críticas de discos,enlaces ás mellores series,fotos,...e máis cousas próximamente
jueves, 10 de abril de 2008
Editors
É posible que xa falara desta banda nalgúnha entrada deste blog , anque non de maneira máis profunda do que o vou a facer agora.
Esta formación de procedencia brit,máis concretamente de Birmingham,tomou forma alá polo 2002.Como outras moitas bandas comezaron con nomes ben diferentes.Dende "Pilot", "The Pride" ou "Snowfield".Con estes nome previos a Editors publicaron cousas sen maior trascendencia.O cambio a Editors deuse cando a banda firma coa discográfica independente Kitchenware Records.
Xa dentro da discográfica indie,e despois de telonear a bandas como The Bravery, lanzaron varios singles de temas que posteriormente formarían parte do seu álbum debut en 2005 "The Back Room" , que con temas como "Munich" ou "Bullets" foron o trampolín perfecto para dárse a coñecer polos escenarios europeos da man de Franz Ferdinand,entre outros.No 2006,logo de pasar por escenarios míticos da BBC como o Top of the Pops (programa da BBC1 que dende 1964 ata 2006 cada semana traía ós grupos que máis vendían en dita semana) ou o do late show americano de Conan O'Brien , a banda liderada por Tom Smith,desplazouse a Irlanda para gravar o seu segundo álbum de estudio,"And End has a Start",que se publicou no 2007.
Como tarxeta de presentación deste disco a banda elixiu o tema "Smokers Outside the Hospital Doors".
Este disco que saíu a primeiros de ano foi o preludio dun ano de grandes eventos para o grupo , xa que proporcionoulles unha xira densa na que xa teñen concertos memorables como o de Glastonbury 2007 , ou o show na sala KOKO de Londres,situada no corazón de Camden Town,ademáis de actuacións en late shows moi emblemáticos da Tv americana.
Os seguintes singles foron "An end has a start","The Racing Rats","Push your head towards the air" e por último "Bones".
Despois de máis dun ano de xira,siguen.De feito o 31 de Marzo deste ano pasaron pola Razzmatazz de Barcelona e o 1 deste mes pola Riviera de Madrid .
Información aparte,a miña crítica é bastante xenerosa,xa que para min está entre os mellores álbumes de 2007.Lémbrame moito a Interpol,tanto polo timbre da voz ,como por certos temas.
CURIOSIDADE:Gústame bastante a versión de Lullaby de The Cure feita por eles.
Aquí vos deixo os enlaces que hai na rede para descargar os dous álbumes da banda de Birmingham:
The Back Room ( 2005)
An End has a Start (2007)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Seguimos coincidiendo en gustos, por lo que veo. Para mí (junto al "Neon Bible" de Arcade Fire), "An end has a start" es el disco del 2007 (y "The racing rats" una de las mejores canciones del pasado año, también).
Por otro lado supongo que ya tendrá usted su copia del "H.A.A.R.P.". Anímese a comentar impresiones (aunque supongo que habrá babeado tanto como un servidor...)
Un saludo!
Por suposto que vai haber comentarios a cerca de H.a.a.r.p.
Se tardo ,é porque creo que estas "críticas" sempre se fan mellor dende unha prudente distancia no tempo.Por aquelo de "as árbores non me deixa ver o bosque"...
En relación ó de Editors,teño que dicir que foi unha grata sorpresa para mín descubrilos.Hai que dicir que xa poucas bandas se atopan hoxe con frontmans carismáticos.
The Editors posúen un grado de intensidade e de lirismo moi superior a meirande parte das bandas británicas contemporáneas; se estes rapaces seguen a medrar moi pronto encherán estadios. Tempo ao tempo.
Un saúdo!
Publicar un comentario