
Con motivo do proximo festival ó que vou asistir a finais do mes de Maio,o "Electric Festival" en Xetafe(Madrid) , e máis concretamente do concerto da banda de L.A. ,Rage Against the Machine ,decidín falarvos do proxecto acústico do seu guitarrista Tom Morello.
Primeiro de todo teño que dicir que Tom Morello é un personaxe fundamental da historia recente do rock internacional non solo por pertencer a unha banda de referencia como son R.A.T.M.,senón porque o seu estilo como guitarrista rachou cos convencionalismos da época á que pertence.
Evidentemente,a súa andaina non comeza con RATM,senón moito antes.Anque ,comecemos pola principio.
Fillo dun membro da guerrilla MAU MAU de Kenia e dunha mestra estadounidense que traballaba na base militar yankee dese país,Tom Morello(1964) criouse en Livertyville(Illinois) coa única presencia da súa nai despois do divorcio dos seus pais.Na súa infancia viviu episodios de racismo que configuraron a súa vision combativa da vida,na que se non pelexabas polos teus dereitos pisábante.

Despois da universidade trasládase a L.A. forma parte dun grupo chamado Lock Up,onde chegan a firmar un contrato con Geffen(discográfica na que tamén estaban Guns'n'Roses) gravando "Something Bitchin' This way" e

Trala ruptura de Lock Up,Morello deixa a música por un par de anos onde traballa como secretario do senador demócrata por California Alan Cranston.Anque acaba deixandoo,despois de discrepancias coa política supostamente de esquerdas do senador e de todo o seu equipo.
Despois deso coñece a Zack de la Rocha, e nace Rage Against the Machine,nome que Zack saca dunha cancion do seu grupo anterior Inside Out.

Unha vez reclutados a Tim Commennford(Baixo) e Brad Wilk(Batería) a banda publica Rage Against the Machine(1992) con Killing in the name como tema bandeira da banda,Evil Empire(1996),The Battle of Los Angeles(1999) e Renegades(2000) . Este último moitos non o consideran un disco de RATM ó uso , xa que consiste en cancións de outros grupos coa música deles.Hai que destacar que só se respeta das orixinais a letra xa que a música foi totalmente reinventada por eles.Como exemplo está unha das máis sorprendentes ,Maggie's Farm de Bob Dylan , que na versión rap-metalera cambia absolutamente.
Despois de Renegades,Zack decide abandoar a banda debido a que xa non atopada sentido á "loita".
Anque RATM xa eran historia,Morello e o resto da banda deciden iniciar un proxecto co cantante de Soundgarden,Chris Cornell , chamado Audioslave .

Abandoando o rap-metal do que foron creadores na década dos 90's , os músicos de RATM cambian o estilo(non moito) a un metal un pouco máis destilado (supoño que aí esta a influencia de Cornell) .

Supoño que por desavenencias co vocalista a banda sepárase , e é cando Morello decide levar a cabo o seu proxecto acústico,tamén con carácter combativo.Soa moito a folk americano . Sorprendeume a voz tan grave que ten,ata se pode dicir que lle queda ben para ese estilo.Hai veces que lembra a Tom Waits.
Agora está de xira outra vez con RATM despois de xuntarse para o festival de Coachella do 2007 onde congregaro o máximo que se xuntou nese festival en toda a súa historia.
Se todo vai ben tocarán en Xetafe o 30 de Maio,e eu e os meus amigos estaremos disfrutando de música da nosa xeneración.
A segunda parte desta entrada constará dunha crónica do concerto.
Como mostra aquí vos deixo o enlace que hai pola rede para baixarse o disco
The Nightwatchman - One Man Revolution (2

Fonte da información sobre RATM:Rockzone
4 comentarios:
escoitei recentemente que Morello foi detido en Los Angeles, logo de improvisar un concerto na rúa como medida para protestar contra a política inmigratoria dos EEUU. Un tipo moi auténtico, tanto política como musicalmente.
Autentiquísimo,de feito é dos poucos que utilizan a sua popularidade para protestar polo que está mal nun país onde é,incluso,perigoso facelo.
JOSINHO ERES UN CRACKKKKKKKKKKKK¡¡¡
SABES POR QUE O DIGO ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡,
APERTAS . EVA .
Ala...xa me acabas de sacar as cores...
Publicar un comentario