jueves, 22 de marzo de 2007

Que bonito é descubrir novos grupos



Son consciente de que o título desta entrada soa ,polo menos pastelosa,pero é verdade(alomenos para para mín).Todos aqueles que escoitamos moitas horas de música ó longo do día sabemos que hai veces que xa non sabes que escoitar.Entón aí surxe o dilema:¿escoitas algo que xa estás ata o carallo de escoitar?ou pola contra¿meteslle man a un deses discos que xa fai anos que non escoitas(que,bueno,non deixa de ser unha variante nostálxica da primeira cuestión)?
Por eso digo que é bonito descubrir cousas que antes non coñecíamos ou non queríamos coñecer.Por exemplo,despois de facer unha visitiña a Javi(Rambi)-por certo un artista dos pes á cabeza en deseño de casas en 3D-trouxen comigo algunhas perliñas ,que por diversos motivos non me atrevía a escoitar(principalmente porque non me atraían).O caso é que descubrín varias bandas que me deixaron abraiado.Unha delas é unha banda neoiorquina chamada The Bravery.Surxiu no 2003 cun disco co mesmo nome que é moi completo.Cando esoitei a primeira canción,sen saber de que pao iban,recordáronme a The Killers(banda coa que non teñen moi bon rollo,precisamente) musicalmente,e a The Strokes na voz.Curiosamente días despois mirando en wikipedia,foi cando os ubiquei,...e certamente,eran da mesma xeneración que os Strokes(rollito newyorker).Tan só coñezo o primeiro disco ,que é o que vos recomendo e,aparte das claras "influencias" ou "similitudes" coas bandas anteriormente mencionadas,teñen un estilo bastante roqueiro pero con moitas bases bailables.Pois nada ,escoitadeos porque merecen a pena.

No hay comentarios: