martes, 13 de noviembre de 2007

The H.a.a.r.p. Tour :Live From Wembley


Toca facer caixa,eso é evidente,pero polo menos faise cun pouco de calidade que nestes tempos xa é máis que plausible.Estoume referindo a MUSE e á publuicación do DVD/CD dos concertos que a banda de Teignmouth,Devon(England)déron no novo Estadio de Wembley o pasado mes de Xuño.Ademáis de colgar o cartel de "sold out" e crear unha chea de expectativas sobre como ía ser o evento, volveron a marcar de novo unha diferencia que cada vez é máis evidente.

O nome de dito DVD/CD, The H.a.a.r.p. Tour fai referencia ó proxecto H.a.a.r.p.,que é un proxecto que levan a cabo as forzas aéreas dos USA utilizando unha especie de antenas que emiten ondas a ionosfera e que teñen por obxectivo ... Realmente non se sabe cales son os fins de dito proxecto,fálase de arma xeofísica,control do clima,control mental,... Se tedes un certo interese por esto pinchade aquí*.
Se léstedes o link xa podedes ver que está moi relacionado coa temática das teorías da conspiración que está omnipresente nas líricas de MUSE.

Volvendo ó DVD,está prevista a súa saída no mes de Decembro(aínda non hai data confirmada).Éste conterá un documental sobre os concertos de Wembley e un deles case íntegro,no que poderemos ver o despregue de medios que houbo tendo como resultado unha noite inolvidable para os asistentes.Tamén se dí que traerá como contido extra actuacións pertencentes á mini-xira por grandes recintos(Parc des Princes en Francia , Madison Square Garden USA,...)anque podería traer tamén,e esto é o que eu penso,parte das actuacións no festival que se celebra en Australia chamado Big Day Out e que recorre as suas cidades mais importantes ,no que este ano foron os cabezas indiscutibles do cartel.Digo esto porque despois de que alguén colgara no Youtube as imaxes que se emitían polas pantallas(probablemente alguén que tiña acceso á gravación de video durante o festival),inmediatamente foron borradas por temas do copyright,cousa que non soe suceder con outras de outros concertos.
O caso é que vai ser editado en tres formatos diferentes CD/DVD (edición tradicional),DVD , CD/DVD (Edición especial con postais e nunha caixa de luxo).Eu posiblemente pique no CD/DVD.
Esta banda ,xa dende o segundo álbum ("Origin of Symmetry",2001),tivo a costume (que mal sona esto) de sacar un DVD en directo da súa correspondente xira.No caso do "Origin..." sacaron o "Hullabaloo" que foi un concerto gravado na sala "Le Zenith" en Paris no 2001 , no que amosan a forza que tiñan xa daquela en directo.
Co seu terceiro álbum de estudio ("Absolution",2003),ascendeu a súa popularidade ,xa non só polo gran disco que fixeran , senón porque aínda confirmaron máis a súa impresionante contundencia e forza nos concertos.Nesta xira foi onde os vín por primeira vez(Donosti,Velódromo de Anoeta 20/03/04) e confirmoo.Desta xira editaron o DVD do concerto que déran en Glastonbury Festival 2004("Absolution Tour",2005) onde subiron o chanzo que os coronou como unha das mellores bandas de rock en directo do momento.Tan só lle poño unha pega a este DVD,xa que as imaxes son as que BBC3 emitiu durante o festival e ,dende o meu punto de vista utilizan demasiado os planos cortos e apenas se ven planos xerais onde se vé a banda ó completo tocando de cerca.Aínda así é altamente recomendable.
Agora,despois dunha longa xira sen descansos por todo o mundo amosándonos o seu traballo "Black Holes and Revelations"(2006) ,volven a ofertarnos unha xoia(perdón pola miña máis que evidente subxectividade) que vai mostrar como é ese tour que tan boa crítica está a colleitar.

Como adianto do DVD aí vos vai un video, cunha calidade bastante boa para ser gravado polo público,do tema "Blackout" de Absolution , coa coreografía de duas bailarinas colgadas de globos ó ritmo da canción.

3 comentarios:

Jero Piñeiro dijo...

Coido que eu picarei coa edición deluxe, porque no caso de Muse son un rato fetichista. Eu vinos por primeira vez no concerto que deron fai un ano en Madrid e só votei en falta 15 minutos máis de espectáculo. Polo demáis, foi sinxelamente superior...

Disque o próximo album será máis electrónico (supoño que seguindo o camiño insinuado por "Map of the problematique"). A ver se manteñen o nivel, porque os catro discos de estudio precedentes parécenme case perfectos (eu tampouco son moi obxectivo cos nachos estes...)

citizenerased dijo...

A min non me entusiasma moito a idea de tirar polo eido electrónico,anque "map of the..." deixa moi bo sabor de boca.
O da edición do DVD vai ir en función do que vaia.Comentase que non vai ser superior a 25€(que xa non é pouco)
Gran concerto o do palacio dos deportes...
Agora tócalle pasarse por españa a Radiohead.

Anónimo dijo...

Создание сайта будь то сайт – визитка, корпоративный сайт, [url=https://webprospekt24.ru/prodvizhenie-sajtov-chita]продвижение компании[/url], интернет магазин или мощный портал проходит в несколько этапов.
Уникальный контент - залог успеха продвижениея