sábado, 24 de noviembre de 2007

OffTopic do mes:..."We have to go Back"





Facendo miñas as palabras de Jack Shephard na última escena do final da 3ª temporada de LOST recordo o que comentamos correndo por Schiphol Airport,tiñamos que voltar.
O ideal sería que comezara polo principio.Primeiro de todo,hai que dicir que en principio este post ía tratar a cerca de Bowie(na seguinte entrada) , e youtubeando un pouco dín cun tema que ,ademáis de encantarme, traeme moitas lembranzas.Estou a falar de "Amsterdam" , que apareceu en diferentes edicións de varios discos(Pin Ups,30th Anniversary Ziggy Stardust,Live at the Beeb,...).O tema contanos a historia dun mariñeiro no port de Amsterdam no que nos reflexa como é a cidade chea de alcol , mulleres , decandecia , ...
Coa escoita deste temazo ,véuseme á cabeza a viaxe que fai un pouco máis de 2 anos fixemos á capital holandesa Xaquín,Txemita e máis eu.
Alá por mediados de Setembro de 2005 partimos dende Avilés ,onde pasamos parte da mañá, cara Londres onde fixemos escala para voar a Amsterdam.Entre as horas (poucas,a verdade) que había entre voos e a duración dos mesmos pasamos o día movéndonos(tendo en conta que fomos ata Avilés en coche).
Xa, en Amsterdam e de noite,collimos un taxi dende Damrak Straat cara Zaandam(Zaanstad-ó norte de Amsterdam) que nos levou ó Hotel Formule 1,que para os que eramos(por número ,digo) chegounos de sobra.Hai que dicir que antes de ir para o hotel non esquecimos facer a nosa primeira incursión na noite amsterdamesa.
O primeiro día oficial na cidade foi algo raro xa que non sabiamos moi ben por onde comezar.Entre a cantidade de cousas que podiamos facer e a ansia por facelas adicámonos a deambular pola cidade sen rumbo fixo vendo todo e non vendo nada.
Unha vez inmersos no día a día ,e na noite a noite, da cidade decidimos facer realidade algúns dos plans que tiñamos previsto.Plans como alugar unha bicicleta e disfrutar da completísima e segura rede de carrís-bici ,que nos últimos anos converteuse nun dos reclamos turísticos máis importantes,xa que permite ó viaxeiro unha maior libertade á hora de moverse polas rúas prescindindo do trasporte público,que tamén é outra opción máis que válida.Hai que dicir que o día que alugamos as bicis déu para facer visitas que estaban un pouco a desmán anque planificadas,ademáis de moitas anécdotas que quedarán na nosa memoria.
O último día de estancia no Formule 1 decidimos facer unha visita ó nucleo urbán no que estabamos aloxados.Zaandam é un pobo a uns poucos kilómetros da capital.Hai que dicir que nos cadrou moi ben xa que bastante preto deste pobo está Zaanse Schans ,que é un recinto no que se pode ver a arquitectura,agricultura e gandeiría máis tradicional de Holanda.

O cambio de estancia no que pasamos do "Formule 1" ó "The Flying Pig",foi crucial á hora de afrontar os días.Primeiro,porque non tiñamos que coller ningún bus para ir durmir,e segundo,porque os ratos de ocio típico da cidade levados a cabo dentro do hostel non eran motivo de expulsión por parte dos xerentes do "Flying",cousa que favorece e fai máis agradable a estancia alí.
Como en toda viaxe,houbo moitas das cousas planificadas que non se levaron a cabo,xa sexa por falta de tempo ou porque nese momento non o pide o corpo.Eso pasounos coa visita ó Museo de Rembrandt,ou á Casa-Museo de Anne Frank(unha pena este último) no que pola non proximidade do mesmo ,e pola enorme cola que tiña á entrada respectivamente,decidimos non visitar.

Nos últimos días,decidimos coñecer,anque só fose por vela a grandes rasgos,outra cidade das máis emblemáticas de
Holanda.Rotterdam foi o destino elexido por diversos motivos.Un deles era que como a cidade foi reconstruída despois dos bombardeos sufridos no 1940 tiñamos claro que iamos ver edificacións bastante modernas,anque o que máis nos chamaba a atención era ver o porto , considerado o máis grande do mundo.
Ademáis,fixemos ,gracias á inestimable atención do punto de Información Turística onde dependendo do que queriamos ver dábannos indicacións para facer a visita un pouco máis personalizada,diferentes visitas cun grao de interese bastante alto.Como exemplo desto a rutiña que decidimos facer tiña como parada obrigatoria a rúa "Witte de Withstraat" que estaba plagada de tendas de discos onde, por certo , adquirín dous dos meus pilares musicais nos últimos anos,o "OK Computer" de Radiohead e o "Origin of Symmetry" de Muse.
Como curiosidade desta cidade teño que dicir que a cantidade de coffeeshops era infinitamente inferior á de Amsterdam.Cando un se ve nesa cidade rapidamente dáse conta de que non toda Holanda é como Amsterdam,alomenos no que se relaciona ó ocio(con todas as súas acepcións).
Chegado o último fin de semana na cidade decidimos disfrutalo sen ningún tipo de presa paseando polas rúas,pasando ratos mortos na Praza Dam,ou facendo "shopping" por mercadillos ó longo da cidade.Mercadillos,como o "Flea Market" ou o mercado das flores onde adquirimos bastantes exemplares da flor máis típica do país,o tulipán.Anque gran parte do desfrute da fin de semana foi a propia estancia no "Flying",porque ademáis de ter unha situación privilexiada dentro da zona Centruum,ten unha morea de servicios adicionais ó propio servicio de aloxamento que fan da estancia unha experiencia de por sí(non me pagan nada por facerlles publicidade,simplemente é que quedei maravillado).Evidentemente,tamén ten a súa parte negativa,xa que se sodes dos que calquera ruído ou o mero feito de compartir a habitación con xente descoñecida vos molesta , alí ídelo pasar mal,xa que ademáis os xoves no pub/bar/chill out/ciber do propio hostel facíase unha especie de festa ata as 5 da mañá...así que imaxinade...
Despois de toda a info que vos estou a dár,é inevitable que vos fale do que máis turistas atrae ó cabo do ano.Falo dos archicoñecidos Coffeeshops,onde poderedes catar diferentes substancias derivadas do Cannabis,como o hachís ou a marihuana con diferentes calidades e procedencias.Todo esto regulado polo goberno e distribuído por estes locais onde ademáis de vender,pódese consumir.Claro está que é un negocio máis.Mostra disto é a cantidade enorme de "cofis" que se ven ó longo da capital.Tanto é así que ata hai cadeas de coffeshops,como unha das máis míticas,o Bulldog,que só na zona do Red Light District(o Barrio Roxo) teñen tres,sendo o "The First Bulldog" o primeiro,e un dos locales máis famosos da cidade.Hainos de tódalas temáticas,anque unha vez alí rómpese o mito que relaciona coffeeshop con "rollito Reggae" , xa que nin abundaban tanto,nin os que había eran unha pasada,máis ben todo o contrario.Así agora de memoria podería recordar varios coffes que me quedaron gravados:Route 66,Blues Brothers,Kadinsky,Bulldog,...
Algo que nos gustou bastante,sen ser uns amantes do turismo cultural (alomenos eu prefiro o turismo urbano), foi a visita ó Museum Plein,que é unha especie de praza enorme con unha esplanada de céspede,onde están situados os dous museos máis impotantes do país.O Van Gogh Museum e o Rijksmuseum.O primeiro é o museo onde está a obra de Vincent Van Gogh,tanto cadros e debuxos como as cartas que lle enviaba ó seu irmán.O segundo é un edificio recén reconstruído(parte da reconstrucción coindidiu coa nosa estancia alí) no que se gardan obras de todo tipo relacionadas coa historia de Holanda.
Seguro que vos podería falar de máis cousas que se poden facer en Amsterdam,pero...¿qué vos quedaría a vós?
Pois eso,que Holanda,e máis concretamente Amsterdam,é un lugar maravilloso para visitar entre outras cousas porque o ambiente xuvenil que se "respira" é impresionante e recoméndolle a todo o mundo que lle guste viaxar que se pase uns días por alí.
Como nexo entre esta entrada e a que vai ser a seguinte,aquí vos deixo un video creado por un usuario de Youtube no que se ven imaxes de Amsterdam coa banda sonora do camaleón.

6 comentarios:

FIZ dijo...

Pois sí que hai que voltar...SÍ..

Iso de que hai que rachar co mito que relaciona coffeeshop con "rollito Reggae....
Sempre co permiso do Gran "cofi" RASTA BABY, un dos que sempre repetín e voltarei a repetir..

PORQUE EU EI REPETIR....
Que xa mo pide o corpo..
Gran resumo Josi...
Que recordos...
Ata o XOVES
SALUD

Anónimo dijo...

JOSIÑOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO¡¡¡¡ GRACIÑASSSSSSSSSSSSSS¡¡¡
O DIA 15 MARCHAMOS EMI E EU PA AMSTERDAM , E MIRA QUE BEN QUE ME FIXECHES UN BO RESUMO ADEMAIS DE AUMENTARME AS GANAS DE CHEGARMOS ALÁ .
BUENO XA CHE CONTAREI A MIÑA " experience " , e aver como nos vai .SE TEÑO QUE SABER ALGO MAIS IMPORTANTE OU ALGO QUE TEÑA QUE VISITAR -- OBRIGADA-- DIMO PLEASE¡¡¡.
APERTAZAS EVA

FIZ dijo...

Que susto Eva...Por un momento Lin que ivas con AMI..
Foíseme a peonza..

Pasádeo ben..e pasádevos ben.

Ahh....E portádevos ben.

Un bico

Anónimo dijo...

non fiz non , pero tamen poderia ir con ami sen problemo supoño¡¡ falando ca yariña antes , pasaremos de todo... bikos

citizenerased dijo...

O que necesites saber que vos poida axudar,aquí estou...coidarse

FIZ dijo...

Por certo EVA...

IDE O RASTA BABY....

XDDD

Bicos .Boa viaxe