pero nunca me déra por probalo.Estou a falar de LASTFM.Está moi ben.Ti rexístraste e tes a opción de descargar o software de dita aplicación ou ,pola contra podes utilizala dende a páxina web.Cada vez que abres a aplicación,xa sexa vía web ou vía software , pregúntache de que grupo queres escoitar algo,e a partires de aí,aleatoriamente,vaiche "pinchando" temas do mesmo estilo,ou similar , de diferentes bandas.Está moi ben se queres tes música de fondo.A verdade é que che evita facer esas ,ás veces coñazo , listas de reproducción que un fai cando vai estar moito rato diante do monitor.Sei que vou un pouco atrasado en comparación ó que xa se oferta pola rede.Sei que existe Joost e toda a avalancha de ofertas que hai pola rede a cerca da xa existente Tv por Internet.Pero creo que o meu equipo non me dá por agora para disfrutar da maneira máis óptima de ditos servicios.