viernes, 8 de agosto de 2008

Ian e Pacífico no 600

Case coma unha obriga xa que non é a tónica habitual deste blog , anque con gusto , fago publicidade do concerto que hoxe se fai na sala 600 de Melide , da banda luguesa Ian que presentan nova formación.Máis que nova formación,o que nos presentan e o engadido que ten este proxecto de Juan , o frontman da banda.Banda de pop con influencias(definida así por un dos-novos- integrantes) .
A pesar de non ser excesivamente coñecidos (agora empezan a despegar) a banda propón unha mestura de pop rock ,agora con aires de Big Band , no que se poden disfrutar das composicións deste mestre de música de primaria.

Como dato sobre Ian,hai que dicir que teñen unha estreita relación co entorno de The Ellas , e que tanto nas festas do San Froilán
Á outra banda,Pacífico, non a coñezo , pero polas influencias que sei que teñen poden ser un tanto interesantes.

Xa sabedes,se podedes asistir e se ledes este post antes da hora do evento , acudide porque de seguro estamos ante u dos grupos que nun prazo non moi longo dará que falar.