domingo, 4 de marzo de 2007

MUSE_Black Holes and Revelations(2006)


Case me parece unha obriga comezar a miña andaina por esto dos blogs cunha recomendación dun disco que para min está a un nivel envexable,tanto a nivel de producción como a nivel de composición,por non falar da performance que o grupo fai na xira déste.Inconfundiblemente ,estou a falar de MUSE.Unha banda británica procedente de Teighnmouth(Devon),un pobo costeiro do sur de Inglaterra.A pesar dos seus inicios nos que eran "acusados" de seguir a estela de Radiohead (máis que nada porque tiveron o mesmo productor que a banda de Thom Yorke,John Leckie)a causa do primeiro disco,Showbiz(1999) , moi pronto demostraron que había algo máis detras de todas esas críticas.Co segundo album,Origin of Symmetry(2001),aparece o selo de identidade no que se consolidan temas como New Born(no que levan ó pe da letra eso da simetría-musical ,neste caso),Bliss,ou a grande Citizen Erased(para moitos o tema máis representativo da banda).Evidentemente non se poden esquecer temas como Plug in Baby,ou unha das máis operísticas Microcuts.Despois de publicar un disco en directo acompañado doutro disco con B-sides,o mítico Hullabaloo Soundtrack(2002), apareceron co aclamadísimo Absolution(2003) ,no que ademáis de convertirse nunha banda de referencia,comezan a dar ás á sua constante fixación con todo o referente a teorías conspirativas de governos máis cercanos do que nos parece.Logo de facer unha xira de máis de dous anos ,sorprendéronnos no 2006 con Black Holes and Revelations.Unha volta de torca máis ó seu son,xa que xunto coa inclusión de sons da Europa do sur e de América central,volveron a mostrar a súa capacidade de ser versátiles á hora de compoñer.Temas como Starlight,Invincible,Assasin,ou Map of the Problematique , seguro que non serán esquecidos tan facilmente.

Podedes escoitar o disco no myspace da banda e toda a información a cerca deles.

Aquí tedes un video de MUSE na grabación de varios temas do seu último disco nos míticos Abbey Road Studios para unha especie de programa no que participaron moitas bandas como "THE KILLERS","RHCP","PAUL SIMON","THE GOOD,THE BAD AND THE QUEEN","MASSIVE ATTACK","KASABIAN" ou "IRON MAIDEN" .Neste caso é o tema Starlight.

No hay comentarios: