miércoles, 30 de mayo de 2007

Porque será que estes cracks se seguen a saír?

Como xa mencionei noutro post,xa comezan os festis.Aquí vos deixo uunha mostra do que anda a facer MUSE por terras baixas.Estou a falar do Pinkpop Festival(Holanda) 2007.O matthew vestido de menstruación segue a armala enriba do escenario coma sempre.É o preludio do que vai ser a súa actuación no Festival Internacional de Benicassim.Estrea guitarra ,da mesma casa que ata agora usou(Manson).O novo modelo é a Glitter Manson,que igual que a súa predecesora tamén ten a pantalliña táctil para facer os "ruiditos".A min personalmente non me encanta,pero tampouco me disgusta.Aquí tedes o tema NEW BORN cun final do máis apoteósico.





*Destacar varias cousas:O piano como o da xira do Origin of Symmetry pero coa tapa de metacrilato,o escenario cambiarono outra vez colocando a batería/ovni/cafeteira no centro do escenario,e en vez de pantallón xigante detrás puxeron tres pantallas grandes xuntas na parte superior do escenario.Queda bastante ben.

Opinión persoal:A pesar de velos 3 veces en directo e que nunca me defraudaron ,seguen sen deixar de sorprenderme.Polo tanto confirmase todavía máis que é unha das mellores bandas en directo do momento(anque eso xa o dicían fai varios anos)

martes, 29 de mayo de 2007

Off Topic do mes(que vén/que ben...)


FESTEXANDO O CAMBIO

Se en outros off topics falei do exceso de velocidade nas estradas mesturado con alcohol,ou de novas incorporacións á comunidade canina(ésta non conta para as eleccións) , adiantándome ó mes que vén, neste off topic falarei do CAMBIO que se deu(POR FIN) no esquema político da nosa vila.Claramente,a pesar de que algúns interpretan os números da maneira que máis lles convén,Melide mostrou unha vontade de cambio que non se vía dende hai moito.Despois de 16 anos de goberno do grupo popular, o pobo quixo concederlle unha oportunindade ó BNG(6 concellais) e ó PSdG-PSOE(1 concellal) de xestionar o devir da vila.Esta ansia de cambio case se fixo patente nos comicios do 2003,pero por unha escasez de votos non se levou a cabo.
A xornada electoral,coma todas,estivo repleta de momentos de tensión que desenbocaron en algúns feitos pouco éticos por partes dos menos beneficiados.Pero bueno,realmente sorpréndenos? a min non.Pero agora son historia ...este tipo de actos.

Pois o dito,que os cambios son bos ...e se non o son pois para iso están as urnas .

Parabéns ó novo equipo de goberno.E recordade,que o pobo somos todos e non uns poucos(como antano o fixeron outros).

PD:É a primeira , e posiblemente a última , vez que falo de política neste blog.Seguramente sáese moito da súa tónica habitual,pero consirerábao necesario.

Aquí queda un tema dedicado ós que se queiran dár por aludidos:


Corrupt
You're corrupt
Bring corruption to all that you touch
Hold
You behold
And beholden for all that you've done
And spell
Cast a spell
Cast a spell on the country you run
And risk
You will risk
You will risk all their lives and their souls

And burn
You will burn
You will burn in hell, yeah you'll burn in hell
You'll burn in hell
Yeah you'll burn in hell
For your sins

And our freedom's consuming itself
What we've become
It's contrary to what we want

Take a bow

Death
You bring death, and destruction to all that you touch
Pay
You must pay
You must pay for your crimes against the earth
Yeah hex
Feed the hex/Feed the hex on the country you love

Now beg
You will beg/You will beg for their lives and their souls

Now burn
You will burn
You will burn in hell, yeah you'll burn in hell/You'll burn in hell
/Yeah you'll burn in hell
You'll burn in hell/Yeah you'll burn in hell/For your sins

jueves, 24 de mayo de 2007

Lost's Season Finale


Por fin, e por desgracia,remata a 3ª Temporada de Lost co típico capi doble.Aínda non os vín,pero xa teño ganas.Aquí vos deixo os links de cada un dos capis por separado.Xa sabedes que os subtítulos ...tan pronto estén serán colgados.

Lost 3x22 Megaupload Megarotic Gigeshare Gigesize Subtítulos


Lost 3x23 Gigeshare Fly-upload Badongo You-love Subtítulos


Disfrutádeo,que ata XANEIRO DE 2008 non hai nada máis desta bendita serie.

martes, 22 de mayo de 2007

Arctic Monkeys en Vigo



A banda revelación británica do 2005 para por primeira vez en terras galegas para presentar o seu último disco "Favourite Worst Nightmare".O concerto será en Vigo ,no parque de Castrelos o día 19 de Xullo de 2007.A venda de entradas farase a través de Caixanova e nos puntos habituais.Aquí vos deixo o video do 1º sencillo que se chama "Brainstorm".

Heroes Season Finale


Aquí acaba a primeira temporada de Heroes.Anque cun sabor agridoce,xa que todos pensabamos que a season finale ía ser coma as de LOST(doble capítulo),pero non...É igual.A ver como cerran a trama desta serie que dende o primeiro capítulo nos enganchou.Aquí vos deixo os links.Xa sabedes que os subtítulos estarán asap.

Heroes 1x23 "How to Stop an exploding man"
Rapidshare 1 2 3 4 Filefactory 1 2 3 4
Versión de 100Mb Tinyurl Uploadarmy
Subtítulos

lunes, 21 de mayo de 2007

Estamos de Estrea


Hoxe estamos de estrea xa que ,despois de varios meses de reflexión, nace o foro de Citizenerased no que ,anque de momento non ten moita vida,falarase de todo (espero) e con todos(que electoral soa esto...será esta época).
Hai que rexistrarse para poder opinar(espero que eso non sexa unha traba) e unha vez que estedes rexistrados poderedes crear novos temas que de maneira non profesional , humilde e non represiva moderarei eu.

Bmonos no foro.

domingo, 20 de mayo de 2007

Época de festis...

A punto(bueno,non tanto) de estrear a estación estival empezamos a ver a grande variedade de festivais que se estenden ó longo e ancho do territorio.Hai de tódolos gustos , de tódalas calidades,de tódolos xéneros...Neste post vou mencionar os que,dalgunha maneira ou doutra,espertan o meu interese ou o meu desagrado.

Vou comezar falando do Festival Internacional de Benicássim que ,hoxe por hoxe,é o festival mellor considerado de música internacional(porque xa sabemos todos que para música nacional está o Viñarock que curiosamente se celebrou este ano tamén na cidade levantina-máis info en liadia).

Como actuacións interesantes(sempre dende o meu punto de vista) podo destacar a dos rapaces de Devon,MUSE,que de seguro darán un bo concerto-daquela xa terán vido do CONCERTO de inauguración do Estadio de Wembley no que teñen dúas noites seguidas co cartel colgado de sold out.Outros a destacar son os Mando Diao(grupo que descubrín este ano e encántanme) , Artic Monkeys (o seu último disco non me gustou tanto como o primeiro e aclamadísimo "Whatever People say I am,that's what I'm not") , The Klaxons presentando(un pouco tarde o seu disco Myths of the Near Future,ou o cantante norteamericano considerado un dos mellores letristas da actulidade Rufus Wainwright que descubrín fai nada e a verdade é que ten unhas escoitas moi moi agradables.Outros que sería interesante ver son:Anthony & the Johnsons,The magic Numbers ou !!! .

Outro festival que,polo seu cartel,merece moito a pena é o Summercase.É o festival que se fai simultáneamente en Madrid e Barcelona,alternando os días,evidentemente.Mentres que en Madrid este evento lévase a cabo no concello de Boadilla del Monte, en Barcelona daráselle uso ó Parc del Fórum.

Hai bandas moi atractivas e que non son das que veñen habitualmente.Falo de grupos como os canadienses The Arcade Fire,que despois da aparición da xoia "Funeral" aparecen de novo con "Neon Bible" no que experimentan máis dentro do seu son moi identificable, ou a banda The Flaming Lips na que os irmáns Coyne seguen dando que falar despois de máis de 20 anos de andaina.Como os máis destacables,ademáis dos mencionados, están os Kaiser Chiefs(aínda non lles escoitei o disco),LCD Soundsystem,Bloc Party,PJ Harvey ou o ex-líder da banda británica Pulp,Jarvis Cocker(que presenta o seu primeiro disco en solitario jarvis).

Tamén no Parc del Fórum se fará o Primavera Sound a finais de este mes.Moitas das bandas que aparecen no cartel son bandas que acuden ós festis que mencionei antes.Anque hai varias bandas que merecen a pena ver.Sólo por The Smashing Pumpkins(parece que Billy Corgan intenta buscar a estabilidade musical despois do malogrado proxecto Zwan que nin chegou a ter unha posta en directo) ,Sonic Youth,ou The White Stripes xa merece a pena.Tamén se verán bandas interesantísimas como os americanos Of Montreal(que despois de escoitalos en radio 3 no programa siglo 21 captaron a miña atención).

Como a parte negativa dos festivais está a edición deste ano do Festimad,ou como xa foi nomeado como Festimomad.Despois de meses dunha intensa publicidade que creou falsas esperanzas cerrouse fai pouco un cartel que brilla polas suas carencias.O único atractivo(sempre dende o meu punto de vista) é a presencia de Pearl Jam e de Anathema,xa que do resto só teño que dicir que a presencia de Slayer,banda que ademáis de estar no 2005 non causou demasiado furor xa que o día que tocaban a maior atracción era Marilyn Manson e os góticos Nightwish.Chégame con coñecer as opinións da xente que ten a entrada e que se sinte"medio-estafado".

Estoume deixando,lóxicamente, moitos festivais no tinteiro como o festival do Noroeste en Vilagarcía,... pero xa se sabe que para as cousas que un se esquece están os comentarios dos visitantes do blog.

jueves, 17 de mayo de 2007

Heroes:Origins


Visitando a web de marcus ,atopei unha noticia que ,a verdade,agradoume moito.O malo que ten esta época é que as nosas series favoritas vanse acabando,e é cando todos dicimos que é unha putada porque non tes nada para ver no verán e bla bla bla...
Por iso alegroume que os creadores de Heroes van facer unha especie de miniserie de 6 capítulos no verán na que en cada capítulo se nos presentará un novo heroe.Ó final de dita miniserie,os espectadores decidirán,a traves de internet(supoño),cal é o que queren que sexa inlcuído na segunda temporada.Paréceme boa idea eso de preguntarlle á xente que é o que quere*.A miniserie chamarase Heroes:Origins,e ten toda a pinta de estar bastante ben,sempre e cando vaian manter o formato ó que nos teñen acostumados.

*Cada vez que penso na interación entre a TV e os espectadores vénseme á cabeza o TELETREBOL,lembrádelo?

Lost 3x21 - Greatest Hits


Xa está o capi.A ver como nos deixan esta semana.Pinta bastante ben.Defeito este é o peultimo capítulo antes da tan esperada Season Finale.Así que,a disfrutalo,...porque,que mellor día para disfrutar de Lost que un festivo no que podes velo da maneira máis relaxada?


Lost 3x21 Greatest Hits Link: Megaupload Megaupload Subtítulos


E para os que nos ralla esperar ós 350Mb,aquí quedan uns links de 100Mb.Sorprendeume moito a boa calidade que tén para estar reducido á menos dun tercio da calidade habitual.


*Lost 3x21 Uploadarmy load


*Os subtítulos valen para ambas versións.

martes, 15 de mayo de 2007

Hystory Boys V.O. S.


A última vez que estiven en Londres,paseando por Leicester Square,quedeime cos títulos que se anunciaban nos paneis dos cines e teatros de dita praza(gran praza,si señor).Un dos títulos era Children of Men,que xa me chamara a atención,anque hai que dicir que ata que a recomendou David Husqvarna no programa a Hora Amiga tampouco lle puxen o interese que o filme se merece.Outra foi esta película,**History Boys,que ademáis de ser anunciada nos cines tamén era ofertada na súa versión teatral.


Aquí vos deixo os links para quen esté interesado en descargala peli.Son dous cd's,anque hoxe coa inminente desaparición do cd,dá igual xa que o meteremos nunha pendrive ou nun DVD,non si?

History Boys Cd1: link 1 2 3 4 5 6 7 8
Cd2:link 1 2 3 4 5 6 7
Subtítulos
**Fiz e Rebe,lembrades que History Boys era a resposta a non sei que pregunta que se nos fixo na Quiz do The Porter .Ata creo que teño unha foto.

Heroes 1x22


Recién saído do forno...o capi desta semana de Heroes.Os subtítulos valen para calquera das duas versións(a longa e a curta).


Heroes 1x22 Subtítulos

*E para os máis ansiosos de ver o capi ,aquí vos colgo un link no que poderedes descargar o capi cun tamaño de 100Mb,o que se traduce en menos tempo de espera na descarga.

Heroes 1x22 (100Mb)

lunes, 14 de mayo de 2007

Descarga Directa de Piratas del Caribe II,El Cofre del Hombre Muerto


Aquí tes os links da peli.Son de Rapidshare.

Piratas del Caribe II :
Link 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15



Supoño que xa saberás como é o rollo de descomprimilos arquivos.Abres o 1º con WINRAR e descomprímelo.

viernes, 11 de mayo de 2007

Jericho 1x22


Se non me equivoco,este é o ultimo episodio da temporada.Polo tanto,xa sabedes que podedes descargar a temporada enteira neste blog.Xa se sabe,é época de Season Finales(sigo sin poder sacar da cabeza esa season finale de lost..
O dito ,aquí vos queda o capi e os subtítulos.


Jericho 1x22 Megaupload Gigeshare Up-file Subtítulos

jueves, 10 de mayo de 2007

Lost 3x20 The Man Behind the Curtain


Aquí vos colgo,un pouco tarde,o capi de onte de lost.Nin hai foto nin nada que faga esta entrada máis "bonita" porque non estou no meu pc habitual.


Lost 3x20 The Man behind the curtain subtitulos



Disfruten vostedes....

martes, 8 de mayo de 2007

Heroes 1x21


Semana nova ,capis novos...Pois eso,que o estrear semana trae consigo novos capítulos das nosas series...Como cada martes tócalle ó producto de Tim Kring ,Heroes.Hoxe o capítulo 21.

Heroes 1x21 Megaupload Megarotic Subtítulos

viernes, 4 de mayo de 2007

Jericho 1x21


Xa se achega o final de temporada en moitas das series que seguimos.Ademáis de Lost,Heroes e Prison Break(ésta xa acabou a temporada),lembrade que tamén anda por aí Jericho,que polo visto pasa bastante desapercibida...e a verdade non sei porque.Bueno,o dito,aquí vos deixo o capítulo.

Jericho 1x21 Subtítulos

jueves, 3 de mayo de 2007

OFF TOPIC do mes

Despois da denuncia simbólica que se fixo dende este blog á conducción máis que temeraria,este mes dedico o Off Topic ó aumento da comunidade canina no meu entorno.Primeiro foi Lapo(lapiño) alá polo verán de 2006 coa sua "casta" de PP(Pastor Palleiro) que nos permitiu ver as dotes de pedagogo de Tuta(sempre baixo a supervisión de Mónica).

De todos é sabido que a pesar do esforzo e da insistencia por parte do dono o Lapiño segue sen controlar de todo esa euforia que nos trasmite a través dos míticas "rufadas"(existe esta palabra?).
Despois ,pouco despois realmente,apareceu Chao(pero como agora está en Madrid chamarémoslle "suelo"-chiste malo malo) dende Limiñón.Un fillo do mítico Selmo(sentimentos contradictorios surxen no meu interior cada vez que lembro as andainas deste can) que agora está retirado do ritmo de vida frenético que levaba fai tempo**sintoo,non teño fotos nin de Selmo nin de Chao**.
Uns meses despois(o mes pasado) apareceu en escena MUSA,a miña cadeliña de raza "palleiro pequeño e negriño" que a verdade é un solete.Por agora debido á sua temprana idade non para de cagar,mexar e morder(pobriña ela) pero é bastante espabilada e ,dentro do que cabe,obediente.
Por último apareceu Bulma,a cadela de Grandu.Despois dun proceso de selección mediante o Brainstorm,por decisión de grandu(anque a idea foi miña...) quedoulle Bulma.Ésta é un cruce de dous medios Beagle(teño entendido) e ,a verdade,é unha chulada de bicho.
Feitos,non? Pois aquí tedes fotos dos tres crápulas o fin de semana pasado no embalse de Porto de Mouros xogando e coñecéndose.

PD:Sei que José e Irene acaban de adquirir un cachorriño de can labrador moi feito(en plan Scotex ou Colhogar).Pero como non teño fotos dél,paso de facer o mítico Copy & Paste.

¡¡¡Xa sabedes José e Irene!

Lost 3x19 - The Brig


Aquí está o capi de onte.Tede por seguro que cando remate ides quedar tanto ou máis jodidos do que quedastendes co anterior.Xa sabedes que os subtítulos estarán colgados tan pronto aparezan.
Deixovos varios links:

Lost 3x19 - The Brig Megaupload Megarotic Megashares Megashares 2 Subtítulos(pronto)

Bueno,pois a disfrutalo como o penso disfrutar eu hoxe pola noite(se dou aguantado tanto)

martes, 1 de mayo de 2007

Heroes 1x20


Aquí vos queda o capítulo de heroes desta semana.Disfrutádeo porque ,senón me equivoco quedanlle 3 capítulos.Sí a min tamen me parece raro que fagan 23 capis ...pero é o que teño entendido.


Heroes 1x20 (1) Subtítulos
Heroes 1x20 (2)