viernes, 18 de abril de 2008

Music can make you FLY , Salvemos FlyMusic



Con esta frase tan acertada,a canle de tv de música independiente FlyMusic fai as súas cuñas entre programas e entre vídeos.Gran frase,sí señor.O caso é que por enésima vez as garras máis feroces do mundo empresarial televisivo volven a atacar sen ter en conta ó usuario final,e por conseguinte, á sua razón de ser e existir,o espectador.Realmente non se sabe se é porqué van poñer unha canle de Disney,ou Intereconomía,ou a tvtenda,o caso é que están limitando as horas de emisión de FlyMusic e están deixando sen boa música a tv , e deixando como único referente musical na tv gratuíta a merda de 40 Latino,que cheira por tódolos lados.
Agora,alomenos os que vedes esta canle sabédelo, están metendo horas dunha tvtenda chungísima que se fai chamar EHS.
Vendo o que está a pasar creouse unha plataforma de apoio á canle chamada Salvemos FlyMusic no que se deixa constancia do malestar que temos os espectadores a cerca desta inxustiza para a música independiente.
Tamén se podén facer peticións online para parar,ou polo menos intentalo, esta putada ,ou enviar un correo ós donos da canle ,Vocento( prensa@vocento.es ) , para ,de maneira masiva , dár a entender o noso desacordo ante a desaparición da mellor canle que ten o TDT.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Temo que non hai nada que facer, e en breve a Disney vai tomar o control de Fly Music.
Nos últimos meses Vocento está a pasalo mal economicamente (o das teletendas foi un intento desesperado para non perder moitos máis cartos), e tivo que aceptar a entrada de novos socios para manter as súas canles de televisión, de xeito que Net TV e Fly Music pasan ao control de Intereconomía e Disney respectivamente. O máis normal é que Fly Music se converta nunha canle infantil e xuvenil, que sirva para que Mickey Mouse poida achegarse a todos eses cativos que non teñen televisión de pago, ou sexa, que replicarían a fórmula do Club Disney que emitían en aberto.

citizenerased dijo...

Xa , anque comentaban por foros que segundo unha adxudicación de canles había a posibilidade de manter a canle.Realmente se sé quixera manter faríase.Poñendo un bloque de publicidade que "solucionara" a questión económica xa estaba.

E eu que sempre pensei que FlyMusic era de Telecinco...por aquelo de que cando agrupas as canles,alomenos no meu TDT,aparecía no grupo de telecinco sport,FDF,Telecinco,...